Amosando publicacións coa etiqueta asemblea. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta asemblea. Amosar todas as publicacións

21 de abril de 2023

Asemblea Santiago: esta loita tamén é polo dereito á nosa saúde mental

Na asemblea aberta de Santiago, púxose sobre a mesa o noso dereito a traballar sen ter que medicarnos. As políticas comerciais e laborais dos bancos afectan a nosa saúde mental.

Asemblea Compostela (19/04/2023)

A asemblea de traballadores e traballadoras de banca, estivo centrada coma nas anteriores, no brutal recorte salarial que estamos sufrindo pola conxelación salarial, pola falta de cláusulas de revisión co IPC e por subas que non xiran sobre toda a masa salarial.

Unha vez máis abordamos as agresivas políticas comercias, os obxectivos crecentres e unha lexislación que nos responsabiliza pola actuación das cúpulas comerciais.

14 de abril de 2023

Asemblea aberta de traballadoras/es de banca en Compostela e na Coruña. Participa!

Traballadoras e os traballadores de banca decidimos mobilizarnos, queremos que veñas con nos, que estes ao noso lado.

Como todos e todas xa coñecedes estamos nun proceso de asembleas de traballadores e traballadoras para compartir convosco que facer na tesitura actual.

Os bancos son competidores, pero poñense de acordo entre eles tanto no modelo laboral/comercial, coma na intención de aproveitar a suba dos prezos para recordarnos os salarios. Por iso os traballadores e traballadoras de banca debemos unir as nosas forzas

13 de marzo de 2023

Asembleas abertas de traballadoras/es de banca. Participa!

A situación que vivimos os traballadores e as traballadoras dos bancos é de sobra coñecida:

Unha perda de poder adquisitivo brutal. Durante a crise obrigáronnos a apertarnos o cinto, agora que hai beneficios históricos só actualizan co IPC os salarios dos Directivos.

As salvaxes políticas comerciais, baseadas en obxectivos e unha presión crecente para conseguilos, son unha espada de Damocles sobre as nosas cabezas e nos sitúan nun permanente conflito de intereses. A MiFID parece que só é unha carga para o persoal, con formacións e asuncións de responsabilidade, pero as políticas comerciais quedan á marxe. Unhas políticas comerciais que son unha falta de respecto á nosa profesionalidade.

1 de marzo de 2018

Manifestación Nacional e Folga de Mulleres, os días 4 e 8 de Marzo

A CIG chama a participar na Manifestación Nacional de Mulleres do domingo 4 de Marzo en .

Impulsada pola no marco da folga do , o colectivo fai un chamamento a participar activamente na xornada de Folga de Mulleres convocada a nivel internacional para o vindeiro 8 de marzo. Unha folga que vai máis aló do paro laboral, facendo un chamamento tamén a realizar unha folga de coidados e de consumo, que axude a visibilizar as discriminacións e a desigualdade, así como o contributo das mulleres tanto na esfera produtiva como reprodutiva. Pretende tamén darlle pulo ás convocatorias que terán lugar o propio día 8 nas diferentes localidades do país.

21 de setembro de 2012

Asembleas traballadores e traballadoras da banca

Como xa temos anunciado, a CIG ten en marcha a convocatoria de asembleas para poder debater a situación actual do sector financeiro, sometido a unha dura reestruturación, que está derivando cara a medidas traumáticas en moitas entidades.

Agardamos contar coa participación de todos e todas vós, dende o convencemento de que só a través dunha resposta por parte dos traballadores e traballadoras, poderemos garantir os postos de traballo e unha saída non traumática á crise.

17 de setembro de 2012

Defendamos os postos de traballo
Asembleas de traballadores/as de todos os Bancos

O sector financeiro ten vivido nun proceso de reestruturación permanente ao longo das últimas décadas, realizado sempre a través de medidas non traumáticas e prexubilacións. Dende o comezo da crise fóronse abrindo paseniñamente procesos traumáticos, Expedientes de Regulación de Emprego (inicialmente de prexubilacións), que derivaron cara a despedimentos puros e duros.

Neste momento, nun gran número de empresas do sector financeiro están abertos procesos de milleiros de despedimentos, ou se agardan procesos deste tipo para os vindeiros meses (entidades nacionalizadas Novagalicia, Banco Gallego, Catalunyacaixa; bancos en procesos de fusión… etc). O Real Decreto Lei 24/2012 de «Reestruturación e resolución ordenada de entidades», aprobado polo PP, ten como obxectivo a reestruturación, liquidación e resolución de Entidades, e unha maior concentración. Hoxe incluso grandes bancos (BBVA—Unnim ou Sabadell—CAM) teñen en marcha procesos con despedimentos masivos que, unha vez abertos, poden estenderse a todo o cadro de persoal. Outros como o Santander, recortan sen recato os dereitos dos traballadores/as, concretamente en materia de Prevención Social, facéndolles pagar o burato de 450 millóns de euros no seu fondo interno. O Banesto, Entidade do Grupo Santander, ten reducido o seu cadro de persoal un  18% dende o ano 2007 a través dun ERE encuberto.