Agora que estamos en plena campaña de colocación de Plans de Pensións á clientela, e ao fío do que está pasando no sector bancario en xeral e nomeadamente na «City londinense», queremos lembrar a situación de desigualdade desproporcionada que vivimos no BBVA.
Achega plan de pensións empregados/as: 450 euros/ano
Achega plan de pensións Carlos Torres (2019): 1.642.000 millóns
Achega plan de pensións Carlos Torres (2016–2018): 5 millóns
Dereitos acumulados Carlos Torres: 18.600.000 millóns
Dereitos pensións Francisco González: 79.000.000 millóns de euros
No resto do sector financeiro, as maiores entidades teñen pactado, para os traballadores/as, achegas moi superiores aos 450 euros/ano.
Na City de Londres os accionistas están facendo presión e conseguindo rebaixas nos compromisos por pensións dos directivos bancarios, para adecualos á media das achegas dos plans dos traballadores e traballadoras (do 10 ao 14%).
Desde a CIG seguimos a reclamar un incremento da achega que realiza o BBVA polos traballadores e traballadoras, e unha rebaixa das achegas aos plans de pensións dos directivos do BBVA. Pensamos que non se merecen esas cantidades e máis despois dos escándalos que rodean a xestión nos últimos tempos (imputación incluída). Achegas que ademais de inxustificadas están fóra do mercado.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario