Amosando publicacións coa etiqueta Galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Galego. Amosar todas as publicacións

25 de outubro de 2024

BBVA, intelixencia artificial e idiomas cooficiais

SEC, CIG, ELA, I-CSC

Neste momento no que o mundo laboral se transforma a pasos axigantados, os sindicatos que subscribimos este comunicado sabemos da intención do BBVA de seguir introducindo a intelixencia artificial en todos os seus procesos, tamén nos referentes á selección de persoal.

Non podemos obviar a realidade á que nos enfrontamos desde que se desmantelou o anterior organigrama e modelo de TyC: nas últimas contratacións, as linguas cooficiais, euskera, galego e catalán, quedaron relegadas a un segundo plano. Esta omisión non é só un erro administrativo, senón unha falta de respecto cara á nosa identidade e ás nosas comunidades. En Euskal Herria, Galiza e Catalunya, isto tivo consecuencias tanxibles: o coñecemento dos nosos idiomas converteuse nun requisito invisible.

A desconexión coa sociedade na que vivimos e operamos é palpable. En localidades onde as nosas linguas son o zume que nutre a comunicación cotián, afástanos da realidade. Pero esta perda de conexión vai máis alá do cultural; tamén repercute no noso negocio. Mentres BBVA se afasta, competidores como , , , , ou cóidano ao detalle e están coméndonos cota de mercado. Realmente queremos seguir o camiño que o xa recorreu e perder a nosa relevancia nos nosos territorios?

6 de maio de 2019

Dez pasos para o avance do galego

Actualmente o noso idioma corre o risco de ficar excluído como lingua habitual entre a poboación máis nova e no ámbito urbano. Esta é a demostración de que as políticas aplicadas no período autonómico actuaron de forma contraria á normalización da lingua. Como exemplo recente cabe sinalar a imposición do Decreto de Plurilingüismo, que limitou a xa escasa presenza do galego no ensino, un campo de acción imprescindíbel para conseguirmos a familiarización e/ou a fidelización da infancia e mocidade co galego. Fronte a estas políticas lingüicidas, úrxenos tomar a iniciativa e contribuírmos a que o noso idioma teña futuro, facermos posíbel o desfrute do privilexio de termos unha lingua milenaria e capaz de servir de canle de expresión para as necesidades da sociedade actual. Todas as persoas que —tanto as que falan como as que aínda non deron o paso; as que se expresan a diario en galego e as que fan uso ocasional da lingua— podemos levar adiante algunhas ou todas as iniciativas que nomeamos a continuación. Poñámonos xa a camiñar con pasos firmes para acadar a meta, que o galego viva «mil primaveras máis».



15 de maio de 2015

Queremos atención en galego, 
queremos traballo aquí

As grandes empresas subministradoras de servizos e bens, continúan coa carreira incansable por deslocalizar os postos de traballo a terceiros países. En moitos casos obrigan á clientela a falar español, negándolle a atención en galego; así poden atender dende fóra (América Latina, Marrocos… etc.).

Nós queremos que as persoas sigan traballando aquí, por iso temos en marcha unha campaña para demandar que se recoñeza por Lei o dereito da clientela a ser atendida en galego, e para concienciar á sociedade da importancia de reconquistar para o galego o espazo de relación entre empresas e clientela.

Queremos atención en galego, queremos traballo aquí!
Falando galego creamos emprego!

13 de marzo de 2015

4 de febreiro de 2015

Maniféstate pola lingua

A CIG fai un chamamento a participar na manifestación convocada pola plataforma , da que formamos parte, que baixo o lema «Polas fillas dos nosos fillos» partirá o día 8 de febreiro, ás 12 h, da , diante da dramática situación na que se atopa a nosa lingua coa perda acelerada de galegofalantes. Unha situación que se viu confirmada cos datos máis recentes do do IGE, no que se constata, entre outras cuestións, que o 75%  de menores de 15 anos non fala nunca en galego.

30 de decembro de 2014

Gústame contratar en Galego

Gústame o Galego
Logo da campaña «Gústame o Galego»
Unha iniciativa da CTNL
Tardou máis do razoable. Certo. Mais xa está aquí a posibilidade de que os clientes de BBVA poidan solicitar a elección do idioma galego nas súas relacións, contratos e comunicacións coa entidade. Atrás queda a reivindicación de CIG BBVA, sumada á participación activa da xente do sindicato no traballo previo da preparación e probas, para que isto sexa posible.
É un paso adiante, moi importante, que debe completarse na comunicación corporativa.

17 de marzo de 2014

15 de marzo de 2013

14 de maio de 2011

Galego, a nosa razón de ser

Paremos os ataques contra o galego!

A Plataforma Cidadá Queremos Galego chama a toda a sociedade galega a seguirse mobilizando en defensa da nosa lingua e da nosa cultura propias este vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galega, desta volta mediante a metodoloxía da «mobilización expansiva»: concentracións simultáneas no maior número posíbel de localidades galegas, e tamén no exterior.

28 de abril de 2011

Propostas da CIG - XXII Convenio Colectivo da Banca

Onte día 27 de abril, presentamos na Mesa Negociadora do Convenio Colectivo da Banca en Madrid, a Plataforma coas nosas reivindicacións para mellorar a defensa dos dereitos de todo o persoal do sector, a recoller no XXII Convenio de Banca.

Estamos a facer un traballo exhaustivo xa que o texto do Convenio precisa dun profundo repaso, tanto de estrutura como para a súa adecuación ás reformas legais producidas nos últimos anos sobre temas de tanto calado como Saúde, Igualdade e Conciliación.

A seguir amosámosvos a liñas mestras da nosa proposta, que iremos desenvolvendo ao longo da negociación e dándovos cumprida información do proceso e das nosas peticións en maior profundidade.

25 de abril de 2011

O galego é a chave coa que abrimos o mundo

A plataforma cidadá Queremos Galego prepara un Acto Nacional pola Lingua baixo o título «O galego é a chave coa que abrimos o mundo» en defensa da lingua e da cultura galegas. Artistas musicais e personalidades representantivas da nosa cultura daranse cita o 30 de abril na Sala Capitol, en Compostela para pór de manifesto que «a nosa lingua está viva e ten futuro».

Queremos Galego convoca a toda a sociedade galega para un acto que ten a pretensión de se converter «nunha auténtica festa da nosa cultura», unindo dúas perspectivas, a lúdica e a reivindicativa, como xa acontecera o ano pasado co gran macrofestival musical contra o decretazo celebrado en abril do ano pasado en Pontevedra.


16 de marzo de 2009

Intervención da CIG na xunta xeral de accionistas do BBVA 2009

O pasado 13 de marzo tivo lugar en Bilbao a Xunta Xeral de Accionistas do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria. Como en ocasións anteriores, a nosa delegada, , nomeada portavoz da Sección Sindical, fixo unha intervención para trasladar ao Consello de Administración e ao accionariado do banco as preocupacións e reivindicacións dos traballadores e traballadoras do banco.

Denunciamos na Xunta a reconversión do banco, a exteriorización de servizos a outros países e a destrución de emprego no Estado español.

Como sabedes, a empresa leva dende 2007 desenvolvendo os proxectos Velázquez e Clima, cos que destrúen emprego, 2.000 postos de traballo menos no 2008 en todo o Estado español e coa previsión da redución de outros tantos para 2009 e, ao tempo, subcontratan servizos en empresas do grupo con peores condicións como OP Plus, tanto en Málaga como noutros países como Perú e Arxentina e sempre a costa da calidade do servizo.

Dende a CIG denunciamos este plan dende o principio, levamos a cabo unha campaña de oposición con contactos coa Consellería de Traballo, denuncias na Inspección, comunicacións aos medios e mobilizacións en 2008. Hoxe a gravidade da súa aplicación aumenta pola situación de crise que estamos a vivir, polo que estudaremos novas medidas a tomar.

A este problema, que centrou as nosas reivindicacións para esta edición da Xunta, engadimos a aprobación do abono das remuneracións extraordinarias para a cúpula directiva polos anos 2006-2008, e dun novo plan de incentivos para 2009-2010. O BBVA segue tendo cartos dabondo para uns poucos mentres sobra persoal en tempo de crise...

Outros problemas, xa históricos, seguen sen solución: falla de información, desigualdade, escaseza de persoal, presión comercial, prolongación ilegal da xornada, etc.

Tamén fixemos referencia á situación do idioma galego no banco, que segue recibindo un trato discriminatorio con respecto a outros idiomas cooficiais.

Con esta exposición na Xunta, esta Sección Sindical quixo informar ao conxunto de accionistas, a quen lexitimamente pertence o BBVA, dos problemas reais que están a xerar as políticas desenvolvidas polo actual Consello de Administración e que estamos a sufrir día a día nas oficinas, co ánimo de atopar solucións axeitadas.
Deseguido reproducimos o texto íntegro da intervención:

18 de marzo de 2008

Intervención da CIG na xunta xeral de accionistas do BBVA 2008

Intervención da sección sindical da CIG BBVA, a compañeira Teresa Richard na pasada xunta xeral de accionistas 2008Intervención da nosa compañeira

Como en anos pasados, grazas a agrupación de accións dos traballadores e traballadoras, asistimos á do BBVA para facer oír a nosa voz. Fixemos unha intervención que deseguido podes ler, pero tamén tivemos a oportunidade de escoitar a representantes doutros grupos, non só sindicais, que lle reclaman ao grupo BBVA entre outros asuntos, o financiamento de proxectos relacionados coa venda de armas ou, por exemplo, coa construción dun gaseoducto na Amazonia peruana que está a danar o medio ambiente.


Queremos aproveitar a ocasión para axuntarvos os enderezos das páxinas nas que vos podedes informar destes asuntos: