Como xa vos viñemos contando ao longo deste mes de maio, temos razóns para rexeitar de plano as medidas formuladas polo BBVA para a destrución de case 3.800 postos de traballo. Loxicamente, neste contexto de rexeite xeral, procuramos a unidade de acción sindical, baixo a premisa de que só mostrando unha fronte unida, o banco entendería que tiña que reformular as súas propostas e retirar os despedimentos.
A nosa presenza na negociación pretende contribuír a atopar alternativas aos despedimentos, xa o dixemos por activa e por pasiva: o banco pode presentar un plan de prexubilacións, suspensións de contratos con garantía de retorno… etc. Como tamén dixemos dende o primeiro momento que defenderiamos todos os postos de traballo con uñas e dentes. E non nos desdicimos.
Valorando a resposta do banco reunión tras reunión, e a vosa contestación masiva ante a ameaza da Dirección, consideramos, algunhas organizacións, que unha vez iniciado o camiño da resposta na rúa, había que dar paso a accións máis contundentes, xa que o banco en ningunha das xuntanzas se mostrou disposto a retirar os despedimentos.
Por iso, na CIG, como non podía ser doutro xeito, apoiamos todas as accións previstas até a fin da negociación, pero entendemos que xa é hora de utilizar todas as posibilidades ao noso alcance, e a FOLGA convocada para o 26 de maio de vinte e catro horas de duración, é o paso lóxico despois da vosa masiva participación nas concentracións.
Porque non esquezamos que, quen nos está a impoñer esta necesidade non somos nós, é a Dirección coa súa actitude totalmente refractaria a cambiar o paso. A nós, coma traballadoras e traballadores o que nos queda é DEFENDERNOS da súa avaricia. O capital ten o visto bo das leis actuais para acometer estas accións. Nós temos a nosa forza. Esta fin de semana vimos como a folga das traballadoras/es de H&M fixo recuar a unha multinacional. Fagamos que coa participación de todas e todos, forcemos ao BBVA a negociar de verdade. Hai alternativas aos despedimentos e temos que loitar para facelas realidade.
TODAS E TODOS Á FOLGA DO 26 MAIO
Participa na manifestación que sairá ás 11:30 h. dende a Territorial da Coruña (Cantón Pequeno 18)
Cartaces:
Pechado por Folga [.pdf · 32 kB]
Posto pechado (paro) [.pdf · 635 kB]
Oficina pechada (paro) [.pdf · 104 kB]
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario