Despois da masiva participación nas sucesivas mobilizacións dos últimos días, e ante a actitude inamovible do Banco, os sindicatos decidimos seguir dando contestación na rúa, porque contamos co voso apoio. Temos que seguir mobilizándonos, demostrándolle á empresa que non pode haber despedimentos, que neste banco todas e todos somos necesarios.
Vós sodes os e as auténticas protagonistas e é hora de que a Dirección tome nota de que este cadro de persoal non está disposto a deixar que continúen os abusos e as presións. De que non poden xogar co noso futuro, que o noso sacrificio non pode converterse unica e exclusivamente no seu beneficio. Non poden pagar ese enorme esforzo do persoal con despedimentos, modificando á baixa as nosas condicións de traballo, repartíndose os dividendos e subindo os seus salarios.
É unha agresión sen precedentes despois das súas declaracións de alta rendibilidade e beneficios. É inmoral e obsceno. E hai alternativa.
A vosa implicación é unha continua lección de dignidade e solidariedade colectiva. Manteñámonos firmes. O noso futuro e o das nosas familias depende da nosa resposta.
Por iso, imos mandar unha nova mensaxe á Dirección o vindeiro 2 de xuño, imos volver dicirlles que así non. Volveremos parar masivamente e manifestarnos para facerlles saber que non imos ceder. Máis vale que nos quiten 1 día de salario que o noso emprego, que é o que nos dignifica como traballadoras e traballadores. E que saiba o BBVA que, se segue adiante cos despedimentos, a partir do 6 de xuño, serán contestados todos e cada un deles.
Chamámosvos a secundar a FOLGA e participar na MANIFESTACIÓN que partirá o 2 de xuño, ás 11 h. da mañá, dende a Dirección Territorial do Banco na Coruña (no Cantón Pequeno 18).
NON AO ERE NO BBVA!!!
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario