30 de xaneiro de 2023

Volveron facelo e volvemos perder Poder Adquisitivo

O IPC de xaneiro pechou no 5,8 % a nivel estatal, mentres que o salario co acordo de «mellora» dixeron que subía un «4,50 %». Na realidade a suba media foi menor do 3 %. Pero ademais de novo renunciaron á cláusula de revisión.

Dixeron por activa e por pasiva que a perda do 2021 e 2022 non era previsible, coma se conxelar os salarios e que perdéramos poder adquisitivo fora un accidente, cando dende o 2019 a CIG reclamou por activa e por pasiva a inclusión dunha cláusula de revisión, pero asinaron sen ela. Logo botaron a culpa á guerra de Ucraína, cando esta comezou no 2022 e a perda salarial comezou no 2021 (IPC 6,5 %), ano no que asinaron o .

Pero por se fora pouco, volveron facelo, comezamos o 2023 cunha nova perda salarial, xa que o novo acordo tampouco inclúe cláusula de revisión. A inestabilidade nos mercados e o alongamento da guerra de Ucraína, coa conseguinte caída das reservas europeas de gas, fan que se poda prever a continuidade do ciclo inflacionista. Un escenario que fai máis necesaria a cláusula de revisión.

Se en período preelectoral son capaces de seguir asinando acordos salariais á baixa e sen cláusula de revisión, imaxina a que non renunciarán no seguinte que teremos que negociar en 2024.

Para non vivir cada ano peor…
VOTA CIG!




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 230130 [.pdf • 128 kB]



Ningún comentario: