25 de febreiro de 2020

A Inspección de Traballo require ao BBVA polas denuncias da CIG sobre o Pool de baixo desempeño

Desde o ano 2018, esta Sección Sindical veu formulando denuncias contra o BBVA perante as Inspeccións de Traballo das catro provincias galegas, polo coñecido como Pool de Baixo Desempeño e a colección de desmáns, abusos e illegalidades cometidos contra o persoal que o Banco ía metendo nesta listaxe negra (ver comunicado de data 2-11-18)

Mantivemos distintas reunións, tanto na IT da Coruña como na de Madrid a onde finalmente o asunto foi trasladado por entenderse de ámbito estatal. En , o 12-11-19, tivemos a oportunidade de explicarlle ao inspector que é o POOL, e como o Banco o usa como ferramenta de terrorismo psicolóxico co persoal. Co que xa está dentro e co que está fóra por medo a entrar. Tivemos a inestimábel axuda de compañeiras e compañeiros da Rede de Oficinas de Galiza que, dentro das nosas visitas, nos contaron os seus casos e entregaron diversa documentación, na que podía comprobarse que o abuso e a arbitrariedade eran notorias. Incluso unha compañeira prestouse a facer un escrito describindo os 4 anos que levaba no Pool para entregalo en Madrid, e así o fixemos.

Queremos salientar expresamente a colaboración destas compañeiras e compañeiros. Esta vitoria é sobre todo vosa. Xente valente, de cara e sen medo a poñer freo a esta inxustiza.

Porque hai escasos días o Organismo Estatal da Inspección de Traballo veu de contestar a estas denuncias da CIG e deunos a razón, obrigando ao BBVA a que no prazo de 3 meses avalie as condicións de carácter psicosocial das traballadoras e traballadores adscritos ao Pool de Baixo Desempeño ou en Seguimento (data saída do oficio 05-02-20). Estaremos vixiantes do cumprimento polo Banco deste requirimento.

Lamentablemente, o Banco segue incorporando compañeiras e compañeiros neste e noutros programas de «seguimento», dando continuidade ás políticas de xestión de persoas baseadas no medo e na presión insoportábel mentres, hipocritamente, desde a Dirección do Banco fálase continuamente de Persoas (o máis importante son as Persoas…), mais ben sabemos que o único que lles importa son os números…

Poden contar con que a CIG seguiremos na loita en contra destas políticas de presión asfixiantes disfrazadas de «plans de mellora». Se ti estás no POOL ou en calquera outro programa de Seguimento, contacta connosco a través do noso correo ou fala con calquera das nosas delegadas e delegados para que poidamos estar enriba do teu caso concreto.

PORQUE XUNTAS… XUNTOS, COA CIG SOMOS MÁIS FORTES!

 
 
 

 Xunta de Accionistas 2020 


De novo, o sindicato sen ataduras da CIG acudirá á Xunta de Acionistas en para ser a túa voz e denunciar as políticas laborais do Banco. Delega o teu voto na CIG.

Envía a túa delegación de voto asinada a favor de á oficina 0625 (Lugo-Reina) ou entrégalla a calquera das nosas delegadas e delegados das catro provincias.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 200220 [.pdf • 252 kB]



Ningún comentario: