Amosando publicacións coa etiqueta desconexión-dixital. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta desconexión-dixital. Amosar todas as publicacións

7 de xullo de 2021

Concentracións en Vigo contra os PECHES de oficinas

Polo mantemento dos postos de traballo no BBVA  Non ao ERE no BBVA

Concentración na oficina do BBVA da rúa Urzáiz 99, Vigo
Concentración na oficina do BBVA da rúa Florida 4, Vigo
Manifestación dende a oficina do BBVA na rúa Florida cara a oficina da rúa Coruña en Vigo
Concentración na oficina do BBVA da rúa Coruña, Vigo

A CIG mobilizouse en , o 7 de xullo, contra os peches de 3 oficinas: Urzáiz 99, Florida 4 e a da rúa Coruña.

Peches que, como todos e todas sabedes, son a xustificación para despedir. A Dirección pretende prescindir da rede de oficinas, da atención presencial, para trasladar a carteira de particulares á atención en remoto, e iso ten un gravísimo impacto sobre o emprego. Moito nos tememos que este ERE non será o último.

Mentres nós seguimos combatendo o ERE, hai quen fai publicidade nos medios do número de persoas que solicitaron acollerse, como unha demostración da bonanza dos despedimentos, cando o ERE non foi aprobado en referendo polo persoal afectado que, por se fose pouco, participou activamente nas mobilizacións e nas folgas.

1 de febreiro de 2021

Coa conxelación salarial seguen a pagar os despedimentos no sector. Pagamos nós!

Asinado o convenio colectivo para os anos 20192023


O pasado venres, 29 de xaneiro, os sindicatos estatais CC.OO, UGT e FINE asinaron coa AEB o novo convenio colectivo para o sector de Banca.

A CIG non asinou este convenio…

8 de maio de 2020

O banco aplica as condicións laborais pactadas

O BBVA está aplicando no teletraballo as condicións pactadas cos seus sindicatos, polo que resulta sorprendente que pretendan botar balóns fóra e saian a criticar.

O cadro de persoal démolo todo para axudar á clientela e conseguimos sacar adiante as liñas ICO (malia a actuación da Dirección), as moratorias… Con moitísimo esforzo e horas. Horas extras que ninguén pensa pagarnos por moitas mensaxes de «arenga» e discursos de autobombo que nos envía a Dirección.

19 de decembro de 2019

Nin vencen nin convencen

Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB


Manisfestación en Compostela o 22 de xuño de 2019 en demanda da implantación efectiva do rexistro de xornada no sector

Na xuntanza da mesa de negociación do pasado día 18, a AEB só aceptou prórroga da ultraactividade do XXIV Convenio até o 30–06–20, aínda que a parte social solicitara un prazo de un ano (até o 31–12–2020). Finalmente, CC.OO, UGT e FINE accederon ás pretensións da patronal.

Máis non foi o único e maior despropósito. Foron tamén CC.OO, UGT e FINE quen finalmente asinaron o Acordo «fake» de Rexistro de Xornada e Desconexión Dixital proposto pola AEB (non asinando CIG, ELA, LAB e CGT), e aínda dando un prazo de 3 meses máis ás entidades para a implantación dos sistemas de rexistro cando era obrigatorio desde o pasado 12 de maio.

11 de xuño de 2019

Concentración na Coruña

Concentración na Coruña
Concentración na Coruña
Concentración na Coruña

Un rexistro de xornada efectivo, e garantir o dereito á desconexión dixital, obrigaría ao BBVA a dimensionar correctamente as oficinas e a asignar unha carga de traballo (e obxectivos) realizables dentro da xornada laboral.

Hoxe temos dúas novas normas (a obriga de rexistro e o dereito á desconexión) que o banco non puxo en marcha, o que lle permite seguir subindo os obxectivos dun xeito brutal. Como acaba de facer.

Dende a CIG temos claro que non podemos quedar calados e de brazos cruzados, debemos dicir que até aquí chegamos e pelexar polo que é noso. Foi por iso que o 10 de xuño nos concentramos diante da Territorial na Coruña.

E por iso vos pedimos a que participedes na 

22 de xuño en Santiago: Manifestación dos traballadores e das traballadoras de banca

6 de xuño de 2019

O 10 xuño concentrarémonos na Coruña


Os delegados e delegadas da CIG – BBVA mobilizarémonos diante da Dirección Territorial na Coruña para protestar contra os continuos abusos e incumprimentos por parte do BBVA.

  • Reclamamos que o BBVA cumpra coa lexislación e que poña en marcha o Rexistro de Xornada.
  • Que garanta o noso dereito á desconexión dixital prevista na Lei de Protección de Datos.
  • Que a carga de traballo sexa realizable dentro da xornada laboral, abonda de obxectivos crecentes. Fronte as subas abusivas dos obxectivos cuadrimestrais que buscan non pagar a variable. Contra o pool de baixo desempeño, os semáforos, o terceiro tercil, os «bottom performers» ou os continuos seguimentos. Abonda xa de inventar sistemas para acosar ao persoal. Polo respecto a nosa profesionalidade.
  • Para que se aplique a MiFID, que até agora se nos impuxo ao persoal, pero que o banco segue sen aplicar poñendo obxectivos incluso de produtos complexos.
  • Para que se negocie un novo Plan de Igualdade. Fronte ao teito de cristal na carreira profesional. Facemos o mesmo traballo, temos as mesmas funcións e nos esixen as mesmas certificacións: pero as mulleres cobramos de media 17.166 euros menos ao ano, un 30 % menos. A discriminación ten un custe: 213 millóns de euros no 2018.