Amosando publicacións coa etiqueta 1-maio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 1-maio. Amosar todas as publicacións

29 de abril de 2025

1º Maio: Traballo, dereitos, soberanía. Galiza contra as guerras

1º Maio: Traballo, dereitos, soberanía. Galiza contra as guerras

Este Primeiro de Maio as traballadoras e traballadores galegos temos que tomar as rúas nunha xornada de denuncia e de loita contra as guerras imperialistas e a militarización da sociedade; contra a UE do capital e da extrema dereita e pola defensa dos servizos públicos, os dereitos laborais e un proxecto soberano para .

27 de abril de 2022

Contra a pobreza, políticas públicas e salarios dignos

1º Maio Día Internacional da Clase Obreira

Neste ano, o primeiro de maio ten lugar no medio da crítica situación económica e social pola carestía da vida na que xa viviamos, agravada polas consecuencias da guerra na Ucraína, a CIG propón un paquete de medida urxentes para atallar o impacto que os altos prezos dos bens e servizos básicos están a ter sobre as clases populares. Estas propostas, na liña das que xa trasladamos aos Gobernos español e galego para avanzar nunha saída galega xusta da crise, requiren dunha decidida intervención pública e inciden en varios ámbitos para poder garantir unhas condicións de vida dignas.

Resulta indecente que o Goberno acorde aumentar até un 2 % do PIB en Defensa sen dar solución á carestía da vida e ás graves carencias e necesidades sociais, servizos públicos e defensa do emprego digno.

A resposta á pobreza non pode ser máis políticas neoliberais como as que contén o chamado Plan de Resposta Económica á Guerra anunciado polo Goberno español que busca, entre outros obxectivos, a contención salarial, consolidando así os baixos soldos e a pobreza laboral. Esta ofensiva complétase co chamado Pacto de Rendas e as negociacións do acordo estatal de negociación colectiva onde, de novo, o diálogo social, UGT e CC.OO volven estar ao servizo do capital, e baixo a premisa de impor a moderación salarial, imposibilitan calquera recuperación do poder adquisitivo dos salarios.

Neste contexto, resulta lamentábel que o Goberno galego estea máis preocupado pola sucesión do PP no Estado que na busca de medidas para afrontar esta gravísima situación, practicando unha política de inacción e de abandono das súas competencias.

Cómpre pois reaccionar e seguir na loita para esixir medidas urxentes como as propostas pola CIG para frear os efectos devastadores dos altos prezos e poder ter unha vida digna.

30 de abril de 2021

Diante dos despedimentos masivos no BBVA: mobilización para defender os postos de traballo

CC.OO - ACB - CGT - UGT - SEC (cic) - CIG - ELA - SCAT

Todas as organizacións sindicais do BBVA acordamos responder de maneira unitaria á ameaza de Despedimento Colectivo que a Dirección do Banco ten formulado.

Mostrámoslle á Empresa o rexeite unánime ao reaxuste do cadro de persoal, comprometéndonos a defender todos os postos de traballo e a loitar para que non se produza ningún despedimento forzoso.

É INADMISIBLE que un banco como o BBVA, que obtén miles de millóns de beneficios cada ano (acaba de anunciar un beneficio de 1.210 millóns  neste primeiro trimestre) e que se gaba de estar á cabeza de rendibilidade, aumentando ademais as retribucións da alta Dirección de xeito escandaloso, pretenda que sexamos as traballadoras e os traballadores quen paguemos a súa reestruturación con despedimentos.

Unha saída galega xusta fronte á crise

1º Maio Día Internacional da Clase Obreira


Neste chamamos a que as rúas do noso país se enchan de reivindicación por unha SAÍDA GALEGA XUSTA DA CRISE. No , e no actual momento histórico que vivimos, cómprenos facer valer políticas alternativas e garantir a autodeterminación dos pobos e das nacións, como a galega, para construir un mundo baseado na solidariedade, na cooperación, na igualdade e na paz.

A evolución da actual camiña perigosamente na dirección de favorecer os intereses do capital, da economía, a risco de que a clase traballadora e as maiorías sociais sexamos de novo quen saiamos máis empobrecidas.

29 de abril de 2019

Na Galiza emprego, salarios e pensións dignas

Camiñamos cara ao 1º de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, coa necesidade de tomar as rúas para esixir un cambio real e profundo nas políticas executadas coa escusa da crise, porque segue a medrar a precariedade e a pobreza laboral e continúa a perda de poder adquisitivo da clase traballadora galega.

As novas formas de explotación laboral introducidas coas reformas laborais están a fomentar un empobrecemento xeneralizado da clase traballadora e un incremento das discriminacións de xénero, ao que se lle suma o desmantelamento da nosa industria, os ERE, os peches e a deslocalización de empresas.

O Goberno español do PSOE demostrou que non tivo intención real de cambiar as políticas impostas polo PP, mantén basicamente o modelo económico e de relacións laborais nacido das reformas laborais aprobadas no 2010 e no 2013, e que ten significado un verdadeiro «golpe de Estado» aos dereitos laborais, sociais, da negociación colectiva, das liberdades públicas e do sistema público de pensións.


29 de abril de 2015

Contra a probreza, emprego e salarios dignos

Contra a probreza, emprego e salarios dignos

Fronte á propaganda do PP de que a crise está superada e de que todo vai ben, a realidade é que celebramos este 1º de Maio nunha situación de enorme dificultade para amplos sectores da clase traballadora galega. A situación só vai ben para aqueles que son os responsábeis desta crise económica, os banqueiros/as, os especuladores/as, os oligarcas españois amigos/as do PP.

A realidade que a Xunta de Galiza e o Goberno español, coa colaboración dos grandes medios de comunicación de masas, manipulan e ocultan todos os días, se por algo se caracteriza é por un forte retroceso en dereitos laborais e sociais e en calidade de vida, para amplos sectores da sociedade, até o extremo de levar a miles de persoas a una situación de pobreza e de exclusión social, acompañado todo isto dunha forte política represiva e de recorte das liberdades públicas.

22 de abril de 2014

Contra a explotación e a pobreza: Fagámoslle fronte a Unión Europea

Na Galiza preto de medio millón de persoas están baixo o umbral de probreza, e desta cifra, case cen mil son menores de 18 anos, segundo Cáritas. Cada mes máis de 150 familias perden a vivenda.

Políticas promovidas desde a Unión Europea, coa colaboración da Xunta de Galiza e do Goberno Español, están estrangulando a economía galega, a nosa pesca, o noso sector agrogandeiro, o sector naval, o sector do comercio ou o noso sector financeiro.
O noso pobo sofre un éxodo propio dun país empobrecido, colonizado e utilizado como man de obra barata para os países ricos e as grandes multinacionais que gobernan Europa.

1º maio

O número de desempregados/as alcanza cifras históricas, 280 mil persoas no desemprego, o 22%  da nosa poboación activa. Desde o inicio da crise, máis de 100 mil galegas e galegos, principalmente mozos e mozas menores de 35 anos, marcharon á emigración en busca de traballo.

Con eles, o desemprego real supera o 30% . Un dato que a Xunta oculta e manipula.

29 de abril de 2013

1º Maio: Participa coa CIG

1º maio
Partido Popular — Unión Europea
menos dereitos, máis pobreza

Temos que poñer punto e final a este roubo, a este saqueo contra a poboación máis débil, contra a clase traballadora


Temos que paralos

1 de maio de 2011

Máis de 17.000 cidadáns rexeitan os recortes sociais

En total foron nove as manifestacións organizadas pola CIG en toda Galiza este 1º de Maio, día para lembrar aos «mártires de Chicago»  e conmemorar na súa honra o Día Internacional da Clase Traballadora. Con estas mobilizacións, convocadas baixo o lema «Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos», o sindicalismo nacionalista e de clase galego rexeitou na rúa a política de recortes sociais que están a aplicar os distintos gobernos seguindo as directrices do capital.

Manifestación do primeiro de Maio (2011) en Ourense
Manifestación en Ourense, rúa do Paseo. Foto: (CC) SusoPb

26 de abril de 2011

Participa coa CIG nas manifestacións do 1º de maio

A central nacionalista conmemora un novo 1º de Maio, nesta ocasión baixo o lema «Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos», e anima á cidadanía galega a participar nas distintas mobilizacións que se celebrarán nas principais cidades do país, ademais de en Viveiro e Ribeira.

Os horarios (CEST) son os seguintes:

Defendamos os nosos dereitos!

30 de abril de 2009

O 1º de maio si que vai con nos


A intensidade con que se está desenvolvendo a crise está provocando a destrución acelerada de postos de traballo, tamén na nosa empresa, e está sendo utilizada como escusa para o recorte das nosas condicións laborais.

Uns recortes nas condicións laborais ante os que pretenden permanezamos calados, por “responsabilidade” ante a situación das empresas, unha situación que nós non creamos. Un problema xeral, pero que vivimos de xeito particular no BBVA.

Despois de recibir axudas públicas por 150.000 millóns de euros, ¡¡¡25 billóns das antigas pesetas!!!, Bancos e Caixas, entre eles BBVA, teñen optado por recortes no emprego e polo peche de oficinas.

Nos últimos meses máis de 100 centros de traballo do sector financeiro pecharon as portas en toda Galiza, no inicio dun proceso de reconversión subvencionado no que xa estamos asistindo a despedimentos e baixas incentivadas (despedimentos “voluntarios” pactados).

A xestión especulativa das Entidades Financeiras provocaron unha das maiores crises económicas que se recordan, pero as Direccións, en lugar de asumir responsabilidades, continúan dando pasos adiante nun modelo económico fracasado, inxusto e caduco.

Se o primeiro de maio é unha data histórica para o movemento obreiro e sindical, hoxe está máis vixente que nunca.

É por iso que che pedimos que participes nas mobilizacións convocadas pola CIG ao longo de todo o país.


Polo emprego, dereitos e prestacións sociais
Por un novo modelo económico e social




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]