9 de marzo de 2017

Rexistro horario e horas extras:
A CIG foi o único sindicato que presentou unha nova proposta

O pasado 7 de marzo remitimos unha nova proposta ás patronais e ao resto de sindicatos, para ser abordada na reunión do 8 de marzo. As patronais fixeron unha contraproposta, pretenden introducir unha trampa para falsear os rexistros.


Fai o amor e Non Horas Extras!
Proposta CIG
O rexistro da xornada efectiva real e das horas extraordinarias, debería ser a conexión ao ordenador, coa clave persoal e intransferible de cada empregado/a, tendo en conta o tempo de apertura e peche do propio ordenador. As empresas tamén poderán implantar de xeito paralelo, un sistema de fichaxe por tarxeta persoal ou similar.
 
No caso da utilización de tabletas portátiles operativas fóra das oficinas, rexistrarase dende o momento de acceso ao sistema operativo coa clave informática persoal e intransferible, ata o peche da sesión.
 
No uso de móbiles intelixentes, computarase o tempo de chamadas (emitidas e recibidas), e tamén se rexistrará a apertura do correo electrónico de empresa coa clave de usuario/a e o tempo ata o peche da sesión.
 
Cando o traballador ou traballadora realice desprazamentos fóra do centro de traballo habitual (reunións internas de empresa, cursos formativos, ou visitas a clientela), o tempo de desprazamento terá a consideración de tempo de traballo.

A patronal di que a nosa proposta permitiría a fraude por parte do persoal. Cando historicamente a única bolsa de fraude existente é a empresarial, fraude que buscan perpetuar a base de argucias legais.

Insisten en non recoñecer como tempo de traballo efectivo ningún destes supostos, xa que establecen que cada persoa deba introducir cantas das horas que estivo na oficina foron de «traballo» (coma se fósemos alí a pasar o tempo). Algo inadmisible. Se teiman nesa postura non haberá acordo.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 170309 [.pdf • 133 kB]


Ningún comentario: