2 de decembro de 2019

Comunicado conxunto

Dous temas a resolver urxentemente: vixilias de festivos en horarios partidos e axuda vivenda ao persoal desprazado


A representación laboral de BBVA en bloque, dirixímonos a Relacións Laborais do BBVA para facerlles chegar dúas reivindicacións que, na nosa opinión, son urxentes e entendemos que o Banco pode asumir perfectamente dentro da súa política de fomentar a conciliación laboral. Trátase das seguintes:


  1. Sobre as vixilias de festivos en xornadas partidas
    Estes horarios, a diferenza do horario continuado ou o do colectivo de BBVA CONTIGO, non inclúen a posibilidade de libranza das tardes de días tan importantes como poden ser o 24 de decembro, véspera de Nadal, 31 de decembro véspera de Ano Novo e a véspera de Reis.
    Este feito resulta especialmente contrario a toda a filosofía de conciliación e flexibilidade pola que o Banco aposta e difunde coa posta en marcha do rexistro de xornada.
    Entendemos que en datas tan sinaladas, todas as persoas que traballan no Banco deberían ter esta opción e que, á marxe de que isto poda ser obxecto de negociación, consideramos que o Banco podería avanzar na solución desta problemática e por iso temos solicitado que permitan que este ano as persoas afectadas podan disfrutar destas tardes véspera de festivos.
     
  2. Sobre a axuda de vivenda do persoal desprazado por ERE
    Trátase da situación na que se encontran varios compañeiros e compañeiras que, como consecuencia dos diferentes ERE’s producidos tras as integracións, tanto de Unnim como de CX en BBVA en bloque, dirixímonos a Relacións Laborais do BBVA, aceptaron un traslado para manter o seu posto de traballo.
    Esta medida de mantemento do emprego, ofrecía unha compensación económica durante un período limitado no tempo que nalgúns casos está vencido e noutros próximo a vencer.
    Dado que a maioría deste persoal segue traballando lonxe do seu domicilio familiar, o que comporta que moitas familias vivan separadas durante a semana, se non reciben esta axuda, verán gravemente afectada a súa situación económica, xa que seguen realizando moitos desprazamentos para estar cerca da familia. Por iso, apelamos á sensibilidade do Banco, perfectamente coñecedor da situación que sofren estas persoas, para evitar que isto poda derivar nunha situación economicamente insostible para eles/as.
    Por todo o exposto, solicitamos que se lles amplíe a compensación até os 7 anos, con posibilidade de prórroga durante 3 anos máis, para aqueles casos nos que o traslado da persoa ao seu lugar de orixe non sexa posible, equiparándoos/as desta maneira á axuda vivenda establecida na normativa do BBVA en bloque, dirixímonos a Relacións Laborais do BBVA (93.30.013) para os casos de traslados con cambio de residencia.






Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]



Comunicado 191202 [.pdf • 165 kB]


1 comentario:

Circular Conxunta dixo...

Circular conxunta: sobre as vésperas de festivos




O Banco respondeu negativamente á solicitude de toda a representación dos traballadores, de librar este ano as tardes do 24 e 31 de decembro, para aqueles colectivos que non o teñen establecido no seu horario.


Consideramos moi decepcionante a resposta, e dunha falta total de sensibilidade. Di o Banco que non ven a necesidade de que nós expomos e que, en todo caso, xa existe un día de licenza retribuida extra que se pode gozar nunha destas datas.


Do que non dá resposta ao Banco é do agravio comparativo que representa este feito, para os colectivos que non libran as tardes das vésperas destas datas e pasa por alto os argumentos da representación laboral que solicita unha actuación puntual á espera dunha negociación para mellorar os horarios.


É importante tomar nota destas respostas. É nestes pequenos detalles onde o Banco demostra a súa falta de sensibilidade cara ás necesidades e peticións do persoal.


Continuamos traballando para o ben colectivo.