Amosando publicacións coa etiqueta Santander. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Santander. Amosar todas as publicacións

1 de xullo de 2026

A presión comercial é acoso laboral

Mobilización na Coruña

Delegadas e delegados da CIG do sector financeiro estivemos mobilizándonos de novo na , o pasado luns 30, contra o acoso comercial constante e a sobrecarga de traballo ao que nos vemos sometidas as traballadoras e traballadores do sector, alén da perda salarial que estamos a padecer.

Ao tempo, esiximos a readmisión das nosas compañeiras Montse de e Ana do , despedidas inxusta e inxustificadamente. Alá onde haxa unha persoa despedida, a CIG estará na rúa dando resposta.

Seguiremos a denunciar as consecuencias para o persoal duns sistemas de produción por obxectivos salvaxes e inhumanos, que atentan contra a nosa dignidade, a nosa saúde mental e física, e as nosas vidas. E tamén a perda salarial continuada, xa que a pesar de que estamos en épocas de máximos beneficios históricos, non recuperamos a enorme perda anterior e, por riba, agora aínda sufrimos máis perda. E non o imos normalizar.

24 de marzo de 2026

O Banco non recúa na problemática da Semana Grande A Coruña e Vigo

Xa estamos a piques de chegar a unha nova Semana Grande tanto na cidade da como en e o BBVA segue erre que erre, empeñado en non dar marcha atrás.

Como xa sabedes, o ano pasado, o banco, de maneira unilateral, restounos un día de disfrute de horario reducido durante a semana das festas maiores das dúas prazas. Ante esa inxusta interpretación, emanada de non se sabe onde, desde a CIG enviamos escrito a RR.LL manifestando o noso rexeitamento á medida e esixindo que se lle devolvera ao persoal o seu dereito a ter horario reducido durante os 5 días, tal e como viña sucedendo nos últimos 20 anos. Non quixeron solucionalo e vímonos na obriga de interpoñer sendas demandas de modificación substancial das condicións de traballo nos xulgados do social.

25 de outubro de 2024

BBVA, intelixencia artificial e idiomas cooficiais

SEC, CIG, ELA, I-CSC

Neste momento no que o mundo laboral se transforma a pasos axigantados, os sindicatos que subscribimos este comunicado sabemos da intención do BBVA de seguir introducindo a intelixencia artificial en todos os seus procesos, tamén nos referentes á selección de persoal.

Non podemos obviar a realidade á que nos enfrontamos desde que se desmantelou o anterior organigrama e modelo de TyC: nas últimas contratacións, as linguas cooficiais, euskera, galego e catalán, quedaron relegadas a un segundo plano. Esta omisión non é só un erro administrativo, senón unha falta de respecto cara á nosa identidade e ás nosas comunidades. En Euskal Herria, Galiza e Catalunya, isto tivo consecuencias tanxibles: o coñecemento dos nosos idiomas converteuse nun requisito invisible.

A desconexión coa sociedade na que vivimos e operamos é palpable. En localidades onde as nosas linguas son o zume que nutre a comunicación cotián, afástanos da realidade. Pero esta perda de conexión vai máis alá do cultural; tamén repercute no noso negocio. Mentres BBVA se afasta, competidores como , , , , ou cóidano ao detalle e están coméndonos cota de mercado. Realmente queremos seguir o camiño que o xa recorreu e perder a nosa relevancia nos nosos territorios?

11 de xullo de 2024

AEB tira de previsións do Banco de España para xustificar a súa oferta de suba salarial

Non máis recortes

Na última xuntanza AEB afirma que unha suba do 11 % para os tres anos de convenio (202420252026) é moi xenerosa. Para xustificar esa afirmación, saca a relucir as previsións de IPC do Banco de España para os próximos tres anos (3 % para 2024, 2 % para 2025 e 1'8 % para 2026).

Desde a CIG recordámoslle a patronal que as previsións de IPC do Banco de España para o período 20212023 non se cumpriron (3 % para 2021, 3'7 % para 2022, 1'2 % para 2023 e 1'5 % para 2024), superáronse amplamente, e ben que estamos sufrindo todas e todos as consecuencias dunha inflación desbocada nos últimos catro anos. En o foi do 4 %

5 de xullo de 2024

25 de xaneiro de 2023

Dende o pasado abril, 6 manifestacións e 99 concentracións para reclamar a suba salarial

Xornada de loita en Pontevedra.

Para un salario medio (45.000 ) a perda anual (pola non actualización co IPC dos anos 20212022) é de 4.770 . Os atrasos acumulados que non cobraremos son 9.540 euros de media. Unha vez que os bancos asociados á AEB están aboando a «suba adicional 2023», vemos coma en moitos casos está no 2 % (xa que non se actualiza a antigüidade). Por iso a CIG segue reclamando que se soben os prezos, teñen que subir os salarios

8 de novembro de 2022

Mobilizacións en Vigo para demandar a actualización dos salarios

Quinta xornada de mobilizacións, manifestación e concentracións en 16 oficinas bancarias.

A quinta xornada de loita da CIG tivo lugar en con máis motivos que nunca: por unha parte, os bancos presentaron beneficios escandalosos e por outra, foi patente a ruptura da negociación ilegal no observatorio sectorial.

Manifestación en Vigo o pasado 8 de Novembro 2022 pola actualización dos nosos salarios

20 de outubro de 2022

Mobilización da CIG para demandar a actualización dos nosos salarios

Manifestación e concentracións en 16 bancos de .

A CIG continua coas mobilizacións para reclamar a actualización dos salarios do persoal afectado polos Convenios de Banca (AEB) e Aforro (CECA).
En dous anos a perda elévase ao 15 %, cronificándose para o resto da vida laboral pola falta de cláusula de revisión. Ademais agardase que a inflación poda superar o 5 % no 2023 e a perda do superaría o 20 %

Manifestación en Compostela o pasado 20 de Outubro 2022 pola actualización dos nosos salarios

27 de xuño de 2022

Manifestación en Lugo o 23 de xuño e concentracións diante de 20 oficinas

Se queremos revisión salarial, hai que moverse

As delegadas e delegados da CIG–Banca percorremos as rúas de en manifestación concentrándonos diante das sucursais para demandar unha revisión salarial xusta e para protestar contra a presión comercial.

Manifestación en Lugo

Tal e como está acontecendo noutros sectores, as patronais resístense a actualizar os salarios, incrementándose a conflitividade.

19 de maio de 2022

Manifestación por Ourense e concentracións diante das sucursais bancarias

Nova xornada reivindicativa da CIG–Banca

foi o escenario dunha nova xornada de loita pola recuperación salarial e contra a presión comercial e a suba dos obxectivos. Estes días coñeceuse que as altas direccións subíronse os bonus un 29 %, ao tempo que o IPC a nivel galego pechou nun 9,1 %

Manifestación en Ourense

A CIG–Banca saíu á rúa para demandar unha suba salarial digna, rexeitando os recortes dos Convenios estatais.

Manifestación en Ourense

Mentres as altas direccións subíronse a retribución variable un 29 %, e o IPC a nivel galego pechou no 9,1 % o mes pasado, AEB e CECA manteñen a conxelación salarial.

2 de maio de 2022

Manifestación pola Coruña con numerosas concentracións diante das sucursais bancarias

Intensa xornada reivindicativa da CIG–Banca

O pasado 28 de abril, delegadas e delegados da CIG nos comités dos distintos bancos, mobilizáronse para reclamar que se actualicen os salarios, percorrendo durante máis de 3 horas as rúas de , con concentracións en 20 sucursais de distintas entidades que se atopaban no percorrido, rematando na Delegación do Goberno, para protestar contra o Real Decreto da Autoridade de Defensa da Clientela.

Manifestación na Coruña

A CIG–Banca saíu á rúa para demandar unha SUBA SALARIAL DIGNA, rexeitando os recortes dos Convenios Estatais e protestar contra o incremento brutal dos obxectivos e da presión comercial.

Manifestación na Coruña

Os ánimos estaban quentes e as consignas «Se soben os prezos, teñen que subir os salarios» ou «A presión comercial é acoso laboral», resoaron permanentemente polas rúas da Coruña.

Manifestación na Coruña

Concentración diante da Subdelegación do Goberno na Coruña
A manifestación partiu ás 11 da mañá da rúa Juan Flórez, con concentracións nas oficinas do BBVA, Abanca, B. Santander, B. Sabadell, Bankinter e Caixabank, ata os Cantóns, para rematar na Delegación do Goberno, onde se protestou polo Real Decreto de creación da «Autoridade de defensa dos clientes financeiros», que fai Lei o modelo antisocial posto en marcha polas direccións dos bancos. Non regula o dereito da clientela a ser atendida presencialmente, nin pon freo ás abusivas comisións; tampouco regula tempos máximos de espera nas colas; pero ademais de dar corpo de lei á reconversión que afecta aos postos de traballo, pode dar lugar a sancións aos bancarios e bancarias.

29 de xuño de 2021

Manifesto por un Sistema Financeiro ao servizo da cidadanía

O sistema financeiro dun país é un piar fundamental para o seu desenvolvemento económico e social.

Por iso é preciso que o mesmo sexa equilibrado, solvente, e que garanta a prestación de servizos a todos os sectores da sociedade, especialmente aos colectivos máis vulnerables e con máis dificultades de acceso.

O modelo que está impulsando o Estado español, marcadamente oligopolistico, non responde as necesidades colectivas, senón que está ao servizo dos grandes accionistas (en moitos casos, fondos de investimento americanos) das principais entidades do sector, que reclaman rendibilidades de dous dixitos sen reparar nos medios para acadar ese obxectivo. Un fondo de investimento americano, , é o accionista maioritario dos grandes bancos españois ( e BBVA), e con participación moi importante no resto de entidades do sector.

14 de maio de 2021

Unha proposición indecente da Xunta de Galicia: incentivar con subvencións os peches e os despedimentos

En plena conflitividade laboral, motivada polos Expedientes de Despedimentos Colectivos derivados do proceso de reconversión do sector bancario, a presentou un proxecto de Orde para subvencionar con diñeiro público caixeiros automáticos e axentes financeiros, incentivando os peches de oficinas e polo tanto os despedimentos.

O sector de banca está en pleno proceso de reestruturación, o BBVA e teñen proposto ERE’s que afectan directamente a 12.100 persoas; o está aplicando un ERE que contempla o despedimento de 3.672 persoas e a subcontratación de 1.100. E os compañeiros e compañeiras dos bancos afectados están en pleno proceso de mobilizacións para defender os postos de traballo.

Malia este escenario, a Xunta de Galicia ten un proxecto de Orde para incentivar o peche de oficinas e os despedimentos, subvencionando os caixeiros automáticos e a contratación de axentes financeiros nos concellos nos que os bancos pecharon as oficinas. Unha proposta indecente, que xustificará a transferencia de máis recursos públicos para o banco responsable de deixar sen servizos financeiros á poboación.

6 de maio de 2021

ERE «modelo Santander»  
Iníciase o período de consultas, pero o banco non facilita a listaxe de persoas afectadas

EREBBVA · Período de consultas

Non ao ERE no BBVA

Hoxe, 6 de maio, comezou o «período de consultas» previsto no , que terá como prazo máximo 1 mes. Nesta primeira reunión a empresa estaba obrigada a facilitar a documental prevista na lexislación, incluído o listado das persoas afectadas polas extincións propostas.

O banco está asesorado polo despacho Sagardoy, negociador doutros ERE’s no sector (dende que foi contratado a dedo polo Goberno Rajoy, para a agresiva reestruturación das Caixas de Aforros). Sagardoy foi quen redactou a do PP, o BBVA quere ir sobre seguro.

2 de novembro de 2020

Negociación e non imposición

Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB


Concentración en Ourense
A excepcional situación de pandemia por coronavirus está agravando e deteriorando a pasos axigantados as condicións laborais nas empresas adheridas ao convenio de banca (AEB), xa de por si empeoradas polos sucesivos procesos de axustes de persoal que supuxeron unha redución do 25 % no seu conxunto dende o ano 2000 (pasando de 122.861 no ano 2000 a 91.539 persoas a 31/12/2019). Procesos que aínda non remataron; veñen de anunciarse dous novos axustes de persoal, nos Bancos e que poden supoñer a perda de 5.000 postos de traballo.

Concentración en Compostela
O servizo bancario foi considerado servizo esencial desde o inicio da pandemia, e os seus traballadores e traballadoras responderon con responsabilidade e sacrificio, prolongando durante meses a súa xornada laboral (e seguen a facelo), para prestar ese servizo ao conxunto da sociedade, en detrimento da súa vida persoal e da súa saúde en moitos casos, sen que eses excesos de xornada se viran compensados de ningunha forma, tal e como obriga a lei.

3 de agosto de 2020

Unha vez máis, a crise que a paguen as traballadoras

Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB


A patronal bancaria segue inmutable na súa postura e apela á «responsabilidade» das organizacións sindicais con presenza na mesa para que se aveñan aos seus postulados.

O novo argumento para reforzar as súas pretensións de recortes, é a crise económica derivada da pandemia que estamos a sufrir. Cando a CIG, aludindo a esa mesma crise, propón unha compensación económica para todo o persoal do sector que estivo en primeira fila arriscando a súa saúde, a patronal responde que xa recoñeceu publicamente o esforzo e bo traballo feito no sector e non é de recibo a compensación que demandamos.

A AEB deu resposta a nosa plataforma e a do resto de organizacións, rexeitando calquera mellora substancial no que respecta as retribucións e, aínda máis, insistindo no anacronismo dos trienios e a súa supresión, negando a perda de poder adquisitivo derivada dos últimos convenios, e mantendo a cláusula xeral de compensacións e absorcións que pedimos eliminar.

6 de maio de 2019

Os Bancos teñen que rexistrar a xornada laboral efectiva

A partir do vindeiro 12 de maio, as empresas están obrigadas a poñer en marcha un rexistro de xornada, conforme á proposta da CIG que foi aprobada como Real Decreto Lei 8/2019.

Cando foi aprobado o Real Decreto dirixímonos a distintas entidades bancarias (, BBVA e ) instando ás direccións a abrir o proceso de negociación, pero non houbo resposta.

Na reunión de do pasado 2 de abril, a patronal viu coa proposta de que se incluíse a negociación do establecemento dun sistema de rexistro de xornada dentro da propia negociación do convenio.

Enquisa: Ti Traballas, Ti Decides!

12 de marzo de 2019

Vitoria da CIG: O rexistro de xornada é obrigatorio!!!

xornal Avantar

Coa aprobación do RD que establece a obriga de rexistrar a xornada laboral, entra en vigor a iniciativa remitida pola CIG ao Congreso dos e das Deputadas en xuño de 2017.

Culmina así o traballo que iniciamos o 28 de outubro de 2015 coa presentación dun conflito colectivo contra ao que seguirían conflitos contra o BBVA ou o .
Ante as controvertidas sentenzas do Supremo de marzo e abril de 2017, dando a razón aos bancos, non paramos.

29 de xaneiro de 2019

Galiza padece a maior concentración bancaria da UE, pero a Xunta négase a actuar

Debate no Parlamento Galego do 24 de xaneiro

O pasado 24 de xaneiro, a situación do sector financeiro e como nos afecta laboralmente, foi debatida de novo no Parlamento Galego e, unha vez máis, a Xunta de Galicia situouse do lado da patronal bancaria. Non fará un novo estudo sobre a concentración bancaria e non tomarán medidas.
Imaxe dunha das numerosas protestas da CIG contra a destrución de emprego
   Imaxe dunha das numerosas protestas da CIG contra a destrución de emprego.

Cando falamos de fusións bancarias, moitas persoas pensan en prexubilacións, pero o proceso vai máis alá.


19 de outubro de 2018

Uns menten e outros non se decatan 
Acordo Contigo: 

Máis do 60 % poderán traballar polas tardes

Con extrema rapidez, o pasado día 8, na segunda xuntanza da mesa negociadora, asinouse o Acordo colectivo que regula as condicións para BBVA  unha vez que o banco presentou a súa proposta. Non está na liña do asinado por CC.OOUGTACB para xornadas partidas noutras entidades; este é o peor acordo do sector (haberá que preguntarlles porque asinaron outros mellores en entidades como ou ).

Rexeitamos un acordo que permitirá obrigar a traballar polas tardes a máis do 60 % do cadro de persoal, toda vez que o 25 % do que falan non substitúe, senón que se engade aos horarios especiais vixentes. Mágoa non atopar apoio á nosa proposta, na que defendiamos a medición da carga de traballo para que poida ser cumprida dentro da xornada laboral, e non hai sistemas de control. Polo que ese acordo, ao igual que outros, asine quen os asine, xa foi feito para ser incumprido. Supón poder incorporar a Contigo e, polo tanto, pasar de xornada continuada a xornada partida, a máis de 5.000 persoas, superando o límite actual do 5 % do persoal a un 25 % só para ese colectivo.

Onde quedaron as liñas vermellas tan anunciadas polos asinantes de non superar o 10 % do cadro de persoal?
Só iso xa suporía duplicar de súpeto o número de persoas de Contigo con xornada partida. E aceptaron quintuplicalo.
Onde foron as súas elocuentes reivindicacións dos 3 meses de xornada continuada de «verán», do complemento salarial (incremento bruto de 64,90  /mes non pensionable)…?

Incluso teñen a ousadía de «vender» como melloras aspectos que non o son, e dereitos xa existentes. Na carreira profesional (sen efectos retroactivos, aínda máis inxusto para quen xa está no colectivo) as e os Xestores de Banca Persoal e PAES son forzas de venta especializada con Nivel 8 xa como mínimo, a voluntariedade e o desestimento (incluso empeorándoo, pasando dun prazo de 1 a 3 meses), a axuda alimentar, o horario da Semana de Festa Maior (por convenio colectivo)…

No caso dos e das Xestoras Comerciais consolidarán o Nivel 8 cando leven 4 anos en Contigo (sen retroactividade) e só se teñen xa o Nivel 9. Poderán pasar até 16 anos (4 deles en Contigo) até acadar o Nivel 8.

Mais como o acordo é «moi bo» segundo os asinantes, non temos ningunha dúbida de que as primeiras en solicitar a incorporación ao serán as persoas integrantes da representación sindical e a afiliación deses sindicatos que agora teñen a xornada xeral continuada.