3 de marzo de 2017

8 de marzo: igualdade para que?

A CIG fai un chamamento a participar na manifestación nacional convocada pola CIG ante a conmemoración do , que sairá do ás 10:45 horas, concentrándonos ás 11 horas o día 8 de marzo, diante da , en Compostela, en solidariedade con , condutora de , por representar a meirande parte das discriminacións que sufrimos as mulleres no mundo do traballo, tras padecer durante 8 anos acoso e terrorismo patronal.


Manifestación unitaria do feminismo galego

Previamente, animámosvos a participar de xeito activo na manifestación nacional unitaria convocada un ano máis con motivo da conmemoración do 8 de marzo polo movemento feminista galego para o vindeiro domingo día 5 de marzo, que sairá ás 12 horas da , diante da estación de tren de Compostela. Así como a arroupar a iniciativa internacional impulsada polas organizacións feministas para este 8 de marzo de convocar un Paro Internacional de Mulleres, amosando a nosa solidariedade como central sindical coas compañeiras de diversos países do mundo que secundarán o paro convocado para este ano. Mentres esta iniciativa non se materializa no noso país, nós, simbolicamente pararemos con elas, facendo un paro de media hora no seu traballo, no centro educativo no que estuden, na súa casa, que saian á rúa. As que non poidan parar que vistan de negro ou violeta. A que todas inunden as redes sociais cun letreiro que amose a solidariedade coas mulleres que en moitos países do mundo van ir á folga, empregando os hashtags:            

Aproveitando o marco do Encontro Nacional de Delegadas da CIG que teremos proximamente, desde a da CIG abordaremos a posibilidade de impulsar unha folga de mulleres en Galiza, que abarque a todas as mulleres do país, desempregadas, xubiladas, traballadoras por conta propia, estudantes, etc., unha folga de coidados e de consumo como resposta aos feminicidios e as graves discriminacións que continuamos a sufrir as mulleres polo mero feito de selo. Nesta iniciativa traballaremos conxuntamente co movemento feminista galego para que participe de forma activa na convocatoria.


Mobilizacións con motivo do 8 de marzo

Paralelamente, como organización integrante da facemos un chamamento a participar nos actos convocados por esta organización, así como nos que esta participa xunto con outras organizacións do feminismo galego durante a semana do e que citamos a continuación:


  • 4 de marzo: mural reivindicativo en Vigo
  • 5 de marzo: 12 h. participación na manifestación nacional do feminismo galego en
  • 6 a 12 de marzo: accións de rúa en Vigo
  • 8 de marzo: 20 h. Manifestación en Vigo dende
  • 8 de marzo: 19 h. Concentración en Ferrolterra ()
  • 8 de marzo: 12 h. Paro simbólico en Ourense () e ás 20 h. Manifestacción da aos
  • 8 de marzo: 19 h. Manifestación do movemento feminista en Compostela ()



cartaz 8 Marzo - 2017



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]








Ningún comentario: