Amosando publicacións coa etiqueta día-internacional. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día-internacional. Amosar todas as publicacións

21 de novembro de 2025

Retroceder en dereitos incrementa a violencia

Os casos de Alfonso Villares (o Concelleiro do Mar da Xunta de Galiza foi imputado por un delito de agresión sexual) ou de Matías González Cañón (candidato do PP na Illa de Arousa condenado por violencia de xénero contra a súa expraella) demostran que, desde o goberno do PP na Xunta de Galiza, defenden e perdoan condutas machistas e violentas, asentando no imaxinario colectivo do pobo dúas perigosas mensaxes: que a violencia de xénero é algo que se pode perdoar, e que as mulleres realizan denuncias falsas que poñen aos homes nunha situación de indefensión, situándose a carón deles e non das vítimas.

A reorganización do organigrama da Xunta en materia de loita contra a violencia machista non foi casual. Suprimiron a Secretaría Xeral de Igualdade, reducíndoa a unha dírección xeral (só de Promoción), desvinculando a Violencia de Xénero da Promoción da Igualdade e poñendo á fronte un home (abordando a violencia desde unha perspectiva técnica e xurídica, non integral), orixinado que en xuño do pasado ano a CIG, xunto con outros 41 colectivos feministas galegos, instaramos a Valedora do Pobo a que interviñese.

É a maior parálise na institucionalización das políticas de Igualdade de xénero desde a supresión do SGI (Servizo Galego de Igualdade) na Xunta de Galiza logo de que o PP volvese ao goberno no ano 2009 tras o bipartito PSOE–BNG, e realizada xusto cando a taxa de violencia de xénero en Galiza aumentou case un 10 10 % a respecto do 2024. De media, os xulgados de violencia contra as mulleres reciben 21 denuncias, case unha denuncia cada hora.

29 de abril de 2025

1º Maio: Traballo, dereitos, soberanía. Galiza contra as guerras

1º Maio: Traballo, dereitos, soberanía. Galiza contra as guerras

Este Primeiro de Maio as traballadoras e traballadores galegos temos que tomar as rúas nunha xornada de denuncia e de loita contra as guerras imperialistas e a militarización da sociedade; contra a UE do capital e da extrema dereita e pola defensa dos servizos públicos, os dereitos laborais e un proxecto soberano para .

21 de novembro de 2024

Óllate no espello, rompe co machismo

Por iso consideramos que é preciso involucrarse activamente:


  • Individualmente non consentindo actitudes machistas, mesmo denunciando ante a policía, garda civil ou fiscalía, feitos que poidan constituír delitos.
  • Como representantes sindicais debemos solicitar a apertura do protocolo contra o acoso e a violencia, exixindo as sancións correspondentes; instando á negociación de protocolos cando estes non existan e solicitando formar parte da comisión instrutora. En caso de inacción ou de resolucións que supoñan vulneración de dereitos, denunciando ante a Inspección de Traballo.
  • Colectivamente, desde o sindicato e desde o feminismo galego, seguiremos denunciando as consecuencias lesivas do patriarcado, dos efectos deste na vida das mulleres, xa sexa en forma de violencia directa ou daquela indirecta exercida polas institucións, incapaces de sancionar con rotundidade e de previr situacións de asedio e agresións, ou que mesmo aproban medidas legais regresivas

Óllate no espello, rompe co machismo
O silencio fainos cómplices!
É imprescindíbel manifestar tolerancia cero contra as actitudes machistas

23 de novembro de 2023

25N: Non hai violencia que nos pare na conquista da igualdade

25N 2023

Ás portas do 25 de novembro continuamos a denunciar o sistema patriarcal, unha estrutura de organización e dominación sexo–xénero no que prevalece a autoridade e o poder dos homes e do considerado como masculino, mentres as mulleres son despoxadas do exercicio de liberdades, dereitos, poder económico, social ou político. A violencia de xénero é unha das manifestacións máis claras desta desigualdade, das relacións de poder dos homes sobre as mulleres.

Denunciamos a usurpación por parte das institucións das revindicacións do feminismo de clase, as cales en vez de recoñecer o importante papel desempeñado polas mulleres que foron quen de denunciar situacións de violencia e superalo, e de lograr coa súa loita que se produza todo un cambio social que está logrando mudanzas nos sistemas de organización social que afecran tamén aos lugares de traballo. As institucións desposúen as mulleres da súa soberanía, apropiándose dos avances logrados no camiño de obter espazos inspirados na xustiza, na igualdade e libres de violencia.

24 de novembro de 2022

Traballo digno e sen violencias

25N 2022

O Convenio nº 190 da OIT (Organización Internacional do Traballo) converteuse no primeiro Tratado Internacional que recoñece o dereito de toda persoa traballadora a desenvolver a súa actividade libre de violencia e acoso, incluíndo de xeito expreso a violencia e o acoso por razón de xénero. Este Convenio, xa ratificado polo Estado español, será de obrigado cumprimento para todas as empresas a partir de xuño de 2023, reforzando a obriga, introducida pola lei de Igualdade de 2007, de contar en todas as empresas con procedementos específicos para a prevención e actuación ante o acoso e incorporando aos mesmos todo tipo de violencias.

A nosa organización sindical leva décadas traballando activamente para mellorar a protección ante este tipo de situacións nas empresas, contando cun protocolo que, alén do acoso sexual e por razón que sexa, amplía a protección a múltiples situacións discriminatorias das que somos vítimas nos centros de traballo.

27 de abril de 2022

Contra a pobreza, políticas públicas e salarios dignos

1º Maio Día Internacional da Clase Obreira

Neste ano, o primeiro de maio ten lugar no medio da crítica situación económica e social pola carestía da vida na que xa viviamos, agravada polas consecuencias da guerra na Ucraína, a CIG propón un paquete de medida urxentes para atallar o impacto que os altos prezos dos bens e servizos básicos están a ter sobre as clases populares. Estas propostas, na liña das que xa trasladamos aos Gobernos español e galego para avanzar nunha saída galega xusta da crise, requiren dunha decidida intervención pública e inciden en varios ámbitos para poder garantir unhas condicións de vida dignas.

Resulta indecente que o Goberno acorde aumentar até un 2 % do PIB en Defensa sen dar solución á carestía da vida e ás graves carencias e necesidades sociais, servizos públicos e defensa do emprego digno.

A resposta á pobreza non pode ser máis políticas neoliberais como as que contén o chamado Plan de Resposta Económica á Guerra anunciado polo Goberno español que busca, entre outros obxectivos, a contención salarial, consolidando así os baixos soldos e a pobreza laboral. Esta ofensiva complétase co chamado Pacto de Rendas e as negociacións do acordo estatal de negociación colectiva onde, de novo, o diálogo social, UGT e CC.OO volven estar ao servizo do capital, e baixo a premisa de impor a moderación salarial, imposibilitan calquera recuperación do poder adquisitivo dos salarios.

Neste contexto, resulta lamentábel que o Goberno galego estea máis preocupado pola sucesión do PP no Estado que na busca de medidas para afrontar esta gravísima situación, practicando unha política de inacción e de abandono das súas competencias.

Cómpre pois reaccionar e seguir na loita para esixir medidas urxentes como as propostas pola CIG para frear os efectos devastadores dos altos prezos e poder ter unha vida digna.

7 de marzo de 2022

Mulleres traballadoras precarizadas polos gobernos

8M 2022
ViolenciaTraballo PensionsBaixas Igualdade CobramosMenos TraballosFeminizados ConciliacionInexistente Precariedade ReformaLaboral

Tras varios anos de reformas supostamente «progresistas», que nos venden como ferramentas útiles para acadarnos a igualdade, podemos concluír que a precariedade segue tendo cara de muller.

Durante a pandemia non se aproveitou para reforzar os servizos públicos de atención ás persoas, nin para valorizar os oficios relacionados co coidado, claramente feminizados. Nunca foi tan evidente o enorme valor que este tipo de traballos teñen e a necesidade de que deixen de ser un negocio en mans de empresas privadas que fan cartos grazas á explotación laboral de moitas mulleres.

23 de novembro de 2021

É acoso, é violencia machista no traballo

25N 2021

Ás portas dun novo 25 de novembro, tras un ano con alarmantes cifras de violencia, agravadas pola , volveremos a manifestarnos nas rúas diante da conmemoración do 61 aniversario do asasinato das irmás dominicanas Patria, Minerva e María Teresa Mirabal, no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

1 de marzo de 2021

8 de marzo de 2021: Mulleres en Folga

Eu Apoio a Folga de Mulleres do 8 de marzo de 2021
A CIG convoca folga de mulleres de 24 horas o vindeiro 8 de marzo de 2021, no . Fronte a quen poida pensar que non é momento de convocar unha , nunha Galiza con peches perimetrais, con limitacións de mobilidade e mesmo toques de queda, desde o feminismo de clase consideramos que urxe manifestarnos e combater nas rúas os ataques aos nosos dereitos, porque se algo evidenciou a pandemia é que as mulleres seguimos condenadas polo sistema a sufrirmos as máximas consecuencias da crise.

24 de novembro de 2020

Descoidar a quen coida é Violencia Machista

25N 2020

Que sería de nós sen as persoas que limpan, curan e coidad das persoas enfermas, das crianzas ou das persoas dependentes? Que valor teñen para a sociedade este tipo de funcións cando se converten en profesións? Que valor lles damos cando estes labores son realizados de balde, por persoas da nosa familia ou entorno máis próximo? Son ou non traballos esenciais para a comunidade?

A pandemia derivada da puxo de manifesto a importancia do traballo doméstico e de coidados. Mais o papel predominante das mulleres como coidadoras no ámbito familiar e traballadoras de atención sanitaria de primeira liña, expuxo ás mulleres de maneira desproporcionada ao coronavirus.

22 de novembro de 2019

A precarización do traballo dos coidados é Violencia Machista

25N

Todas as persoas necesitamos e necesitaremos coidados nalgún momento. A nosa vida non sería viábel sen que alguén se fixese cargo de nós, ou sen que alguén nos coidase e nos protexese. Porque as persoas precisamos de coidados durante o proceso de crecemento, máis tamén durante as enfermidades, as dicapacidades que poidan xurdir, o proceso de envellecemento e finalmente na morte.

Por ese motivo, o estado ten a obriga e o deber de asumir con urxencia a necesidade de socializar o coidado, recoñecéndoo como un dereito universal para todas as persoas, e rematando coa inercia social de que este dependa exclusivamente da familia e, en concreto, nas mulleres. Os recursos e servizos sociais de atención ás persoas teñen que deixar de ser unha actividade residual, socialmente pouco valorada e con escasas retribucións. Especialmente se temos en conta o envellecemento poboacional que deriva directamente na extensión de enfermidades crónicas e polo tanto na necesidade de coidados durante unha porción maior da vida.

29 de abril de 2019

Na Galiza emprego, salarios e pensións dignas

Camiñamos cara ao 1º de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, coa necesidade de tomar as rúas para esixir un cambio real e profundo nas políticas executadas coa escusa da crise, porque segue a medrar a precariedade e a pobreza laboral e continúa a perda de poder adquisitivo da clase traballadora galega.

As novas formas de explotación laboral introducidas coas reformas laborais están a fomentar un empobrecemento xeneralizado da clase traballadora e un incremento das discriminacións de xénero, ao que se lle suma o desmantelamento da nosa industria, os ERE, os peches e a deslocalización de empresas.

O Goberno español do PSOE demostrou que non tivo intención real de cambiar as políticas impostas polo PP, mantén basicamente o modelo económico e de relacións laborais nacido das reformas laborais aprobadas no 2010 e no 2013, e que ten significado un verdadeiro «golpe de Estado» aos dereitos laborais, sociais, da negociación colectiva, das liberdades públicas e do sistema público de pensións.


8 de febreiro de 2018

8 de marzo: MULLERES EN FOLGA

Día Internacional da Muller Traballadora

A CIG convoca folga no marco do PARO INTERNACIONAL DE MULLERES que o 8 de Marzo secundarán máis de 50 países, para reivindicar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas condicións de traballo, na esfera social e o dereito a vivir sen violencia.

A CIG fai un chamamento a secundar este paro de mulleres para seguir reivindicando neste 8 de Marzo que queda moito por facer pola igualdade e por visualizar a contribución de todas as mulleres ao mundo. Paramos porque non podemos seguir aturando tanta discriminación e violencia. Porque hai que concienciar do traballo que fan as mulleres. Que o noso papel na sociedade non é subsidiario. Que somos a metade de , a metade do mundo. Imos demostrar que o mundo non xira igual se paramos as mulleres. Sóbrannos razóns para ir á folga.

Rexistramos a convocatoria de paros parciais en cada unha das quendas durante o vindeiro 8 de Marzo, dando cobertura legal a todas as traballadoras galegas de todos os sectores produtivos e de todos os centros de traballo, para participarmos neste día de protesta, reivindicación e mobilización: folga no traballo asalariado, folga de consumo, folga de brazos cruzados nas tarefas de coidado, boicot ás empresas con publicidade ou reclamo sexista, e a mobilizarse canda nós este 8 de Marzo, coas feministas, coas sindicalistas, participando de xeito activo na xornada.

Facemos un chamamento a que, nun momento dado do día, as mulleres deixemos o que estamos a facer e PAREMOS para que entendan que non imos permitir máis ataques aos nosos dereitos. Visibilizaremos o traballo achegado polas mulleres nun día normal para o seu recoñecemento. Marcharemos XUNTAS en mobilización amosando o poder da nosa UNIDADE.

Sóbrannos razóns para ir á folga:

23 de novembro de 2017

Violencia: Nin na rúa, nin no traballo, nin na casa

Durante o mes de novembro veremos en máis dunha ocasión imaxes de mulleres vítimas da violencia, unha realidade que durante o resto do ano permanece agochada, agás polas novas de asasinatos ou agresións recollidas na prensa, que nos removen e indignan ao instante, mais que logo se esquecen, como se falaramos de sucesos puntuais e non dun problema social.

A meirande parte dos esforzos en combater a violencia machista céntranse nas vítimas e non en quen exerce a violencia, que é cara a quen debe poñerse o foco. Porque para previr a violencia hai que tratar de evitata na orixe, eliminando as súas causas estruturais, promovendo relacións de respecto e igualdade desde idades temperás. E isto será posíbel na medida en que o xénero masculino comece a cuestionarse o lugar que ocupa na sociedade, en que mulleres e homes interioricemos as desigualdades e rachemos coas normas sociais que perpetúan o control e o poder que os homes exercen sobre as mulleres e reforzan a tolerancia cara á violencia machista. Un cuestionamento que pasa por identificar esas condutas, sexan propias ou por parte doutras persoas, e desbotalas. Por conseguir que a casa e os espazos públicos sexan máis seguros para as mulleres, garantindo a seguridade destas tamén nas súas relacións, no traballo e, en definitiva, nas súas vidas.

Por iso propomos actuar nos seguintes eidos:


3 de marzo de 2017

8 de marzo: igualdade para que?

A CIG fai un chamamento a participar na manifestación nacional convocada pola CIG ante a conmemoración do , que sairá do ás 10:45 horas, concentrándonos ás 11 horas o día 8 de marzo, diante da , en Compostela, en solidariedade con , condutora de , por representar a meirande parte das discriminacións que sufrimos as mulleres no mundo do traballo, tras padecer durante 8 anos acoso e terrorismo patronal.


23 de novembro de 2016

25 de novembro, combatendo a violencia machista

Desde a Confederación Intersindical Galega facemos un chamamento a participar nos actos e mobilizacións convocados arredor do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres.

A CIG convoca unha Manifestación nacional que partirá ás 12 h. desde o (situado fronte á segunda entrada do Estadio de San Lázaro, preto do edificio sindical, en Compostela) até o edificio administrativo da Xunta de Galiza en San Caetano, porque simboliza a nosa resposta ante os recortes e a pasividade do goberno fronte a violencia machista.

Esta manifestación convocada pola CIG para a propia mañá do 25 de novembro non será a única da xornada, por iso facemos un chamamento a participar nas mobilizacións, concentracións e accións de rúa convocadas polo movemento feminista en Galiza, e concretamente nos convocados pola Marcha Mundial das Mulleres, da que a CIG forma parte, en:

8 de marzo de 2016

Precarias

O fenómeno da feminización da pobreza non é novo. Mais a crise, as reformas laborais implantadas ao abeiro desta, as reformas fiscais que incrementaron directamente as desigualdades, xunto coa redución da capacidade distributiva do sector público, ou os recortes en servizos sociais, fixeron agromar unha nova figura laboral, xa case esquecida, que se vén coñecendo como «pobre laboral», unha persoa con emprego pero que ten uns ingresos que non lle permiten superar a liña da pobreza.

Antes as persoas eran pobres porque pertencían a grupos sociais sen acceso ao mercado de traballo. Agora, a precarización do emprego fai que non poidan cubrir as necesidades mínimas vitais para poder vivir de xeito digno.

Esta situación de pobreza e precariedade afecta a homes e mulleres, mais non do mesmo xeito. É unha realidade o aumento da proporción de mulleres entre a poboación pobre. Este feito contribúe a un crecente empobrecemento material das mulleres, a un empeoramento das súas condicións de vida e á vulneración dos seus dereitos fundamentais.

Se tivésemos que resumir a situación das mulleres traballadoras en Galiza poderíamos facelo empregando seis conceptos: inactividade, desemprego, eventualidade, empregos a tempo parcial, fenda salarial, economía somerxida, infrasalarios. En síntese: PRECARIAS.

29 de abril de 2015

Contra a probreza, emprego e salarios dignos

Contra a probreza, emprego e salarios dignos

Fronte á propaganda do PP de que a crise está superada e de que todo vai ben, a realidade é que celebramos este 1º de Maio nunha situación de enorme dificultade para amplos sectores da clase traballadora galega. A situación só vai ben para aqueles que son os responsábeis desta crise económica, os banqueiros/as, os especuladores/as, os oligarcas españois amigos/as do PP.

A realidade que a Xunta de Galiza e o Goberno español, coa colaboración dos grandes medios de comunicación de masas, manipulan e ocultan todos os días, se por algo se caracteriza é por un forte retroceso en dereitos laborais e sociais e en calidade de vida, para amplos sectores da sociedade, até o extremo de levar a miles de persoas a una situación de pobreza e de exclusión social, acompañado todo isto dunha forte política represiva e de recorte das liberdades públicas.

6 de marzo de 2014

8 de marzo

Non estamos para festas, nin frivolidades. Para nós o 8 de marzo é unha data para a lembranza dunha loita aínda vixente e pendente de acadar. As mulleres da CIG seguimos na procura do recoñecemento dos nosos dereitos máis fundamentais; na confrontación contra unha crise económica, coa que se pretende a consolidación do sistema capitalista patriarcal, que xera fame, miseria, desemprego e desarraigo, que nos nega o noso dereito a decidir como mulleres.