Amosando publicacións coa etiqueta 8M. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 8M. Amosar todas as publicacións

6 de marzo de 2026

Por unha iguladade real no BBVA

BBVA asinou en 2023 un Plan de Igualdade no que asume que ten unha Auditoría Salarial fallida.

Os sindicatos asinantes deron un balón de osíxeno de 18 meses no propio Plan para negociar un novo Sistema de Avaliación de Postos de Igual Valor. Os 18 meses remataron en xaneiro de 2025 e chocaron cunha OPA que, sendo o único importante nese momento, deixou na «lista de agarda» o desenvolvemento dun sistema que nos permita coñecer a fenda salarial real no BBVA. Cousa imposíbel até o momento.

En xuño de 2025 o banco convocou só aos sindicatos asinantes a unha xuntanza na que presentou un novo sistema para a avaliación de postos, non negociado.

A CIG non foi convocada e, como xa lle indicamos á empresa, a negociación deste novo sistema é unha competencia da Mesa Negociadora na que temos que estar todas as partes. Non se pode deixar fóra a ninguén baixo o pretexto de facelo a través dunha comisión de seguimento. Cada cousa para o que é. O Plan de Igualdade remata en 2027. Botade contas.

Celebramos este 8M con sobrados motivos para reclamar ao BBVA que se suba «de verdade» ao carro do feminismo, con plena consciencia:

  • Queremos coñecer a Fenda Salarial real e os seus motivos.
  • Queremos non ter que acadar os mesmos obxectivos se estamos en redución de xornada e salario.
  • Queremos facer extensiva a concreción horaria como a mellor ferramenta de conciliación e non ter que renunciar ao noso salario.
  • Queremos eliminar o chan pegañento que discrimina a tantas compañeiras e frustra carreiras e talento.
  • (escribe o teu motivo)

Sobran os motivos para saír á rúa, tamén por unha igualdade real no BBVA, porque o 8M vai de loita e reivindicación, súmate á CIG!

8M

6 de marzo de 2025

8M: Traballo, Igualdade e Salarios Dignos nunha Galiza con Dereitos

8M 2025

Nos últimos anos, paralelamente á socialización das reivindicacións do movemento feminista, a maquinaria do capitalismo vense apropiando da loita das mulleres, ideando un novo relato que exalta unha figura de «supermuller» totalmente desvinculada da revindicación feminista de clase. Unha realidade que comenza no momento en que se elimina a palabra «traballadora» do nome do día.

O 8M non pode seguir desvinculado da compoñente obreira que lle deu orixe nin das reivindicacións e denuncias polas que foi creado. Na actualidade as mulleres seguen a exixir TRABALLO, IGUALDADE E SALARIOS DIGNOS que lles permitan vivir dignamente. Porque a pesar da evolución en materia de dereitos formais conseguios durante os últimos séculos, o certo é que a lexislación en igualdade non serviu para reducir e eliminar a fenda salarial, nin garantir unha valoración xusta dos traballos feminizados, nin unhas retribucións iguais para traballos de igual valor.

7 de marzo de 2024

Stop Precariedade. Traballo digno e igualdade

Stop Precariedade

Hoxe en día ter traballo xa non permite os ingresos necesarios para vivir dignamente e poder acceder a dereitos básicos como alimentación e vivenda. E entre as persoas máis precarias encóntrase as mulleres, covertidas en man de obra barata, parecendo non ter fin a fenda salarial. Neste sentido, a situación de precariedade das mulleres aínda se ve incrementada cando estas pertencen á súa vez a colectivos que teñen tamén especial vulnerabilidade: mocidade ou vellez, racializadas, colectivo LGBTI

7 de marzo de 2022

Mulleres traballadoras precarizadas polos gobernos

8M 2022
ViolenciaTraballo PensionsBaixas Igualdade CobramosMenos TraballosFeminizados ConciliacionInexistente Precariedade ReformaLaboral

Tras varios anos de reformas supostamente «progresistas», que nos venden como ferramentas útiles para acadarnos a igualdade, podemos concluír que a precariedade segue tendo cara de muller.

Durante a pandemia non se aproveitou para reforzar os servizos públicos de atención ás persoas, nin para valorizar os oficios relacionados co coidado, claramente feminizados. Nunca foi tan evidente o enorme valor que este tipo de traballos teñen e a necesidade de que deixen de ser un negocio en mans de empresas privadas que fan cartos grazas á explotación laboral de moitas mulleres.

1 de marzo de 2021

8 de marzo de 2021: Mulleres en Folga

Eu Apoio a Folga de Mulleres do 8 de marzo de 2021
A CIG convoca folga de mulleres de 24 horas o vindeiro 8 de marzo de 2021, no . Fronte a quen poida pensar que non é momento de convocar unha , nunha Galiza con peches perimetrais, con limitacións de mobilidade e mesmo toques de queda, desde o feminismo de clase consideramos que urxe manifestarnos e combater nas rúas os ataques aos nosos dereitos, porque se algo evidenciou a pandemia é que as mulleres seguimos condenadas polo sistema a sufrirmos as máximas consecuencias da crise.

19 de febreiro de 2019

8 de marzo de 2019: Mulleres en Folga

Na histórica xornada do 8 de marzo do pasado ano, miles de galegas ateigamos as prazas e vilas do país participando no internacional de mulleres, conseguindo pór no foco do debate social a problemática dos coidados e a discriminación que sufrimos as mulleres tanto nos lugares de traballo como fóra destes. Un ano despois, cómpre impulsarmos na Galiza un novo día de loita, para que dunha vez por todas o poder entenda que as mulleres estamos fartas da desigualdade e das agresións que sufrimos e porque non imos permitir que nos fagan retroceder nos nosos dereitos, cando aínda nos quedan moitos por conquistar.

A precariedade segue a ser a definición da tipoloxía do emprego das galegas. Seguimos a sufrir fenda salarial, traballando en categorías inferiores, con peores retribucións polo mero feito de sermos mulleres. Continuamos afastadas dos grupos de poder e de toma de decisións por mor dun chan pegañento que nos impide promocionar. Seguimos aturando acoso e agresións sexuais a pesar da existencia de protocolos nas empresas. Aínda somos despedidas a causa da nosa maternidade. Continuamos realizando duplas e triplas xornadas e con escasos dereitos laborais que faciliten a conciliación, obrigándonos na práctica a reducir horarios e ingresos.

1 de febreiro de 2019

Eleccións sindicais: as nosas propostas

O vindeiro 13 de febreiro as traballadoras e os traballadores do BBVA temos a oportunidade de elixir as persoas que nos van a representar nos próximos catro anos, e pedimos o teu apoio nas urnas para seguir traballando na defensa dos dereitos de todos e todas nós. Velaquí a nosa folla de ruta:

Estabilidade no emprego e condicións xustas de traballo:
Loitamos contra o peche de oficinas e a amortización de postos de traballo, denunciando a destrución de postos estruturais. Defendemos unha formación de calidade, presencial e dentro da xornada.
Igualdade:
A conciliación e a promoción paritaria son cuestións irrenunciables. Reclamamos un que recolla as demandas do persoal. e son datas senlleiras, pero a nosa loita é todo o ano. Somos un sindicato feminista.
Xornada regulada:
Loitamos contra as nas rúas e nos xulgados. A real pasa por rematar coas prolongacións de xornada e as reunións fóra de hora.
Saúde e seguridade
Demandamos a correcta e posterior erradicación dos . No CESS trasladamos a situación real e promovemos iniciativas concretas. Vixiamos o estado da nos centros de traballo, actuando con inmediatez ante situacións de risco.
Contra a sobrecarga de traballos e as presións:
Esiximos unha dotación axeitada de persoal e o fin das e da arbitrariedade dos procesos de avaliación; e loitamos contra os «semáforos» e «pool de baixo desempeño», tamén ante a .
Somos a voz sindical próxima:
Traballamos ao teu carón nas oficinas e vivimos a realidade do día a día. Trasladamos as reivindicacións do persoal á , e nos nosos comunicados. Somos un modelo sindical participativo e asembleario no que contamos todos e todas!

O noso único interes é o teu, e por iso esperamos conseguir unha posición forte de cara á próxima , do Plan de Igualdade e de todos os retos que están por vir.


22 de novembro de 2018

Fartas do acoso e da violencia machista

A pesar da rotunda reposta que demos as mulleres nas rúas o pasado 8 de marzo e o certo é que os gobernos só recoñeceron o éxito da convocatoria do mevemento feminista, mais non asumiron ningunha proposta política, social ou económica real do feminismo de clase para combater as desigualdades de xénero.

Desde esta histórica , foron moitas as accións levadas a cabo pola CIG contra as discriminacións por razón de xénero no mundo do traballo no marco dunha campaña sostida no tempo a través da cal se pretende identificar, denunciar, sensibilizar e combater as discriminacións que sofren as mulleres, polo feito de o seren, no mundo laboral.

Como os casos de acoso e doutros tipos de violencia machista seguen sendo esmagadoramente altos, desde o sindicalismo nacionalista levamos moitos anos instando á negociación de protocolos de prevención e actuación ante situacións de acoso laboral, por razón de xénero e identidade afectivo/sexual, de plans de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, con medidas reais a efectivas de prevención e actuación contra este tipo de situacións, mais na meirande parte dos casos, estes documentos ou non se negocian ou son simples declaracións de intencións que fican no fondo dun caixón.

19 de febreiro de 2018

Acordo MiFID, 17 de maio, Avaliacións e Xunta de Accionistas

Acordo MiFID: conseguiu o seu obxectivo e o banco non o necesita

O problema da Formación MiFID non é o «premio» para quen aprobe, é moito máis complexo. Por iso a CIG presentou unha papeleta de conflito colectivo por todo o que ten que ver coa formación MiFID (catálogo de postos, formación mínima requirida, compensacións, etc). Houbo o acto de conciliación no SIMA en (preceptivo antes de ir á Audiencia Nacional) e non houbo acordo. Rapidamente o BBVA convocou unha mesa, co único obxectivo de chegar a un acordo que impedise o noso conflito ante a xustiza. E rapidamente, o mesmo día, CC.OO , UGT e ACB aceptaron. O banco, cumprido o seu obxectivo, incumpre o acordo. Que non se laien, cando o asinaron eran conscientes do que pretendía a empresa e do papel que xogaron.

8 de febreiro de 2018

8 de marzo: MULLERES EN FOLGA

Día Internacional da Muller Traballadora

A CIG convoca folga no marco do PARO INTERNACIONAL DE MULLERES que o 8 de Marzo secundarán máis de 50 países, para reivindicar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas condicións de traballo, na esfera social e o dereito a vivir sen violencia.

A CIG fai un chamamento a secundar este paro de mulleres para seguir reivindicando neste 8 de Marzo que queda moito por facer pola igualdade e por visualizar a contribución de todas as mulleres ao mundo. Paramos porque non podemos seguir aturando tanta discriminación e violencia. Porque hai que concienciar do traballo que fan as mulleres. Que o noso papel na sociedade non é subsidiario. Que somos a metade de , a metade do mundo. Imos demostrar que o mundo non xira igual se paramos as mulleres. Sóbrannos razóns para ir á folga.

Rexistramos a convocatoria de paros parciais en cada unha das quendas durante o vindeiro 8 de Marzo, dando cobertura legal a todas as traballadoras galegas de todos os sectores produtivos e de todos os centros de traballo, para participarmos neste día de protesta, reivindicación e mobilización: folga no traballo asalariado, folga de consumo, folga de brazos cruzados nas tarefas de coidado, boicot ás empresas con publicidade ou reclamo sexista, e a mobilizarse canda nós este 8 de Marzo, coas feministas, coas sindicalistas, participando de xeito activo na xornada.

Facemos un chamamento a que, nun momento dado do día, as mulleres deixemos o que estamos a facer e PAREMOS para que entendan que non imos permitir máis ataques aos nosos dereitos. Visibilizaremos o traballo achegado polas mulleres nun día normal para o seu recoñecemento. Marcharemos XUNTAS en mobilización amosando o poder da nosa UNIDADE.

Sóbrannos razóns para ir á folga: