Tardou máis do razoable. Certo. Mais xa está aquí a posibilidade de que os clientes de BBVA poidan solicitar a elección do idioma galego nas súas relacións, contratos e comunicacións coa entidade. Atrás queda a reivindicación de CIG BBVA, sumada á participación activa da xente do sindicato no traballo previo da preparación e probas, para que isto sexa posible.
É un paso adiante, moi importante, que debe completarse na comunicación corporativa.
O proceso de adaptación dos recursos para facer efectiva a opción da escolla idiomática en galego ao dispor da clientela, aínda que xa está en funcionamento operativo, manterá un período inicial de provisionalidade, probablemente até finais do mes de xaneiro. Servirá para realizar os axustes e correccións que puideran ser necesarios á vista do redactado lingüístico dos documentos. Rematada esta fase, enviarase comunicación á base de clientes para ofertarlles a elección do idioma.
No pasado congreso da Federación CIG Banca, celebrado no pasado mes de Febreiro, o sindicato acordou reclamar o uso efectivo do dereito da clientela a ser atendida en galego polas empresas que actúan no País, así como en todos os ámbitos das entidades financeiras, respectando o establecido por lei [.pdf · 80 kB] en materia de Normalización Lingüística. O paso adiante do BBVA nesta dirección é merecedor de recoñecemento, mais debe continuar na liña de asegurar a utilización do idioma a todos os niveis.
A Utilidade do uso do Galego para a empresa
Diferentes enquisas sobre hábitos de compra ou estudos de aceptación, polos consumidores, da publicidade en lingua galega teñen probado a eficacia positiva que representa a comunicación no idioma propio. É, ademais, un atributo favorable á identidade corporativa da entidade e reforza a percepción efectiva da Responsabilidade Social (RSC) da empresa coa comunidade de implantación. É por iso que BBVA incorpora a oferta de opción idiomática en galego, antes só posible nas outras linguas do Estado. Porén, debe complementarse coa adaptación total dos outros canles de comunicación, formación persoal e uso habitual.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario