Hoxe, un xornal (que comparte máximo accionista de referencia cos grandes bancos españois), publicou que hai un acordo para a Reforma das Pensións, por parte do Goberno, a CEOE, CC.OO e UGT, que penaliza as prexubilacións nos ERE’s da Banca.
Somos un sector inmerso nun proceso de reconversión permanente, agravado polo proceso de dixitalización forzosa e, a diferenza doutros procesos de reconversión, en vez de facilitar vías brandas de saída, optan por penalizalas, levando a unha sen razón: o persoal con máis idade continuará traballando, mentres se despide ao persoal menor de 40/50 anos.
Coas prexubilacións o banco tiña a obriga de cotizar, e pactábase o Convenio Especial sen afectar as bases e incluso con actualizacións anuais, até a idade de xubilación anticipada regulamentaria. Non había excepción, nin privilexios, os traballadores e traballadoras de banca xubilábanse a mesma idade que o resto de cotizantes. Cando penalizaron as prexubilacións, con cambios contables, certo que os bancos prexubilaban en maior medida vía ERE, pero os traballadores e traballadoras tampouco tiñan ningún privilexio: cobraban por primeira vez na súa vida un desemprego, para o que levaban anos e anos cotizando.
Como estamos vendo nos ERE’s en marcha, agora queren que haxa despedimentos puros e duros das persoas con menos de 50 anos e iso que a reforma da xubilación sería aplicada a partir de 2022.
Cos despedimentos do persoal máis novo o banco deixa de cotizar dende o mesmo día e, normalmente, cando consigue un novo emprego é con bases de cotización máis baixas. Despedir ten custe para as arcas da Seguridade Social.
O acordo para a reforma anúnciase ao tempo que se prorrogan os ERTES, con abondosas bonificacións nas cotizacións á Seguridade Social para as empresas. As pensións non están en crise, estánnolas roubando.
CC.OO e UGT deben dar a cara e explicar ante os cadros de persoal dos bancos, coma é posible que pacten penalizar as prexubilacións no sector en plena reestruturación. Tampouco nos colle por sorpresa, sabemos que tamén pactarán os despedimentos dos compañeiros e compañeiras.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario