
Velaquí tedes o contido da nosa intervención na pasada Xunta xeral de accionistas do BBVA · 2026…

Velaquí tedes o contido da nosa intervención na pasada Xunta xeral de accionistas do BBVA · 2026…

Velaquí tedes o contido da nosa intervención na pasada Xunta xeral de accionistas do BBVA · 2025…

Neste ano 2024, a CIG volveu intervir na Xunta xeral de accionistas do BBVA para facerlles escoitar a vosa/nosa voz. Semella que co masivo seguimento da folga do día 29 en Galiza deberían xa coñecer o estado do persoal do banco, o clima laboral existente, e as problemáticas cotiás, pero cremos necesario reiterarllo.
Se a dirección do banco pensaba que o motivo só foi pola negociación do convenio colectivo, fixémoslles saber do descontento, desánimo, esgotamento e fartura do cadro de persoal, do que son directamente responsables.

Velaquí tedes o contido da nosa intervención na pasada Xunta xeral de accionistas do BBVA · 2023…
Velaquí tedes o contido da nosa intervención na pasada Xunta xeral de accionistas do BBVA · 2022…

Velaquí tedes o contido da nosa intervención na pasada Xunta xeral de accionistas do BBVA · 2020…
Como en anos anteriores, a CIG acudirá a Xunta Xeral de accionistas do BBVA, en representación tanto da sección sindical como das compañeiras e compañeiros que nos delegaron o seu voto.
O venres 13 de marzo, trasladarésmoslle ao Consello de Administración e resto do accionariado da Entidade, a nosa visión a respecto da problemática laboral que sufrimos a cotío nos nosos postos de traballo, ademais da visión sobre a situación da Entidade derivada do proceso xudicial aberto.Desde o ano 2018, esta Sección Sindical veu formulando denuncias contra o BBVA perante as Inspeccións de Traballo das catro provincias galegas, polo coñecido como Pool de Baixo Desempeño e a colección de desmáns, abusos e illegalidades cometidos contra o persoal que o Banco ía metendo nesta listaxe negra (ver comunicado de data 2-11-18)
Mantivemos distintas reunións, tanto na IT da Coruña como na de Madrid a onde finalmente o asunto foi trasladado por entenderse de ámbito estatal. En Madrid, o 12-11-19, tivemos a oportunidade de explicarlle ao inspector que é o POOL, e como o Banco o usa como ferramenta de terrorismo psicolóxico co persoal. Co que xa está dentro e co que está fóra por medo a entrar. Tivemos a inestimábel axuda de compañeiras e compañeiros da Rede de Oficinas de Galiza que, dentro das nosas visitas, nos contaron os seus casos e entregaron diversa documentación, na que podía comprobarse que o abuso e a arbitrariedade eran notorias. Incluso unha compañeira prestouse a facer un escrito describindo os 4 anos que levaba no Pool para entregalo en Madrid, e así o fixemos.
Queremos salientar expresamente a colaboración destas compañeiras e compañeiros. Esta vitoria é sobre todo vosa. Xente valente, de cara e sen medo a poñer freo a esta inxustiza.
Porque hai escasos días o Organismo Estatal da Inspección de Traballo veu de contestar a estas denuncias da CIG e deunos a razón, obrigando ao BBVA a que no prazo de 3 meses avalie as condicións de carácter psicosocial das traballadoras e traballadores adscritos ao Pool de Baixo Desempeño ou en Seguimento (data saída do oficio 05-02-20). Estaremos vixiantes do cumprimento polo Banco deste requirimento.
GRAZAS ! Pola confianza recibida
O sindicalismo próximo a ti, comprometido contigo, combativo a favor teu, forte e útil para todas e todos e sensíbel á problemática laboral e persoal que afrontamos cada día no traballo bancario, gaña máis forza coa confianza e respaldo recibido neste proceso electoral para situarse con vantaxe á cabeza da representatividade galega na entidade. Unha ferramenta sindical insubornábel ás presións e totalmente independente de pactos limitadores, para asegurar unha acción sindical eficiente na defensa dos dereitos e condicións laborais das persoas que traballamos no BBVA. Grazas a todas e todos.

Neste 16 de marzo, membros da Sección Sindical da CIG no BBVA acudiremos de novo a Bilbao para achegar o noso discurso na Xunta de Accionistas. Amosaremos a realidade do banco en Galiza nese foro onde, cando menos nesta data, o Presidente e o resto de integrantes do Consello de Administración non poden evitar escoitar o verdadeiro retrato do que son as condicións de traballo reais nesta empresa.
A compañeira Carmen García fará lectura do discurso que vos achegamos e no que trasladaremos a Francisco González do que estimamos é o seu legado, nestes longos anos da súa Presidencia.
A negativa evolución da acción versus o aumento inmoral e inxustificado das súas retribucións. Até un máximo de 125 millóns de euros vanse reservar para un colectivo de 238 persoas privilexiadas.
A situación laboral no banco, cunha política permanente de destrución de emprego e peche de oficinas. Con despedimentos por unha falsa «baixa produtividade», todos recoñecidos improcedentes, e o medo como bandeira na xestión RR.HH.
Salientaremos a presión comercial na Territorial Noroeste, insoportable e interesada, onde a obsesión polo Ranking só obedece a obxectivos particulares, mantendo a rede comercial nun particular torneo en todos contra todos que fixo do pasado exercicio e do comezo deste, os peores tempos que lembramos en termos de clima laboral nesta Territorial.
Do constante desprezo a un cadro de persoal que fai moi ben o seu traballo e que ano tras ano, segue a cumprir. Pero como recompensa aos seus esforzos, este ano o único que recibe son labazadas. Unha pola formación MiFID e outra pola «compensación» do bonus. Levamos estes asuntos, a instancias da CIG, coma non pode ser doutro xeito, perante os Xulgados.
Para cando a negociación do horario do colectivo BBVA Contigo?
Reclamaremos cambios reais no eido da Conciliación e Igualdade, cambios polos que a sociedade berrou alto e forte nas rúas galegas este histórico 8 de Marzo.
Desde esta Sección Sindical queremos agradecervos as vosas delegacións de votos que fan posíbel de novo a nosa presenza nesta Xunta. Presenza que, queremos aclarar, sempre foi sufragada con medios propios. Non estendemos este agradecemento a Relacións Laborais do Banco, que facendo un uso discriminatorio dos recursos da entidade, segue a facilitar a presenza en Bilbao a unhas organizacións sindicais e a outras, non.
De seguido, tedes a intervención lida pola nosa compañeira Carmen.
Hoxe celebrouse a Xunta Xeral de Accionistas do banco. Como cada ano, a CIG acudiu para facer chegar as reivindicacións do cadro de persoal. Como cada ano, Francisco González, fixo caso omiso ás nosas verbas. En xeral, todos os sindicatos presentes na Xunta incidimos nos despedimentos, a destrución de emprego e as presións ás que nos someten a cotío, e aínda máis cando se trata de que aceptemos baixas «voluntarias».

Repartiron os seus dividendos (gañados a costa do esforzo do persoal) e o presidente seguiu enredado co discurso do «banco tecnolóxico» ao igual que nos anos pasados. Considera que os despedimentos efectuados son «casos puntuais» e aínda nos augura un futuro moi duro para todos e todas no que, segundo el, tomarán medidas para garantir emprego para a maioría do persoal. Como dixemos ao final do noso discurso, se seguen por este camiño, a nosa resposta será sempre a denuncia e a mobilización.
Francisco González, presidente do BBVA, e o seu equipo directivo seguen impoñendo a marchas forzadas a «transformación» BBVA. Todo internet, todo teléfono móbil. Non dubidamos que a adaptación ás novas tecnoloxías é necesaria, pero si que temos cada vez máis dúbidas sobre se neste banco «virtual» que están creando, temos cabida as persoas.
Desde o ano pasado, o BBVA iniciou unha política de presión e amedrentamento contra o seu cadro de persoal a medio de despedimentos «express» (mañá non veñas, aquí tes a carta de despido) sen que exista ningún aviso nin expediente previo. Para elo, obriga aos xefes/as correspondentes a elaborar LISTAXES de traballadores ou traballadoras a quen, de forma totalmente subxectiva, acusa de non ter suficiente «compromiso» coa empresa. De maneira totalmente subxectiva e arbitraria, subliñamos. De feito, despois recoñece a improcedencia dos despedimentos, pero as persoas afectadas quedan na rúa.
Non contentos con isto, o banco está executando unha liquidación sistemática e programada do cadro de persoal, a quen ofrece saídas da entidade supostamente voluntarias, pero deixando á persoa afectada practicamente sen alternativa posible, despois de exercer sobre ela unha presión inaudita (pechándoa nun despacho cos seus/súas responsables xerárquicas e RR.HH, e sen deixar entrar á representación sindical). Despedimentos limpos: o banco consegue baixas sen lixar as mans, todo é voluntario.
A dirección do BBVA, cos seus salarios supermillonarios (máis de 5.000.000 €, vai embolsarse este ano o dito Francisco), decidiu que no banco non hai sitio para as empregadas/os normais que cobran 30.000 € brutos anuais, se chegan, e que cumpren co seu traballo de maneira responsable, pero non fan as xornadas sen límite que o Banco quixese (sen remunerar, por suposto).
A dirección do BBVA non asume ningunha responsabilidade pola desfeita financeira que a imprudencia e avaricia dos banqueiros desatou en 2008, desfeita que se pagou mediante o escote público, a costa do gasto social e empobrecemento e sufrimento de moitas persoas. Tampouco asumen responsabilidades por fiascos como os das «cláusulas chan» e outros. Pero si lles esixen responsabilidades ás traballadoras ou traballadores que non cumpren uns obxectivos imposibles de cumprir e ameázanlles co seu medio de vida.

Si, vannos oír. Alto e claro. Na Xunta Xeral de Accionistas do BBVA que se celebrará o próximo 13 de marzo, en Bilbao. Como fixemos nas anteriores convocatorias. Para que a voz das compañeiras e compañeiros galegos do banco teña presenza no foro onde se acordan asuntos que marcarán o noso futuro.

Carmen González da CIG nun momento da Xunta Xeral.
O pasado venres 14 de marzo, estivemos na Xunta de Accionistas do BBVA en Bilbao para facernos oír diante do Consello, no único intre no que a censura non é posible, e trasladarlle a nosa visión da realidade laboral no BBVA e as inquedanzas dos compañeiros e compañeiras que nos levastes alí un ano máis.
Queremos dar grazas a todos os empregados e empregadas que coa súa delegación de voto fixestes posible a nosa presenza no Palacio Euskaldún.
Aquí vai o resumo do que alí se falou e a nosa visión do que alí se viviu.

Como xa saberedes, o día 14 de marzo está prevista a celebración da Xunta xeral de accionistas do BBVA, e un ano máis queremos que a nosa e a túa voz cheguen até Bilbao. A delegación do voso voto é fundamental para que podamos expresar cal é o sentir do cadro de persoal sen censuras nin intermediarios. E, por se non o sabiades, o ano pasado nin CC.OO nin UGT nin ACB—CSICA (Confederación de Cadros), leron a súa intervención conxunta diante do Consello… pero non esqueceron publicalo como se así fose. Esa é a realidade…
É unha cuestión de responsabilidade xa que, de novo, o contido da meirande parte dos puntos da orde do día parécenos moi preocupante:
