16 de marzo de 2017

A Dirección do BBVA despide a traballadores e traballadoras inxusta e arbitrariamente mentres eles se forran e non asumen as súas responsabilidades

Concentración conxunta en Bilbao
Concentración conxunta en Gran Vía 12 — Bilbao (16/03/17)

Francisco González, presidente do BBVA, e o seu equipo directivo seguen impoñendo a marchas forzadas a «transformación» BBVA. Todo internet, todo teléfono móbil. Non dubidamos que a adaptación ás novas tecnoloxías é necesaria, pero si que temos cada vez máis dúbidas sobre se neste banco «virtual» que están creando, temos cabida as persoas.

Desde o ano pasado, o BBVA iniciou unha política de presión e amedrentamento contra o seu cadro de persoal a medio de despedimentos «express» (mañá non veñas, aquí tes a carta de despido) sen que exista ningún aviso nin expediente previo. Para elo, obriga aos xefes/as correspondentes a elaborar LISTAXES de traballadores ou traballadoras a quen, de forma totalmente subxectiva, acusa de non ter suficiente «compromiso» coa empresa. De maneira totalmente subxectiva e arbitraria, subliñamos. De feito, despois recoñece a improcedencia dos despedimentos, pero as persoas afectadas quedan na rúa.

Non contentos con isto, o banco está executando unha liquidación sistemática e programada do cadro de persoal, a quen ofrece saídas da entidade supostamente voluntarias, pero deixando á persoa afectada practicamente sen alternativa posible, despois de exercer sobre ela unha presión inaudita (pechándoa nun despacho cos seus/súas responsables xerárquicas e RR.HH, e sen deixar entrar á representación sindical). Despedimentos limpos: o banco consegue baixas sen lixar as mans, todo é voluntario.

A dirección do BBVA, cos seus salarios supermillonarios (máis de 5.000.000 , vai embolsarse este ano o dito Francisco), decidiu que no banco non hai sitio para as empregadas/os normais que cobran 30.000  brutos anuais, se chegan, e que cumpren co seu traballo de maneira responsable, pero non fan as xornadas sen límite que o Banco quixese (sen remunerar, por suposto).

A dirección do BBVA non asume ningunha responsabilidade pola desfeita financeira que a imprudencia e avaricia dos banqueiros desatou en 2008, desfeita que se pagou mediante o escote público, a costa do gasto social e empobrecemento e sufrimento de moitas persoas. Tampouco asumen responsabilidades por fiascos como os das «cláusulas chan» e outros. Pero si lles esixen responsabilidades ás traballadoras ou traballadores que non cumpren uns obxectivos imposibles de cumprir e ameázanlles co seu medio de vida.

En vésperas da BBVA, na que se decidirá un reparto escandaloso de millóns de euros para directivos/as e accionistas, denunciamos a esta dirección do BBVA pola súa inhumanidade, e esiximos unha Banca responsable e orientada ao benestar social, non ao lucro persoal duns poucos.


CIG · ELA · Intersindical-CSC · LAB · SEC




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 170316 [.pdf • 495 kB]


Ningún comentario: