Amosando publicacións coa etiqueta reforma-pensións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta reforma-pensións. Amosar todas as publicacións

28 de outubro de 2026

As prexubilacións e as xubilacións deféndense!

No banco e goberne quen goberne

Como xa sabedes levamos anos reclamando ao BBVA un Plan de Prexubilacións negociado, de igual xeito que existe noutros bancos. Seguimos defendendo que hai aproveitar os períodos transitorios abertos na reforma da Seguridade Social.

As prexubilacións sempre estiveron ligadas á posibilidade do persoal de xubilarse anticipadamente (antes aos 61, agora aos 63 transitoriamente), por iso calquera cambio afecta aos procesos de prexubilación.

A reforma de 2011, pactada polo PSOE–CEOE–CC.OO–UGT, alongou a vida laboral até os 67 e estableceu durísimos coeficientes redutores, elevando a idade de xubilación anticipada aos 63. Isto levou a que se restrinxiran tremendamente os procesos de prexubilación. Unhas saídas brandas que nós defendemos xa que permitían atenuar os procesos dos ERES. A CIG convocou unha Folga Xeral contra aquela reforma.

Neste 2026 o Goberno do PSOE e SUMAR tramita un RD que establecería un maior control sobre as saídas de persoal maior de 50 anos.

PP e Vox anuncian cambios no sistema público de pensións, a priori anuncian que non afectará aos xubilados e xubiladas actuais, deixando entrever que afectará a quen se xubile no futuro. Se miramos ao noso entorno, na UE outros Gobernos están alongando a vida laboral até os 70 anos e penalizando aínda máis as xubilacións anticipadas.

Seguimos defendendo a posta en marcha dun proceso de prexubilacións no BBVA, aproveitando as actuais condicións transitorias, con garantías ante posibles cambios. Unhas prexubilacións que permitirían un máis que necesario relevo xeracional. O tempo corre na nosa contra.


16 de decembro de 2024

Non máis abusos das Mutuas, queremos sanidade pública

Non máis abusos das Mutuas, queremosvsanidade pública!

O lesivo acordo para a pactado polo Goberno español no diálogo social con CC.OO, UGT e a patronal estatal, alén de non garantir o acceso a unha xubilación digna para toda a clase traballadora, aposta por darlle máis poder ás mutuas e que estas axencias privadas poidan xestionar as baixas por doenzas músculo-esqueléticas.

Dende o primeiro momento, a CIG manifestou a súa oposición frontal porque se afonda na privatización da sanidade pública, desviando os recursos a estas entidades, e porque as mutuas xa son, a día de hoxe, un instrumento de abuso enorme a prol dos interese da patronal.

Neste contexto, a central nacionalista o 4 de decembro nos edificios da Xunta das sete cidades e mais en Vilagarcía, para reclamarlle ao Goberno galego que non subscriba acordos de colaboración para transferirlles ás mutuas competencias que son propias do SERGAS.

14 de abril de 2023

Asemblea aberta de traballadoras/es de banca en Compostela e na Coruña. Participa!

Traballadoras e os traballadores de banca decidimos mobilizarnos, queremos que veñas con nos, que estes ao noso lado.

Como todos e todas xa coñecedes estamos nun proceso de asembleas de traballadores e traballadoras para compartir convosco que facer na tesitura actual.

Os bancos son competidores, pero poñense de acordo entre eles tanto no modelo laboral/comercial, coma na intención de aproveitar a suba dos prezos para recordarnos os salarios. Por iso os traballadores e traballadoras de banca debemos unir as nosas forzas

27 de marzo de 2023

Reforma das Pensións: da propaganda aos feitos (non amplía dereitos, amplía recortes)

Na reforma das pensións cómpre diferenciar a propaganda dos feitos; unha cousa é o que conta o Goberno e outra o que di a norma. Non amplían dereitos, si amplían recortes; velaquí podes deseguido, cunha ollada, comparar o que di o goberno e o que di a norma e unha análise polo miudo no seguinte enderezo:

 www.i.gal/analiserefpen 

13 de marzo de 2023

Asembleas abertas de traballadoras/es de banca. Participa!

A situación que vivimos os traballadores e as traballadoras dos bancos é de sobra coñecida:

Unha perda de poder adquisitivo brutal. Durante a crise obrigáronnos a apertarnos o cinto, agora que hai beneficios históricos só actualizan co IPC os salarios dos Directivos.

As salvaxes políticas comerciais, baseadas en obxectivos e unha presión crecente para conseguilos, son unha espada de Damocles sobre as nosas cabezas e nos sitúan nun permanente conflito de intereses. A MiFID parece que só é unha carga para o persoal, con formacións e asuncións de responsabilidade, pero as políticas comerciais quedan á marxe. Unhas políticas comerciais que son unha falta de respecto á nosa profesionalidade.

28 de maio de 2021

Unha Reforma contra os traballadores e traballadoras de Banca, en plena reestruturación do sector

Hoxe, un xornal (que comparte máximo accionista de referencia cos grandes bancos españois), publicou que hai un acordo para a Reforma das Pensións, por parte do Goberno, a CEOE, CC.OO e UGT, que penaliza as prexubilacións nos ERE’s da Banca.

Somos un sector inmerso nun proceso de reconversión permanente, agravado polo proceso de dixitalización forzosa e, a diferenza doutros procesos de reconversión, en vez de facilitar vías brandas de saída, optan por penalizalas, levando a unha sen razón: o persoal con máis idade continuará traballando, mentres se despide ao persoal menor de 40/50 anos.