Amosando publicacións coa etiqueta convenio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta convenio. Amosar todas as publicacións

23 de setembro de 2026

Sentenza compensación sábados festivos

Unha vez celebrado so xuízo contra a patronal AEB, tal e como xa informamos, a Audiencia estima parcialmente as demandas interpostas por CIG, FeSMC–UGT, CC.OO e CGT fronte á Asociación Española de Banca, recoñecendo ás persoas traballadoras afectadas polo conflito o dereito a compensar cun día de descanso adicional o festivo estatal, local ou de Comunidade Autónoma que coincida con día de descanso semanal en sábado, pero unicamente respecto do período comprendido entre o 1 de abril e o 30 de setembro de cada anualidade.

A compensación deberá realizarse no prazo dos 14 días seguintes, condenándose a recoñecer dita compensación retroactivamente ás persoas traballadoras que se atopasen en dita situación, no período considerado non prescrito.

No caso de CECA acordouse aplicar a sentenza que se ditara no xuízo de AEB, pero o litixio sigue vivo. Hai que subliñar que, no sector de Aforro, cando se pactou librar os sábados non se reduciu a xornada, trasladando esas horas de luns a venres, incluíndo ademais unha tarde os xoves.

Este asunto non remata aquí. Imos presentar recurso no Tribunal Supremo para que sexan recoñecida a compensación de todos os sábados festivos do ano e sen ningún tipo de contrapartida.

17 de xuño de 2026

Compensación de festivos en sábado

Presentados Conflitos Colectivos contra AEB e CECA

Como xa informamos, requirimos as patronais para que recoñezan o dereito do persoal a un día de libranza como compensación por cada festivo que cae en sábado.

Celebráronse senllos actos de conciliación no SIMA en , sen chegar a un acordo, polo que a CIG presentou os respectivos conflitos colectivos na Audiencia Nacional.

A compensación dos festivos, cando cadran en sábado, é algo que ningún dos convenios colectivos do sector financeiro contempla.

Nese senso, a CIG, como non asinantes deses convenios, ten toda a lexitimidade para reclamar a compensación ou a alzar a voz contra o modelo laboral e comercial da banca española. Un modelo laboral e comercial que foi implantado a través dos convenios e de acordos de empresa asinados sempre polos mesmos.

19 de maio de 2026

A presión comercial é acoso laboral

Por unha banca socialmente responsable


O 19 de maio a CIG demos comezo na a unha campaña de mobilizacións, que continuará nos vindeiros meses, para reclamar unha banca socialmente responsábel, que poña as necesidades da clientela por diante dos beneficios escandalosos que amasan quen xestiona as entidades bancarias.

Mobilización na Coruña o pasado martes 19 de maio (2026)

Os traballadores e traballadoras da banca sufrimos un auténtico acoso para colocar produtos financeiros que a clientela non demanda, só para encher máis os petos dos bancos. Con xornadas maratonianas baixo unha falsa flexibilidade: os bancos asignan unha carga de traballo imposible de realizar na xornada legal, e nin pagan, nin cotizan, nin rexistran as horas extra.

8 de maio de 2026

Este banco partirache o corazón

Este banco partirache o corazón!

A SOBRECARGA de TRABALLO, OS OBXECTIVOS de vendas CRECENTES, OS MALOS MODOS ou incluso ás AMEAZAS para que os cumpras, xunto ás ESGOTADORAS XORNADAS LABORAIS e o ESTRÉS son RISCOS PSICOSOCIAIS, que MATAN a 840.000 persoas ao ano (OIT).

As enfermidades cardiovasculares causan o 43 % dos accidentes laborais mortais (INSST).

16 de xaneiro de 2026

Continúa a perda salarial (e a banca con beneficios históricos)

Stop! Perda Salarial

O IPC pechou en 2025 no 2,9 % e a suba dos nosos salarios para este ano non chega nin a cubrir a suba do custo da vida (con este nefasto convenio nin recuperamos a brutal perda de poder adquisitivo anterior nin cortamos a mesma). En 2026 a suba do Salario Base de Nivel será do 2,75 % e a de outros conceptos como as antigüidades (xeral e de técnicas/os) do 2 %. 

As previsións son que neste ano continúen a subir, de xeito significativo, os prezos dos servizos básicos como o a vivenda ou a alimentación (o importe da axuda alimentar para as xornadas partidas, continuará en 11 €, sen suba desde 2023).

10 de setembro de 2025

Horario reducido Semana Grande A Coruña e Vigo

A finais de xullo, o Banco enviou correos con instrucións ás DCBC da cidade da e de relativas ao horario reducido do persoal na Semana Grande das Festas Maiores da cidade.

Neses correos, a empresa indicaba que a Semana Grande nestas localidades pasaría a ser de 4 días de xornada reducida, dende o martes 5 até o venres 8. Basean a súa decisión nun criterio de AEB que interpreta o art. 26.6 do actual presente Convenio Colectivo.

A Semana Grande tanto na cidade da , como na de , vén disfrutándose na primeira semana completa despois do primeiro domingo de agosto, dende sempre.

26 de xuño de 2025

28 de xuño, Fronte a unha Lei e uns acordos que só lavan a cara dás empresas: MOBILÍZATE!

Ante a conmemoración do 28 de xuño, Día do Orgullo LGBTI+, denunciamos a falta de medidas efectivas para avanzar na igualdade, a Lei 4/2023 quedou reducida a simples cláusulas declarativas e á negociación dun protocolo de acoso. O que a súa vez se traduciu en acordos baleiros de contidos a nivel sectorial asinados coa AEB.

A lei non contemplaba a obriga de realizar diagnósticos, enquisas de clima laboral ou outras ferramentas que permitisen identificar as problemáticas reais ás que se enfronta o persoal LGBTI+ en cada centro de traballo. Tampouco se avaliaba a capacidade real da organización para acoller con garantías a persoas deste colectivo. As nosas propostas nesa vía, foron rexeitadas pola AEB que acadou un acordo que é un lavado de cara sen garantir a igualdade.

A loita continúa e chamamos a participar nas mobilizacións convocadas para o vindeiro sábado por diversos colectivos en (AVANTE LGBT+, Alas, Nós Mesmas, Arelas, Orgulho Ourense…):

Horas e lugares das mobilizacións

2 de maio de 2025

Incorporación ao convenio das medidas planificadas para acadar a Igualdade Real e efectiva das persoas LGTBI

O pasado día 24 de abril, parte da representación legal das persoas traballadoras, concretamente CC.OO, UGT, FIB e FINE, con presenza na mesa de convenio, asinou un acordo para incluír un novo capítulo no convenio (capítulo décimo sexto) que recolle medidas planificadas para acadar a igualdade real e efectiva das persoas LGBTI. Acordo que a CIG NON ASINOU.

Desde a CIG participamos activamente na negociación, iniciada o 8 de xaneiro, aportando unha proposta con medidas que melloraban e ampliaban as recollidas no Real Decreto que establece a obrigatoriedade de negocialas (RD. 1026/2024 de 8 de outubro).

As que recolle acordo asinado, limítanse ao contido de mínimos que establece o Real Decreto, deixando no ámbito da negociación das empresas as posibles medidas que vaian máis alá deste.

Non recollen ningunha das nosas propostas específicas.

28 de xaneiro de 2025

Seguimos perdendo salarios

Grazas á túa mobilización recuperamos algo de salario, pero seguimos perdendo un 9,40 % vía convenio.
No período 2010—2023 o IPC subiu un 27 % e os salarios por Convenio un 16,25 %. 

O certo é que no ano 2024, despois dunha folga de sector convocada pola CIG en Galiza (que non foi secundada polos sindicatos estatais) e dunha folga posterior en todo o Estado (que si foi apoiada pola CIG), ambas con amplo seguimento no noso territorio, os salarios subiron por convenio un 4,25 % e o IPC pechou nun 2,8 %, polo que a recuperación salarial para ese ano foi cativa, dun 1,45 %. 

Neste punto a perda total non recuperada é do 9,4 %.  O último informe da AEAT sobre salarios amosa unha discriminación entre Madrid e a , froito do proceso de centralización/concentración do sector financeiro.

13 de novembro de 2024

A grande oportunidade perdida
En anos de BENEFICIOS RÉCORD, asinan CONVENIO de MÍNIMOS

Coa sinatura do XXV , nos termos establecidos por CC.OO, UGT, FINE e a patronal, as persoas traballadoras dos bancos AEB perdemos unha oportunidade histórica de recuperar os nosos salarios e mellorar significativamente as nosas condicións de traballo.

Nunca na historia da negociación deste convenio os bancos gañaron tanto e as persoas traballadoras recibimos tan pouco polo noso esforzo e compromiso.

Xa o dixemos cando asinaron o preacordo salarial en xullo, as condicións salariais pactadas coa AEB por CC.OO, UGT e FINE, son moi inferiores ao asinado no Convenio de Aforro por estas mesmas organizacións, que non foron quen de defender os seus propios límites, botando a perder o esforzo do persoal que apoiamos decididamente a loita por mellorar as nosas condicións salariais e de traballo.

Os asinantes do convenio non foron quen de escoitar o berro do persoal que, consciente da transcendencia do momento, pedía seguir loitando polos seus dereitos dende a unidade sindical …ou non quixeron escoitar.

26 de xullo de 2024

Asinado preacordo. AEB conseguiuno unha vez máis

Síndrome de Estocolmo: reacción psicolóxica na que a vítima dun secuestro desenvolve unha relación de complicidade e un forte vínculo afectivo co seu secuestrador. Tanto o refén como o secuestrador queren saír ilesos do incidente, por iso cooperan. Os reféns tratan de protexerse nun contexto de situacións que lles resultan incontrolábeis, polo que tratan de cumprir os desexos dos seus secuestradores.

Semella que os sindicatos asinantes do preacordo son vítimas do . De outra forma non se entende que non defenderan firme e decididamente unha mellora salarial acorde cos extraordinarios beneficios do sector nos dous últimos anos e os que se albiscan para este ano e seguintes.

As condicións salariais pactadas coa AEB por CC.OO, UGT e FINE, son inferiores ao asinado no Convenio de Aforro por estas mesmas organizacións, que non foron quen de defender os seus propios límites, botando a perder o esforzo do persoal que apoiou decididamente a loita por mellorar as súas condicións salariais e de traballo.

Comparativa convenios
Temas Preacordo AEB Convenio Aforro
Incremento en táboas  11 % 
2024: 4,25 % 
2025: 4,00 % 
2026: 2,75 % 
 11 % 
2024: 5 % 
2025: 3 % 
2026: 3 % 
Incremento adicional en táboas segundo IPC Máximo do 2 %  Máximo do 3 % 
Pago único adicional 2024 Ningún 1.000 € (non consolidables)
Garantía de cobro para todo o persoal (aplicación da cláusula de compensación e absorción) Garántese un incremento mínimo anual calculado:
2024: 70 % …
2025: 70 % …
2026: 50 % …
…sobre incremento de salario base de nivel
Percíbense a totalidade dos incrementos pactados, sen compensación nin absorción
Trienios de antigüidade Revalorización do 5,99 %  Revalorización do 11 % (igual que incremento en táboas)

A CIG non asinou o preacordo salarial porque:

25 de xuño de 2024

AEB e as súas esmolas

A patronal dirá que dan pasos adiante coas ofertas que vai facendo reunión tras reunión, como nesta ocasión na que presenta unha suba económica dun punto porcentual; poderíase pensar que se facemos vinte reunións máis, igual chegamos ao obxectivo… pero xa sabemos que non vai ser así.

Non só a base de . Nesta altura, esíxense medidas máis contundentes, como as que dende a CIG, levamos propoñendo ao resto de organizacións presentes na mesa de negociación do convenio: camiñar cara unha nova folga! Nas mobilizacións anteriores, o persoal xa demostrou a súa capacidade de resposta ante a agresión dunha patronal sen límites de avaricia, nunhas entidades que, non nos cansaremos de repetilo, conseguiron esmagar os seus récords de beneficios.

11 de xuño de 2024

AEB non quere mover ficha

AEB: «O mellor convenio colectivo é o que se asina… non é o que non se asina»
AEB: «As traballadoras de banca poden considerarse ben pagadas… non hai unha fuga masiva de persoal a outros sectores»
AEB: «O convenio de Banca é un dos mellores convenios sectoriais que existen en España»

Con estas afirmacións, na de hoxe, a patronal fai toda unha declaración de intencións. Coñecedora da súa posición na mesa de negociación, establece límites á mellora das condicións salariais abstraéndose dos avultados beneficios do sector.

30 de maio de 2024

En anos de INXENTES beneficios os bancos seguirán recortando salarios

A patronal mantén no 10 % a súa oferta de suba salarial para un convenio de tres anos (2024, 2025 e 2026); contempla tamén unha revisión salarial ao final da vixencia do convenio referenciada ao IPC, topada no 2 %. 

A CIG manifestou na mesa que para nós segue sendo irrenunciable a recuperación da capacidade adquisitiva perdida nos últimos convenios (nomeadamente no XXIV Convenio, 2019—2023), estando en disposición de acordar unha fórmula que permita esa recuperación de forma progresiva durante a vixencia do próximo.

De igual forma, non contemplamos outro escenario que o de garantir a futuro que os nosos salarios non queden sometidos aos vaivéns da inflación. E para iso temos que fixar un incremento salarial significativo acorde coa situación económica dos bancos.

Insistimos nunha cláusula de revisión salarial referenciada ao IPC que se aplique anualmente, e non ao final da vixencia do convenio como propón a patronal. A súa fórmula afonda no recorte de salarios.

23 de maio de 2024

Delegadas e delegados da CIG nos bancos AEB mobilízanse en demanda dun convenio xusto

A marcha da negociación indica que este non será un convenio no que avancemos en dereitos. De igual forma tampouco permitirá a recuperación do poder adquisitivo perdido nos últimos convenios, e non vai garantir o seu mantemento a futuro. Sobran motivos para seguir na loita por un convenio xusto, por iso a CIG saíu onte á rúa na cidade da Coruña, previo a vindeira xuntanza de convenio do día 28 de maio, con mobilizacións diante das principais entidades bancarias.

21 de maio de 2024

Cando as árbores non deixan ver a fraga

Na xuntanza do día 20, a patronal fixo unha nova proposta salarial que se resume no seguinte:

  • Prazo de vixencia do convenio: tres anos, 2024, 2025 e 2026 (até agora sempre falaron de catro anos).
  • Incremento salarial: 10 % na vixencia do convenio, pendente de determinar a súa distribución anual (a proposta anterior era un 11 % en catro anos).
  • Revisión salarial en función do IPC: ofrecen un 2 % a aplicar cando finalice a vixencia do convenio (isto non variou). É dicir, se durante a vixencia do convenio o IPC supera a suba salarial pactada, á súa finalización (con efectos 1 de xaneiro de 2027) repercutirá esa diferenza en táboas, pero cun máximo do 2 %. Se o IPC sube máis seguiremos perdendo.
  • Garantía salarial (termo aplicado pola patronal): aquelas persoas que cobran un salario por riba do que establece o convenio (materializado en complementos asignados discrecionalmente polas empresas e recollido en acordos individuais), terán garantida unha suba mínima de convenio durante o primeiro ano de vixencia do mesmo. Esa suba será igual a un 50 % da contía que lles corresponda de suba, para ese primeiro ano, sobre conceptos de convenio segundo o seu nivel salarial.

Ante esta proposta, dende a CIG recordamos na mesa que a patronal, e boa parte da representación sindical con presencia nela, xa se esqueceron da perda salarial dos últimos convenios e non contemplan a súa recuperación, nin sequera en parte. Así mesmo, salientamos os datos do IPC do mes de abril (un 3,3 % no Estado español e un 3,7 % en ), co que a proposta salarial da patronal xa é claramente insuficiente de partida.

9 de maio de 2024

AEB, escoita!!!
Queremos recuperar salarios e non seguir perdendo

Na xuntanza de onte, 8 de maio, AEB deixou claro que segue sen querer ver a realidade do sector, como amosa a súa proposta.

Propoñen un convenio a catro anos, cunha suba para o conxunto deses catro anos do 11 % (un 0,50 % máis que na anterior xuntanza), cunha revisión referenciada ao IPC de como máximo o 2 %, para aplicar ao final do .

A CIG volveu a reiterar na mesa que os beneficios dos bancos AEB non nos permiten aceptar ningunha proposta que non garanta recuperar o poder adquisitivo perdido e, ao mesmo tempo, asegure que na vixencia do próximo convenio non perdamos como sucedeu no anterior convenio (2019—2023). A patronal non responde ás demandas de boa parte da mesa sobre a recuperación de salarios, salarios que se perderon cando a banca comezou a recuperar a marchas forzadas os beneficios. Reclamamos o que é de xustiza!

Insistimos en que estamos negociando a suba salarial no ámbito do convenio e non imos aceptar recortes salariais para o conxunto das traballadoras e traballadores do sector, a cambio dunha aplicación parcial da cláusula de compensación e absorción. Non seremos cómplices da desregulación salarial do convenio que pretende a patronal por medio dos pactos individuais.

29 de abril de 2024

Sen mobilización non hai solución.
Paremos para avanzar!

O pasado 25 de abril asistimos a unha nova xuntanza de negociación do convenio na que, un mes despois da última, constatamos, como xa nos temíamos, que a patronal non traería unha proposta razoable a mesa. En definitiva, que seguiría sen asumir a súa obriga de negociar.

Incrementaron un 0,50 % para os 4 anos. Cunha cláusula de revisión salarial referenciada ao IPC dun máximo do 2 % ao final da vixencia do convenio. AEB non quere que recuperemos o poder adquisitivo perdido e tampouco garantir que non sigamos perdendo no próximo convenio.

Seguen pechando os ollos ao descontento das traballadoras e traballadores e á súa firme vontade de loitar polo que é xusto.

Comparativa propostas patronais
Datas 21 marzo 26 abril
2024 3,50 %  3,75 % 
2024 2,75 %  3,00 % 
2024 2,00 %  2,00 % 
2024 1,75 %  1,75 % 

Advertimos que non se poden esquecer os beneficios récord dos 2 últimos anos, e que hai que telo presente en todo momento para non perder perspectiva na negociación. Tampouco se poden obviar as previsións dos analistas e dos propios bancos, que falan de beneficios maiores nos próximos anos; algo que xa se está materializando nos beneficios do 1º trimestre de 2024. Outro elemento fundamental desta negociación é a garantía de que os salarios non queden por baixo do IPC; xa se escoitan voces no propio sector (concretamente a presidenta de Banco Santander), alertando sobre a posibilidade de máis inflación estrutural como consecuencia das tensións xeopolíticas.

25 de marzo de 2024

22 de marzo: seguimento masivo da FOLGA nos Bancos AEB en Galiza

A mobilización no día da folga, o 22 de marzo en Galiza

Unha vez máis as traballadoras e traballadores dos bancos en demos unha lección de dignidade secundando masivamente a xornada de folga en defensa dun convenio xusto, sendo un dos territorios do Estado (xunto con Euskadi e Levante), nos que a foi secundada por máis dun 80 % do persoal.

AEB di agora que a súa vontade é negociar e chegar a un acordo, pero os feitos non se corresponden co manifestado. Establecer unha nova xuntanza da mesa para dentro dun mes (23 de abril) non amosa preocupación por resolver o conflito. Máis ben parece unha estratexia de desgaste para que o paso do tempo inflúa no persoal e este dea por perdida a batalla.

21 de marzo de 2024

A patronal INCUMPRE a súa palabra

Hoxe a patronal AEB presentouse na mesa de convenio cunha nova proposta de mínimos. Falando dunha suba salarial en catro anos do 10 %. E cunha cláusula de garantía salarial referenciada o IPC para aplicar ao final da vixencia do convenio, e topada no 2 %. Sen valorar outras materias de convenio.

Dende a CIG manifestamos na mesa que seguimos mantendo a nosa prioridade de recuperación do poder adquisitivo perdido e mantemento a futuro.

Ante este pulso da patronal, ás portas dunha xornada de folga, ás traballadoras e traballadores de sector non nos queda outra que responder a este envite. Dixémolo desde un principio, a CIG estaremos en todas as mobilizacións que se convoquen para defender os dereitos das traballadoras e traballadores do sector, tamén na do 22 de marzo.