19 de decembro de 2019

Nin vencen nin convencen

Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB


Manisfestación en Compostela o 22 de xuño de 2019 en demanda da implantación efectiva do rexistro de xornada no sector

Na xuntanza da mesa de negociación do pasado día 18, a AEB só aceptou prórroga da ultraactividade do XXIV Convenio até o 30–06–20, aínda que a parte social solicitara un prazo de un ano (até o 31–12–2020). Finalmente, CC.OO, UGT e FINE accederon ás pretensións da patronal.

Máis non foi o único e maior despropósito. Foron tamén CC.OO, UGT e FINE quen finalmente asinaron o Acordo «fake» de Rexistro de Xornada e Desconexión Dixital proposto pola AEB (non asinando CIG, ELA, LAB e CGT), e aínda dando un prazo de 3 meses máis ás entidades para a implantación dos sistemas de rexistro cando era obrigatorio desde o pasado 12 de maio.

Lembramos que foi a CIG quen conquistou o dereito ao rexistro, tras anos de loita contra as extensións ilegais de xornada (denuncia pública, nas Inspeccións, demandas a entidades...). Coa aprobación do RD. que establece a obriga de rexistrar a xornada laboral, entrou en vigor a iniciativa remitida pola CIG ao Congreso dos Deputados e Deputadas en xuño de 2017.

Hai 6 meses saímos en manifestación polas rúas de Compostela en demanda da implantación efectiva do rexistro de xornada no sector.

Agora, coa sinatura deste acordo, pretenden enterrar unha conquista histórica do sindicalismo galego no sector, o rexistro de xornada. Pero volverémolo facer, loitaremos contra os rexistros «fake» e a fraude en materia laboral, e volveremos vencer. Esta vez a Patronal non conseguirá manter unha fraude vergoñenta amparada en anos de convenios sen garantía.

A vindeira xuntanza será o 9 de xaneiro.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 191219 [.pdf • 215 kB]

Ningún comentario: