7 de marzo de 2022

Mulleres traballadoras precarizadas polos gobernos

8M 2022
ViolenciaTraballo PensionsBaixas Igualdade CobramosMenos TraballosFeminizados ConciliacionInexistente Precariedade ReformaLaboral

Tras varios anos de reformas supostamente «progresistas», que nos venden como ferramentas útiles para acadarnos a igualdade, podemos concluír que a precariedade segue tendo cara de muller.

Durante a pandemia non se aproveitou para reforzar os servizos públicos de atención ás persoas, nin para valorizar os oficios relacionados co coidado, claramente feminizados. Nunca foi tan evidente o enorme valor que este tipo de traballos teñen e a necesidade de que deixen de ser un negocio en mans de empresas privadas que fan cartos grazas á explotación laboral de moitas mulleres.

Durante os últimos anos de paros parciais e folgas laborais de mulleres, de folgas de mulleres estudantes, de folgas de consumo e de coidados, non todas as mulleres puideron exercer o seu dereito á folga e parar, mais o que si conseguimos foi pór no centro do debate social os problemas que temos as galegas e cales son as propostas do feminismo de clase para os solucionar.

Enfrontámonos a unha nova conmemoración do 8 de Marzo, interpelando directamente aos gobernos, institucións e empresas.


Sufrimos todo tipo de violencias no traballo

  • Sufrimos acoso sexual, acoso por razón de sexo, por exercer os nosos dereitos de conciliación, por estar embarazadas, agresións, insultos, desvalorización, e en definitiva violencia machista no traballo. Violencia que se acentúa se temos diversidade funcional, se somos lesbianas, trans, inmigrantes, racializadas, mozas, maiores…
  • Os protocolos de acoso non son ferramentas disuasorias nin utiles para protexer a quen o sofre.


As mulleres cobramos as pensións máis baixas

  • A fenda nas pensións é do 35'02 %.
  • A pensión media dunha galega é de 678  fronte aos 1.043  que percibe de media un galego.
  • As mulleres temos unhas pensións medias un 35 % inferiores ás dos homes e máis do 60 % das persoas con pensión máis baixas somos mulleres.
  • A proposta de aumentar os anos de vida laboral como referencia para calcular a pensión, aumentará a desigualdade.


Os plans de igualdade quedan en papel mollado

  • As empresas non cumpren e non hai un mecanismo de control e sanción.
  • Non definen un sistema de clasificación profesional xusto e transparente (valoración de postos de traballo).
  • Non corrixen discriminacións nin melloran as medidas recollidas na lexislación.
  • Non realizan o rexistro retributivo nin auditoría retributiva ou ben achegan unha información parcial e tendenciosa.


As mulleres cobramos menos ca os homes

  • A fenda é do 19 %, o cal supón uns ingresos de 17.720€ brutos ao ano fronte aos 21'78 % dos homes.
  • A rama de actividade que engloba servizos persoais e de lecer (cunha taxa de feminización de case o 60 %), a fenda é do 31'4 %.
  • A fenda non é maior por se reducir máis o emprego dos homes, e ao ser máis as mulleres en actividades esenciais.
  • Terán que pasar 300 anos para conseguir os mesmos salarios que os homes.
  • As empresas ocultan a fenda no rexisttro retributivo, maquillan os datos para non ter que xustificar a discriminación existente e non aplican medidas efectivas.
  • A obriga de igual retribución por un traballo de igual valor, ficou en papel mollado.


Os traballos feminizados son un nicho de marcado precario e desvalorizado

  • As empregadas do fogar non poden estar desposuídas de protección social, debendo estar integradas no réxime xeral.
  • Os servizos de axuda no fogar, en mans de empresas privadas, ou mesmo xestionados por AA.PP, constitúen unha relación laboral de semi escravitude.
  • A atención sociosanitaria está colapsada, non se cobren as baixas, non se amplia o persoal e anúlanse dereitos consolidados.
  • O ensino público segue a arrastrar falta de recursos, sobrecargando as traballadoras cos xestión da pandemia.
  • Convenio feminizados como o da conserva perpetúan desigualdades slariais polo sistema de clasificación profesional.


Os dereitos de conciliación son case inexistentes

  • Non deixan máis opción que reducir a xornada diariamente e, por tanto, os salarios.
  • Conseguir adaptar a xornada depende da vontade da empresa ou dunha sentenza xudicial.
  • Nin tan sequera durante o contexto da pandemia da se artellou por parte dos gobernos unha solución para poder ficar ao coidado de crianzas ou familiares en corentena ou enfermas.
  • A única opción pasa por acollerse ao «plan me cuida&raqua; (que supón reducir a xornada até o 100 % acreditando estas circunstancias excepcionais).
  • O permiso de lactación debe ampliarse ata os 12 meses, tal e como recomenda a OMS.
  • As prestacións por nacemento non teñen en conta as dificultades das familias monoparentais, e no caso da martenidade biolóxica ten a mesma dureción desde o ano 1989 (33 anos agardando por unha ampliación da que só se beneficiaron as súas parellas).


As mulleres temos condicións de traballo máis precarias


Máis contratos temporais
  • A temporalidade é maior para as mulleres, mesmo na administración pública.
  • A taxa de temporalidade nas mulleres é do 26'8 % fronte ao 22'2 % dos homes.
Máis contratos a tempo parcial
  • Do total de mulleres asalariadas, o 23'4 % sono a tempo parcial, entre os homes só o son o 6 %.
Máis desemprego
  • 75.400 mulleres desempregadas no ano 2021 fronte a 67.700 homes, sen contar as miles que abandonaron o mercado de traballo para dedicarse ao traballo no fogar.


A nova reforma laboral precariza aínda máis ás mulleres


Co mantemento de:
  • Despedimento fácil e barato.
  • Desregularización de xornada.
  • Dificultade para a escolla do horario da reducción de xornada.
Incorporando medidas lesivas:
  • Novos contratos de formación e temporais que impiden a estabilidade e perpetúan ingresos baixos.
  • Novo contrato fixo discontinuo, moi implantado en sectores feminizados.
  • Modalidade de ERTE's que favorecen de cartos públicos ás empresas á costa de afondar na precariedade.


Mobilizámonos contra que ten a responsabilidade de garantir os nosos dereitos

Esiximos que esta situación de desigualdade remate xa!




Ligazón relacionada:

Xornal Avantar:



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Folleto/cartaz 8M 2022 [.pdf • 3,8 MB]


Ningún comentario: