13 de abril de 2021

O Banco anuncia o proceso de negociación do ERE mentres a CIG se mobiliza na defensa do emprego

Mobilización da CIG nas oficinas de Calvario e Urzaiz en Vigo. Imaxe: CIG BBVA (cc) BY-NC-SA
Mobilizacións da CIG hoxe en Vigo

Hoxe, 13 de abril, mentres a CIG se mobilizaba en polo mantemento dos postos de traballo en no , e contra a restrición de servizos á clientela que afecta gravemente ao emprego, a dirección do banco comunicounos o inicio dun proceso negociador para abordar un proceso de reestruturación o vindeiro 16 de abril.

Semellaba que ían seguir negando as súas intencións ata despois de celebrada a Xunta Xeral de accionistas, pero vese que non puideron manter a negación da evidencia por moito máis tempo, e tamén polas distintas noticias que van saíndo nos medios de comunicación.

Nunha entidade que presentou unha conta de resultados espectacular, con 1.320 millóns de euros de beneficios no cuarto trimestre de 2020 (segundo o banco, o mellor resultado trimestral en 2 anos), que vendeu a súa filial en EE.UU que lle supuxo unha achega de 8.500 millóns de euros ao seu capital, non hai motivos para prescindir do persoal. Persoal que foi quen realizou unha ímproba labor durante a pandemia, que segue realizando a día de hoxe. Persoal que é quen dá a cara diante da clientela, a mesma á quen o banco expulsa das oficinas, da que collen os aforros e acribillan a comisións.

A CIG, como sempre facemos, estaremos na mesa de negociación para pelexar polos postos de traballo, pois no banco non sobra ninguén. Máxime tendo en conta que a clientela segue demandando servizos presenciais e atención directa por persoas, pese aos procesos de dixitalización forzada e forzosa aos que a quere someter o banco.

Seguiremos mobilizándonos para denunciar, máis unha vez, as actuacións inmorais do banco, e na defensa do emprego.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 210413 [.pdf • 2 MB]



Ningún comentario: