ERE—BBVA · Período de consultas
A empresa, despois da reunión de hoxe, segue sen modificar dúas cuestións que son principais:
- Un 50 % dos despedimentos serán de menores de 50. Malia que con carácter xeral e nomeadamente a nivel galego, é posible e teñen menor custe social e económico as prexubilacións.
- Non hai voluntariedade, toda vez que se reserva decidir a quen despedirá e, ademais, mantén o criterio de «produtividade», que é totalmente subxectivo.
Na reunión indicou que a mobilidade xeográfica afectará as 11.244 persoas potencialmente afectadas polo Expediente; quere dicir que trasladará a quen non acepte marchar «voluntariamente». E fixo a seguinte proposta:
Logo indicou as condicións nas que quedarían os préstamos vivos do persoal a despedir.
Certamente o banco busca apurar a negociación até o último día (ampliou o número de reunións despois da folga do 26). Pero erra se pensa que o conflito rematará aí: se hai despedimentos debemos manter a presión.
O recente acordo para a reforma das pensións penaliza as prexubilacións na banca e será de aplicación a partir deste ano, en pleno proceso de reconversión bancaria, un escándalo. Se neste ERE o 50 % serán despedimentos, a reforma fará que nos vindeiros anos se incrementen os despedimentos das persoas menores de 50, os bancos queren prescindir dun persoal que pensan que co novo modelo non será necesario no futuro. Hai que aproveitar mentres a Reforma das Pensións non entre en vigor para prexubilar ao máximo. Conxurémonos contra os despedimentos, o 2 de xuño, pero tamén de aquí en diante.
Por outra parte non podemos validar un novo modelo de relación coa clientela baseado en ofertar dispoñibilidade horaria absoluta do «xestor/a en remoto». Todos e todas sabemos que a maior parte do persoal en remoto está comendo no banco e facendo xornadas de 10/11 horas diarias. Un modelo infame, insostible, que afecta á conciliación e a saúde das persoas. Loitaremos para que poidamos ver máis aos nosos fillos e fillas que aos nosos xefes.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario