25 de xaneiro de 2023

Dende o pasado abril, 6 manifestacións e 99 concentracións para reclamar a suba salarial

Xornada de loita en Pontevedra.

Para un salario medio (45.000 ) a perda anual (pola non actualización co IPC dos anos 20212022) é de 4.770 . Os atrasos acumulados que non cobraremos son 9.540 euros de media. Unha vez que os bancos asociados á AEB están aboando a «suba adicional 2023», vemos coma en moitos casos está no 2 % (xa que non se actualiza a antigüidade). Por iso a CIG segue reclamando que se soben os prezos, teñen que subir os salarios

Mobilización en Pontevedra o pasado luns 23 de xaneiro (2023)

O 23 de xaneiro retomamos o proceso de mobilizacións cunha manifestación polas rúas de e 16 concentracións en oficinas. E seguiremos mantendo o conflito. Conseguimos que se reabrira a Mesa Negociadora, outros asumiron de novo un recorte salarial, pero o conflito debe continuar. Só temos que mirar a outros sectores onde a pinza Patronal–CC.OOUGT non foi capaz de pechar o conflito, o que levou a subas salariais dignas e xustas.

Insistir que a CIG non asume ningún tipo de recorte nos salarios, nin de 4.770  ao ano, nin de 4.000. Máximo cando en termos económicos a actualización salarial é totalmente asumible: os bancos teñen beneficios históricos e os Directivos dos bancos españois son os mellor pagados de .


Ligazón relacionada:

Xornal Avantar:



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 230124 [.pdf • 616 kB]



Ningún comentario: