A central nacionalista conmemora un novo 1º de Maio, nesta ocasión baixo o lema «Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos», e anima á cidadanía galega a participar nas distintas mobilizacións que se celebrarán nas principais cidades do país, ademais de en Viveiro e Ribeira.
Os horarios (CEST) son os seguintes:
Os horarios (CEST) son os seguintes:
- A Coruña, 12:00 h., praza de Vigo.
- Compostela, 12:30 h., praza Roxa.
- Ferrol, 12:00 h., avenida de Esteiro (locais da CIG).
- Ribeira, 12:00 h., praza do Peixe.
- Viveiro, 12:00 h., praza de Lugo.
- Lugo, 12:30 h., ronda da Muralla 58. (locais da CIG).
- Ourense, 12.00 h., Pavillón dos Remedios.
- Pontevedra, 11:30 h., praza da Ferrería.
- Vigo, 12:00 h., cruce da Doblada.
Defendamos os nosos dereitos!
Afrontamos a celebración deste 1º de maio de 2011, cuns níveis de desemprego moi preocupantes (240.000 desempregados na Galiza), como consecuencia da crise económica e das políticas de recorte do investimento público levadas a diante polo Goberno español e polo Goberno galego. A esta situación hai que engadirlle o preocupante panorama, de presente e de futuro, para a clase traballadora, derivado das políticas antisociais do goberno que se concretan nas reforma laboral e na reforma da pensións, así como no recorte do gasto social e a privatizacións de empresas e servizos públicos.
Sobran motivos, mobilízate contra as reformas do capital, por un novo modelo económico e social, por un posto de traballo, por pensións dignas, polo dereito a decidir as nosas condicións laborais e sociais; participa connosco no Día Internacional da Clase Traballadora.
Máis información en: xornal dixital Avantar
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
1 comentario:
Estaría ben engadir código QR para ler cos móbiles (ver xenerador: http://zxing.appspot.com/generator/ )
Publicar un comentario