14 de febreiro de 2020

As cartas sobre a mesa… ningunha sorpresa

Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB


Tal e como anticipara a Patronal ao inicio do proceso, cando presentou os seus obxectivos para a negociación deste convenio, na pasada reunión do 11 de febreiro, expuxo de xeito claro e concreto as súas pretensións:

  • Supresión da antigüidade, condicionando unha posible suba salarial á eliminación definitiva de todas as referencias a este concepto no convenio. Iso si, respectando os dereitos adquiridos hasta o momento polo persoal en activo… GRAZAS!!

Sabemos que esta petición por parte da patronal é unha constante nos últimos convenios; segundo eles «é un anacronismo que non ten sentido actualmente», din que «non incentiva as persoas, máis ben as acomoda, xa que non é preciso esforzarse, simplemente hai que deixar pasar o tempo para acadar incrementos substanciais na súa retribución». Esquecen que para a maioría das persoas traballadoras do sector a aplicación da cláusula de compensación e absorción, na práctica, supón deixar sen efecto calquera incremento por este concepto.

A propia AEB, ante a nosa pretensión de suprimir a aplicación desa cláusula de compensación e absorción, recalca nos seus argumentos que as políticas salariais dos seus asociados pivotan sobre ela.

Dende a CIG rexeitamos rotundamente esta proposta. E en contra do que afirma a patronal, que defende que non hai perda de poder adquisitivo nos últimos convenios, fixemos propostas que permitan paliar esa perda e manter o poder adquisitivo a futuro:

  • Suba salarial anual equivalente a sumar ao IPC a 31 de decembro do ano anterior un 3 %.
  • Paga extra que compense a perda dos anos anteriores.
  • Cláusula de garantía salarial.
  • Non aplicación da compensación e absorción ao devengo de paga de beneficios, para aquelas persoas que teñen o complemento «ad personam» (art. 23.2 do ), que son maioría no sector.

Así mesmo, trasladamos a nosa reivindicación para que este convenio sexa o que remate coa discriminación das mulleres no sector, tanto no que respecta ás carreiras profesionais como no relativo aos salarios. A nova organización do traballo no sector fai que os postos máis feminizados (inferiores ás direccións de oficinas) teñan iguais funcións e requirimentos de formación que os postos máis masculinizados (de direccións cara arriba), pero as súas retribucións son notablemente inferiores. REIVINDICAMOS QUE A IGUAL TRABALLO IGUAL SALARIO.

A próxima reunión está prevista para o día 25 de febreiro, seguiremos informando.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 200214 [.pdf • 109 kB]

Ningún comentario: