A CIG fai un chamamento a participar na manifestación nacional convocada pola CIG ante a conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora, que sairá do estadio de San Lázaro ás 10:45 horas, concentrándonos ás 11 horas o día 8 de marzo, diante da Secretaría xeral de Igualdade, en Compostela, en solidariedade con Nélida Pisco, condutora de Autobuses de Calo, por representar a meirande parte das discriminacións que sufrimos as mulleres no mundo do traballo, tras padecer durante 8 anos acoso e terrorismo patronal.