16 de marzo de 2021

A CIG mobilízase contra as restricións de servizos á clientela e na defensa do emprego no BBVA

Concentración na oficina de Catro Camiños na Coruña. Imaxe: CIGBBVA (cc) BY-NC-SA
Concentración na oficina de Praza Pontevedra na Coruña. Imaxe: CIGBBVA (cc) BY-NC-SA
Manifestación dende a oficina do Cantón cara a oficina da Rúa Real na Coruña. Imaxe: CIGBBVA (cc) BY-NC-SA
Mobilizacións da CIG hoxe na Coruña

O BBVA ten en marcha unha política de restricións de servizos que afecta gravemente á clientela, pero tamén aos postos de traballo provocando un efecto laboral inmediato, como é o traslado dunha parte do persoal a departamentos de traballo a distancia, e un anuncio de destrución de emprego: un ERE para 3.000 persoas.

O banco cobra 2 euros de comisión a quen retira da propia conta, unha comisión inxusta que afecta fundamentalmente ás persoas maiores e en xeral ás que teñen dificultades co usos dos caixeiros. A Dirección do BBVA padece xerontofobia.

Elimina o servizo de caixa das oficinas ou restrinxe o seu horario de 8 a 11 hs. Unha medida que toma de acordo coa competencia, doutro xeito non podería facelo.
A CIG denunciou esta restrición dos horarios de atención á clientela na Audiencia Nacional, a xustiza española fallou novamente a favor da Banca, incluso alegando que esta restrición é para mellorar o servizo. Burros e apaleados.

Pecha oficinas e reduce os postos de atención á clientela. Trasladan a clientela ás oficinas que decide o banco, normalmente xa sobrecargadas e con restricións o que provoca colas. As colas son unha falta de respecto cara a clientela; estar de pé pasando frío, calor, baixo a choiva ou con xeada é inhumano. Normalmente quen sufre esta situación é a xente maior. Cando se fai para que a clientela se aburra e opte pola banca dixital é repugnante.

Sabendo que na Bolsa cando unha empresa anuncia despedimentos, sube a cotización, quizais a cuestionada Dirección do BBVA só busca, co anuncio dun ERE, reforzar a cotización para consolidar a súa feble posición.

En todo caso dende a CIG consideramos moi graves as restricións de servizos, por moito que as ampare a xustiza española, e defenderemos os postos de traballo con uñas e dentes.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 210316 [.pdf • 2 MB]



Ningún comentario: