28 de abril de 2011

Propostas da CIG - XXII Convenio Colectivo da Banca

Onte día 27 de abril, presentamos na Mesa Negociadora do Convenio Colectivo da Banca en Madrid, a Plataforma coas nosas reivindicacións para mellorar a defensa dos dereitos de todo o persoal do sector, a recoller no XXII Convenio de Banca.

Estamos a facer un traballo exhaustivo xa que o texto do Convenio precisa dun profundo repaso, tanto de estrutura como para a súa adecuación ás reformas legais producidas nos últimos anos sobre temas de tanto calado como Saúde, Igualdade e Conciliación.

A seguir amosámosvos a liñas mestras da nosa proposta, que iremos desenvolvendo ao longo da negociación e dándovos cumprida información do proceso e das nosas peticións en maior profundidade.

Asemade convidámosvos a todos e todas a que contactedes con nós para achegarnos as vosas propostas sobre o tema.

VIXENCIA
Dous anos.
SALARIOS
  • Recuperación de poder adquisitivo. Xa que a banca segue a obter beneficios e levamos anos perdendo poder adquisitivo cando os beneficios eran moito maiores, propoñemos fórmulas para a recuperación do mesmo, con subas anuais do IPC + 3 puntos durante a súa vixencia e ademais unha paga extra.
  • Salarios variables pactados. Para loitar coa competencia que estas retribucións fan coas do convenio, propoñemos establecer fórmulas para que sexan recoñecidas como salario pensionable a todos os efectos.
  • Premio de permanencia no banco. Pedimos unha gratificación económica e días hábiles de libranza ao acadar determinada antigüidade.
PARTICIPACIÓN EN BENEFICIOS
Suprimir o tope máximo dos 15 cuartos de paga que fixa o vixente Convenio.
XORNADA E TEMPO DE LIBRANZA
MOBILIDADE XEOGRÁFICA
Eliminación en Galiza dos desprazamentos ata os 25 km.
  • Equipos de substitucións e persoal que realiza o seu labor en máis de un centro de traballo físico: É preciso acadar compensacións en tempo de lecer, económicas, de transporte e comida, así como a contratación de seguros para as persoas (accidente e vida), e para os vehículos propiedade dos traballadores ou traballadoras que se estean usando para ditos desprazamentos de traballo.
EMPREGO
  • Contratación. Indefinida, cun período de proba de 3 meses.
  • Utilización de ETTs. O persoal que durante os últimos anos fora contratado por medio desta modalidade, formará parte dunha bolsa para a súa incorporación ao cadro de persoal das empresas.
  • Integración de traballadores e traballadoras con discapacidade. Integración inmediata do 5 % de persoas con estas características.
IGUALDADE DE OPORTUNIDADES, CONCILIACIÓN E PROTECCIÓN Á MATERNIDADE
  • Actualización do articulado do Convenio ás disposicións legais vixentes na materia e inclusión de melloras en cadanseu propio capítulo.
  • Compromiso de redacción e posta en vigor de Plan de Igualdade en cada empresa no prazo máximo de ano e medio.
CLASIFICACIÓN E CARREIRA PROFESIONAIS
  • Persoal administrativo. Unificación no nivel IX.
  • Persoal técnico. Definir o nivel mínimo para ocupar cada posto, fixando como categoría mínima para director/a de oficina ou equivalente dentro da estrutura da empresa o nivel V.
  • Ascensos.
    • Por antigüidade. Aos 20 anos de servizo efectivo acadarase o nivel VIII.
    • Por capacitación. Acceso por capacitación tamén ao nivel VII.
  • Formación. Sempre dentro da xornada laboral.
PREVENCIÓN E SAÚDE LABORAL
  • Creación dun capítulo específico sobre «Prevención, Seguridade e Saúde no Traballo» para tratar entre outros temas: PVD, CESS, vixilancia da saúde, revisións médicas, avaliación de riscos ou formación e información na prevención.
  • Melloras en diversos temas, como postos PVD ou a prevención do atraco considerado como risco laboral.
PREVISIÓN SOCIAL
  • Substituír as referencias aos 65 anos de idade por «ou a idade en que por Lei poda acceder á xubilación sen penalización».
  • Exteriorización dos fondos de pensións nas empresas nas que non o estean xa.
  • Creación de un complemento de xubilación para os traballadores e traballadoras posteriores ao 8 de marzo de 1980.
COMISIÓNS INTERNAS A NIVEL DE EMPRESA
Creación dunha Comisión pola Normalización Lingüística. Preferencia para cobertura de vacantes en Galiza, para traballadores/as con coñecemento do galego falado e escrito. Realización de cursos de idioma galego dentro do Plan de Formación Profesional. Dentro dos cursos de Formación, un 50 %  serán impartidos en galego.

A vindeira reunión será o día 11 de maio. Seguiremos informándovos de todas as incidencias durante esta negociación.



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Convenio Galego Xa!
Comunicado 110428 [.pdf • 56 Kb]

Ningún comentario: