Amosando publicacións coa etiqueta comité-de-empresa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta comité-de-empresa. Amosar todas as publicacións

22 de decembro de 2021

A vitoria (da CIG) ten 100 pais, e a derrota é orfa!

A CIG gañou no seu día, no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, o contra o BBVA por non respectar os horarios especiais do Nadal. Foi a CIG a que obriga á Dirección a respectar o noso dereito.

Disfrutaremos o dereito ao horario reducido nos días sinalados do Nadal. Pero non foi a Dirección por iniciativa propia, tal e como deixou entrever no seu comunicado interno. Nin foi «outro éxito» dos vendedores de fume de CC.OO, sindicato ao que solicitamos unha rectificación sen ter contestación.

Foi a CIG quen ante o recorte, interpuxo demanda no TSXG fai 2 anos. O banco non aceptou repoñer o dereito, polo que se celebrou o xuízo, ditando a xustiza sentenza favorable ao cadro de persoal. Polo tanto non estamos ante unha cesión da magnánima Dirección.

Naquel xuízo estaban citados como parte o resto de sindicatos, incluída CC.OO que non compareceu. É dicir, pasaron olimpicamente de posicionarse a favor da demanda da CIG que garantiu o dereito.

Ao Cesar o que é do Cesar, o horario do Nadal é un éxito da CIG.
As ampliacións dos horarios, os horarios flexibles, o rexistro fake ou a extensión ilegal da xornada si que son éxitos do banco e derrotas laborais avaladas polos seus sindicatos satélites.

14 de decembro de 2021

Sentenza do TSXG: Horario reducido nos días 24 e 31 de decembro

Como informamos en xaneiro, o TSXG deu a razón á CIG no presentado contra a decisión do BBVA de suprimir o horario reducido dos días 24 e 31 de decembro.

QR i.gal/NadalBBVA

Podedes consultar a sentenza na web do Poder Xudicial: i.gal/NadalBBVA

O tribunal galego declara nula a modificación substancial e repón o persoal que realiza a súa xornada de 8 a 15 horas (horario máis habitual en oficinas de rede) no seu dereito a gozar do horario reducido como se viña facendo anteriormente.

O BBVA presentou recurso de casación perante o TS, mais as sentenzas de conflito colectivo son executivas desde que se ditan, con independencia do recurso (art. 303 da Lei da Xurisdición Social).

Animámosvos a exercer o voso dereito e aproveitar o horario reducido dos vindeiros días 24 e o 31 de decembro para confraternizarmos entre compañeiras e compañeiros, tomarmos forzas para o novo ano e brindarmos por un futuro de novas conquistas laborais.

Boas festas!

13 de xaneiro de 2021

A xustiza dános a razón: Gañamos a Mr. Scrooge e recuperaremos o horario especial do Nadal

Mr. Scrooge BBVA

No ano 2019 o BBVA decidiu eliminar o horario especial do Nadal dos días 24 e 31 de decembro e do 5 de xaneiro.

Daquelas presentamos . Despois de alongar o proceso e á espera de sentenza o BBVA denegou o dereito tamén no ano 2020.

A CIG, coma sempre, non deu por bo un recorte dos nosos dereitos, e instamos dende os ao cumprimento dos horarios especiais nas catro provincias galegas. No Conficto Colectivo que representamos contra o BBVA, incluímos a todos os sindicatos coa presenza no banco en Galiza e só CGT sumouse a nosa demanda; CC.OOUGTACB pasaron de presentarse (así defende os vosos dereitos).

2 de novembro de 2018

Denunciamos ante Inspección o Pool de baixo desempeño

Ante a continuidade na opacidade e o perverso emprego desta «ferramenta estratéxica» de xestión de RR.HH, temos presentado á Dirección da empresa varias solicitudes para que se dea por rematado o devandito «Plan de Mellora». Dado que non tivemos contestación, interpuxemos denuncias ante a Inspección de Traballo das distintas provincias.

A Representación Legal dos Traballadores e Traballadoras nunca foi informada, e a constatación da inclusión no «Pool» de persoal con doenzas graves, persoas que cumpren os obxectivos, mulleres con redución de xornada, persoal que concatena a súa inclusión por varios anos (ate catro seguidos) orixinándolles baixas psicolóxicas…, levounos a solicitar o amparo á Autoridade Laboral.

Demandamos tamén a eliminación dos «Semáforos», por ser un elemento de elevado estrés para o cadro de persoal. Requirimos que o BBVA inclúa nas avaliacións de riscos laborais a medición dos ritmos de traballo/carga de traballo en todos os postos, sen que se poida incrementar a carga de traballo en tanto non se realice esta avaliación, así como a realización de medicións de tempos coa participación sindical, para garantir que a carga de traballo de cada posto poda ser realizada dentro da xornada laboral e dos horarios pactados.

12 de febreiro de 2015

Máis representativo grazas a ti

CIG / BBVA é o sindicato máis representativo, o máis votado e o que maior número de delegadas e delegados acadou entre as cinco organizacións que veñen de competir no proceso electoral dentro do territorio galego. Grazas ás compañeiras e compañeiros que nos outorgaron a súa confianza. É tempo de asumir a responsabilidade recibida.

8 de febreiro de 2015

Eleccións sindicais: as nosas propostas

O 11 de febreiro celebramos eleccións sindicais e pedimos o teu apoio nas urnas para seguir traballando na defensa dos dereitos de todos e todas nós.

Eleccións sindicais: a forza da clase traballadora

Velaquí as loitas que afrontamos e as nosas liñas de actuación:

24 de novembro de 2014

Territorio sindical solidario

Cando as barbas do veciño vexas cortar, hai que preocuparse e reaccionar. Sabio refrán, adaptado. A problemática laboral que se vive noutras xeografías do BBVA polo mundo adiante, é anticipo do que pode pasar aquí. Compartir as súas dificultades é o fundamento dese territorio sindical solidario que caracteriza á CIG BBVA, por principio.

BBVA decidiu realizar un ERE que supón pechar a metade das súas oficinas en Portugal, estratexia que implicará o despedimento de 177 persoas, a cuarta parte do actual cadro de persoal. En concreto, elimina 43 das 81 sucursais coas que viña operando no veciño país. Esta decisión xustifícase no resultado, con perdas acumuladas, e no fracaso de xestión do modelo de banca universal. Anúnciase unha reordenación do negocio orientado ás rendas altas, empresas e créditos sindicados. O xeito fácil de xestionar.

A decisión, informada polos medios de comunicación, débese a falla de interesados en comprar toda a rede lusa, misión encomendada, na primavera pasada, a Namura, axencia nipona intermediaria nunha operación que resultou absolutamente ineficiente.


17 de xuño de 2008

A Inspección requeriu ao BBVA para que informe a representación sindical

O pasado día 30 de abril, dende a CIG presentamos unha denuncia contra o BBVA na de pola escaseza, imprecisión e atraso do banco na entrega de información sobre a implantación e contido do Proxecto CLIMA.

Na denuncia se lle expón á Inspección, como se informa de xeito verbal á CIG nunha reunión aparte de outros sindicatos, de cambios organizativos globais e moi relevantes polos que desaparecen postos como o de JGAC ou JGO entre outras cousas.
Asemade, se comenta o feito de que non foron comunicados cambios organizativos anteriores que supuxeron a desaparición e externalización de departamentos completos, no inicio da implantación do PEIT.

22 de maio de 2008

O conflito BBVA chega ao Parlamento galego

A nosa resposta ao Plan de do BBVA non se limita ás que temos en marcha; estamos dando pasos a todos os niveis co fin de frear este proceso. Neste senso, son varias as frontes abertas das que vos iremos informando ao seu debido tempo.

7 de maio de 2008

Cimeira sindical europea do BBVA en Lisboa

Luciano Luxilde (CIG), Fraser Beastall (Comité Reino Unido), João Bonito Comissao (Comité Portugal)
Luciano Luxilde (CIG), Fraser Beastall (Comité Reino Unido), João Bonito Comissao (Comité Portugal)

Luciano Luxilde (CIG), João Bonito Comissao (CT) Portugal e Teresa Richard (CIG) Galiza
Luciano Luxilde (CIG), João Bonito Comissao CT) Portugal e Teresa Richard (CIG) Galiza

O pasado día 5, representantes dos traballadores e traballadoras de , e mantiveron unha reunión para tratar de unificar criterios fronte ao proceso de reconversión do BBVA en toda . Franceses e vascos xa anunciaron o seu apoio a esta iniciativa sindical.

O BBVA ten en marcha un proceso de polo que pretende desfacerse de milleiros de postos de traballo en toda Europa, 400 en . Ante esta situación a Confederación Intersindical Galega (CIG) impulsou, coincidindo coa celebración dun Comité de Empresa Europeo en , unha cimeira sindical na que CC.OO e UGT rexeitaron participar.