A CIG chama a participar na Manifestación Nacional de Mulleres do domingo 4 de Marzo en Vigo.
Impulsada pola Asemblea Galegas 8M no marco da folga do Día da Muller Traballadora, o colectivo fai un chamamento a participar activamente na xornada de Folga de Mulleres convocada a nivel internacional para o vindeiro 8 de marzo. Unha folga que vai máis aló do paro laboral, facendo un chamamento tamén a realizar unha folga de coidados e de consumo, que axude a visibilizar as discriminacións e a desigualdade, así como o contributo das mulleres tanto na esfera produtiva como reprodutiva. Pretende tamén darlle pulo ás convocatorias que terán lugar o propio día 8 nas diferentes localidades do país.
Ao final desta publicación podes consultar o relatorio sobre a Situación Laboral das Mulleres na Galiza 2017, onde o sector de Entidades Financieras e Aseguradoras ocupa o segundo posto no apartado de Fenda Salarial (29,4%).
Compañeiras do BBVA, sobran razóns para ir a Folga o 8 de Marzo. Ás 12 da mañá, faremos un paro de dúas horas.
Compañeiros do BBVA, nesta data, o voso papel é fundamental para facilitar que as mulleres saiamos e fagamos o Paro programado. Apoiade a Folga do 8 de Marzo.
Asemade tedes no seguinte ligazón, o calendario das concentracións que se celebrarán por todo o país e, cando non sexa posíbel, animámosvos a concentrarvos diante dos centros de traballo.

➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario