31 de maio de 2019

22 de xuño en Santiago: Manifestación dos traballadores e das traballadoras de banca

O persoal de todas as entidades financeiras estamos chamados a unir as nosas forzas e erguer un berro para dicir que o noso traballo hai que pagalo.

Os bancos continúan sen poñer en marcha o rexistro de xornada, pretenden transmitir que nada cambiou. Queren gañar a batalla cultural, facernos ver que todo seguirá igual. E nos meteron nun proceso no que buscan fórmulas para deixar sen efecto os rexistros de xornada. Non podemos consentilo, é agora ou nunca.

Estamos fartos e fartas de asumir cada vez unha maior carga de traballo froito das reducións de persoal; duns obxectivos crecentes e das agresivas políticas comerciais para forzarnos a conseguilos; de traballar honradamente pero vivir con medo; o que leva a facer horas extraordinarias que os bancos non pagan, non compensan e non cotizan á Seguridade Social.

Hai malos empresarios que fan asinar nóminas e logo pagan menos; os bancos actúan igual non pagándonos as horas extras. Unhas horas que non queremos facer, pero que se se fan, deben ser retribuídas ou compensadas.

Individualmente pode que nos venzan e non se rexistren as horas por medo. Só se actuamos colectivamente conseguiremos un rexistro fiable e unha carga de traballo asumible dentro da xornada laboral e por fin poderemos ter unha vida fóra do banco.



22X Manifestación nacional de traballadores e traballadoras de banca ás 12 h da mañán desde a Alameda

GC




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 190530 [.pdf • 371 kB]


Ningún comentario: