BBVA decidiu realizar un ERE que supón pechar a metade das súas oficinas en Portugal, estratexia que implicará o despedimento de 177 persoas, a cuarta parte do actual cadro de persoal. En concreto, elimina 43 das 81 sucursais coas que viña operando no veciño país. Esta decisión xustifícase no resultado, con perdas acumuladas, e no fracaso de xestión do modelo de banca universal. Anúnciase unha reordenación do negocio orientado ás rendas altas, empresas e créditos sindicados. O xeito fácil de xestionar.
A decisión, informada polos medios de comunicación, débese a falla de interesados en comprar toda a rede lusa, misión encomendada, na primavera pasada, a Namura, axencia nipona intermediaria nunha operación que resultou absolutamente ineficiente.

Voceiros sindicais de BBVA nunha cimeira en Lisboa, da Galiza (CIG), Reino Unido e Portugal
Diante destas operacións corporativas, polo que atinxe ás condicións laborais actuais e futuras que van afectarnos globalmente, a representación sindical non pode mirar para outro lado. En 2002, por iniciativa da CIG en BBVA, co apoio da representación de seccións e comités de Portugal, Franza, Inglaterra e sindicatos vascos, constituíuse o Comité de Empresa Europeo de BBVA, hoxe en día invernado pola pasividade dos sindicatos estatais. É hora de que asuma a súa función, implicándose na causa dos compañeiros e compañeiras de Portugal.
Territorio sindical solidario no que CIG BBVA avanza compromiso de actuación.

➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario