Traballadoras e os traballadores de banca decidimos mobilizarnos, queremos que veñas con nos, que estes ao noso lado.
Como todos e todas xa coñecedes estamos nun proceso de asembleas de traballadores e traballadoras para compartir convosco que facer na tesitura actual.
Os bancos son competidores, pero poñense de acordo entre eles tanto no modelo laboral/comercial, coma na intención de aproveitar a suba dos prezos para recordarnos os salarios. Por iso os traballadores e traballadoras de banca debemos unir as nosas forzas
As persoas que participamos até o de agora nas asembleas dedicimos mobilizarnos, primeiro con concentracións e logo se fixera falta cunha folga, para a que sería necesario sumar todos os esforzos.
Unha mobilización na que agardamos podamos xuntar a vontade de todas as persoas que queremos berrar alto e claro que xa basta, sen protagonismo estéril de siglas sindicais. Outra cuestión é que alguén tiña que organizalo e dar o paso, e foi a CIG.
Non me recortes máis o salario, co que traballo teñoo ben merecido
Non me subas os obxectivos de xeito crecente, ten en conta o que xa fago
Non me metas máis presión comercial, son profesional e responsábel.
Asembleas en…
- Santiago: 19 de abril ás 19 h. no Centro Sociocultural José Saramago (rúa Carlos Maside 7 —Vite— en Compostela)
- A Coruña: 26 de abril ás 19:30 h. no salón de actos do Edificio Sindical (Av. Alfonso Molina 90 na Coruña).
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario