30 de abril de 2021

Diante dos despedimentos masivos no BBVA: mobilización para defender os postos de traballo

CC.OO - ACB - CGT - UGT - SEC (cic) - CIG - ELA - SCAT

Todas as organizacións sindicais do BBVA acordamos responder de maneira unitaria á ameaza de Despedimento Colectivo que a Dirección do Banco ten formulado.

Mostrámoslle á Empresa o rexeite unánime ao reaxuste do cadro de persoal, comprometéndonos a defender todos os postos de traballo e a loitar para que non se produza ningún despedimento forzoso.

É INADMISIBLE que un banco como o BBVA, que obtén miles de millóns de beneficios cada ano (acaba de anunciar un beneficio de 1.210 millóns  neste primeiro trimestre) e que se gaba de estar á cabeza de rendibilidade, aumentando ademais as retribucións da alta Dirección de xeito escandaloso, pretenda que sexamos as traballadoras e os traballadores quen paguemos a súa reestruturación con despedimentos.

Para facer fronte a esta ameaza, acordamos RESPONDER con mobilizacións unitarias o vindeiro 10 de maio. Por iso, facemos un chamamento a todo o persoal para que se sume ás mesmas.

Mañá sábado 1ª de Maio, temos a oportunidade de quentar motores saíndo á rúa para reivindicar a defensa do teu posto de traballo e dos teus dereitos laborais.

A estas, seguiranlle outras concentracións e se a empresa mantense na mesma posición, aumentaremos sen dubidar a intensidade das medidas con paros, folgas e calquera outra medida que consideremos necesaria.

Temos que aproveitar todas as mobilizacións para dicir alto e claro NON ao ERE. Non imos a aceptar as medidas vergonzosas de reestruturación que nos propuxeron.

A concentración do día 10 de maio faremos en todas as Territoriais ás 18 h, para que poida acudir todo o persoal. A próxima semana comunicaremos os lugares nos que se farán.

É responsabilidade de todas e todos que fagamos retroceder á empresa nas súas pretensións. Non aos despedimentos no BBVA.




20210430 Comunicado conxunto [.pdf • 128 kB]






➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]


Cartaz que podes utilizar nas mobilizacións:

Cartaz para o 1º de maio


Ningún comentario: