Amosando publicacións coa etiqueta nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta nadal. Amosar todas as publicacións

22 de decembro de 2021

A vitoria (da CIG) ten 100 pais, e a derrota é orfa!

A CIG gañou no seu día, no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, o contra o BBVA por non respectar os horarios especiais do Nadal. Foi a CIG a que obriga á Dirección a respectar o noso dereito.

Disfrutaremos o dereito ao horario reducido nos días sinalados do Nadal. Pero non foi a Dirección por iniciativa propia, tal e como deixou entrever no seu comunicado interno. Nin foi «outro éxito» dos vendedores de fume de CC.OO, sindicato ao que solicitamos unha rectificación sen ter contestación.

Foi a CIG quen ante o recorte, interpuxo demanda no TSXG fai 2 anos. O banco non aceptou repoñer o dereito, polo que se celebrou o xuízo, ditando a xustiza sentenza favorable ao cadro de persoal. Polo tanto non estamos ante unha cesión da magnánima Dirección.

Naquel xuízo estaban citados como parte o resto de sindicatos, incluída CC.OO que non compareceu. É dicir, pasaron olimpicamente de posicionarse a favor da demanda da CIG que garantiu o dereito.

Ao Cesar o que é do Cesar, o horario do Nadal é un éxito da CIG.
As ampliacións dos horarios, os horarios flexibles, o rexistro fake ou a extensión ilegal da xornada si que son éxitos do banco e derrotas laborais avaladas polos seus sindicatos satélites.

14 de decembro de 2021

Sentenza do TSXG: Horario reducido nos días 24 e 31 de decembro

Como informamos en xaneiro, o TSXG deu a razón á CIG no presentado contra a decisión do BBVA de suprimir o horario reducido dos días 24 e 31 de decembro.

QR i.gal/NadalBBVA

Podedes consultar a sentenza na web do Poder Xudicial: i.gal/NadalBBVA

O tribunal galego declara nula a modificación substancial e repón o persoal que realiza a súa xornada de 8 a 15 horas (horario máis habitual en oficinas de rede) no seu dereito a gozar do horario reducido como se viña facendo anteriormente.

O BBVA presentou recurso de casación perante o TS, mais as sentenzas de conflito colectivo son executivas desde que se ditan, con independencia do recurso (art. 303 da Lei da Xurisdición Social).

Animámosvos a exercer o voso dereito e aproveitar o horario reducido dos vindeiros días 24 e o 31 de decembro para confraternizarmos entre compañeiras e compañeiros, tomarmos forzas para o novo ano e brindarmos por un futuro de novas conquistas laborais.

Boas festas!

13 de xaneiro de 2021

A xustiza dános a razón: Gañamos a Mr. Scrooge e recuperaremos o horario especial do Nadal

Mr. Scrooge BBVA

No ano 2019 o BBVA decidiu eliminar o horario especial do Nadal dos días 24 e 31 de decembro e do 5 de xaneiro.

Daquelas presentamos . Despois de alongar o proceso e á espera de sentenza o BBVA denegou o dereito tamén no ano 2020.

A CIG, coma sempre, non deu por bo un recorte dos nosos dereitos, e instamos dende os ao cumprimento dos horarios especiais nas catro provincias galegas. No Conficto Colectivo que representamos contra o BBVA, incluímos a todos os sindicatos coa presenza no banco en Galiza e só CGT sumouse a nosa demanda; CC.OOUGTACB pasaron de presentarse (así defende os vosos dereitos).

3 de febreiro de 2020

Avaliacións 2019: aumentan a arbitrariedade e inxustizas 

Máis outro ano, volvemos denunciar a subxectividade e arbitrariedade do Proceso de Avaliación do Desempeño que, lonxe de desaparecer, aumentan.

Se subxectivo e arbitrario é que o/a responsábel responda dentro da súa percepción ás preguntas de «Cumprimento de obxectivos» e «Como vive os valores do Grupo» das persoas avaliadas, totalmente perverso é o que está a acontecer: DCBC's… indican a directores/as de oficina e directores/as comerciais a puntuación que teñen que poñer ao persoal avaliado segundo a cualificación feita previamente polos/as DCBC'sbest performer», «good performer» ou «bottom performer»), PERSOAS coas que nin sequera teñen un contacto directo. Unha farsa e falta de respecto absoluta que lles pode carrexar graves consecuencias.

2 de decembro de 2019

Comunicado conxunto

Dous temas a resolver urxentemente: vixilias de festivos en horarios partidos e axuda vivenda ao persoal desprazado


A representación laboral de BBVA en bloque, dirixímonos a Relacións Laborais do BBVA para facerlles chegar dúas reivindicacións que, na nosa opinión, son urxentes e entendemos que o Banco pode asumir perfectamente dentro da súa política de fomentar a conciliación laboral. Trátase das seguintes: