ERE—BBVA · Período de consultas
A empresa, despois do éxito continuado das mobilizacións fixo a primeira proposta de redución do impacto, con recolocacións e minorando os peches previstos. Claro que se pode e claro que as mobilizacións teñen efecto!
Proposta do Banco: A nivel galego o «excedente» baixa a 82 persoas, polo que podería cubrirse coa saída dos compañeiros/as a partir de 60 anos. Esa redución viría por recolocacións a nivel galego. A Forza vendas especializadas (seguros e xestión pemes) 3 persoas, e Equipo apoio comercial (task force), 14 persoas.
Reducen por primeira vez o número de oficinas a pechar en 50 (2 en Galiza), o que reduce o número de Directores/as afectados, pero sen especificar os criterios.
Para a CIG nunca foi necesaria unha «prórroga», poderíamos seguir negociando eternamente, pero coas premisas do BBVA nunca chegaremos a un acordo. O importante é manter a presión e, nese sentido, fixemos unha proposta ao resto de forzas sindicais para convocar xa mobilizacións para a vindeira semana. O banco ten que mover ficha, aceptando as alternativas sindicais que non implican «despedir, despedir e despedir».
Por iso hoxe fixemos a seguinte proposta, mantendo a nosa alternativa de que, se hai excedente de persoal, se acorde un proceso de saídas cos seguintes criterios: