
ERE—BBVA · Período de consultas
Non entendemos como é posible facer contrapropostas cando descoñecemos información básica, como as persoas afectadas polos distintos Expedientes. Pero tampouco sabemos cantas prexubilacións e cantos despedimentos «oferta» o banco; calquera proposta sindical debería partir dese dato, non é o mesmo negociar un 10 % de prexubilacións e un 90 % de despedimentos, que á inversa.
O banco despacha os despedimentos na rede, que supoñen a maioría, con só 2 páxinas das 231 que ten o informe técnico. Pero a suposta baixada da demanda, da carga de traballo, que non facilita por oficinas e por postos, é unha das «causas» para poder despedir. Como se explica que pretenda despedir, pero ao tempo queira incrementar a xornada laboral das persoas que quedan? Hai baixada da carga de traballo ou non, en que quedamos? Por iso, que haxa sindicatos que fan propostas aceptando incrementar a xornada, habendo despedimentos, fede.
Ademais, para facer unha proposta argumentada e razoada, co obxectivo de reducir o impacto do Expediente, deberíamos coñecer o número de prexubilacións e o número de despedimentos, incluso por provincias. É doado dicir que acepta incrementar as condicións das prexubilacións, se logo pensa conceder un número moi reducido delas. E se hai máis despedimentos que prexubilacións, parece lóxico que sindicalmente busquemos incrementar o número destas últimas e encarecer os despedimentos.
Polo tanto facer propostas sen coñecer ese dato son brindes ao sol, quedar ben diante do cadro de persoal e permitir que o banco faga coma no Santander: vender publicamente que somos uns privilexiados que nos prexubilamos, mentres logo despide e non prexubila.
Somos un sindicato serio e desgraciadamente temos moita experiencia neste tipo de negociacións, polo que non entendemos a falta de rigor na negociación cando se fala dos postos de traballo. Nós non o faremos.
Sobran as razóns para rexeitar estas propostas e secundar masivamente a FOLGA do vindeiro 26 de maio e participar na manifestación da Coruña, que saíra ás 11:30 horas da Dirección Territorial do Banco (Cantón Pequeno 18). Os postos de traballo deféndense loitando!!!
PAREMOS O ERE DO BBVA
FOLGA 26 de maio
PARTICIPA E DEFÉNDETE!!!
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario