
Os delegados e delegadas da CIG – BBVA mobilizarémonos diante da Dirección Territorial na Coruña para protestar contra os continuos abusos e incumprimentos por parte do BBVA.
- Reclamamos que o BBVA cumpra coa lexislación e que poña en marcha o Rexistro de Xornada.
- Que garanta o noso dereito á desconexión dixital prevista na Lei de Protección de Datos.
- Que a carga de traballo sexa realizable dentro da xornada laboral, abonda de obxectivos crecentes. Fronte as subas abusivas dos obxectivos cuadrimestrais que buscan non pagar a variable. Contra o pool de baixo desempeño, os semáforos, o terceiro tercil, os «bottom performers» ou os continuos seguimentos. Abonda xa de inventar sistemas para acosar ao persoal. Polo respecto a nosa profesionalidade.
- Para que se aplique a MiFID, que até agora se nos impuxo ao persoal, pero que o banco segue sen aplicar poñendo obxectivos incluso de produtos complexos.
- Para que se negocie un novo Plan de Igualdade. Fronte ao teito de cristal na carreira profesional. Facemos o mesmo traballo, temos as mesmas funcións e nos esixen as mesmas certificacións: pero as mulleres cobramos de media 17.166 euros menos ao ano, un 30 % menos. A discriminación ten un custe: 213 millóns de euros no 2018.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario