Amosando publicacións coa etiqueta lingua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lingua. Amosar todas as publicacións

6 de maio de 2019

Dez pasos para o avance do galego

Actualmente o noso idioma corre o risco de ficar excluído como lingua habitual entre a poboación máis nova e no ámbito urbano. Esta é a demostración de que as políticas aplicadas no período autonómico actuaron de forma contraria á normalización da lingua. Como exemplo recente cabe sinalar a imposición do Decreto de Plurilingüismo, que limitou a xa escasa presenza do galego no ensino, un campo de acción imprescindíbel para conseguirmos a familiarización e/ou a fidelización da infancia e mocidade co galego. Fronte a estas políticas lingüicidas, úrxenos tomar a iniciativa e contribuírmos a que o noso idioma teña futuro, facermos posíbel o desfrute do privilexio de termos unha lingua milenaria e capaz de servir de canle de expresión para as necesidades da sociedade actual. Todas as persoas que —tanto as que falan como as que aínda non deron o paso; as que se expresan a diario en galego e as que fan uso ocasional da lingua— podemos levar adiante algunhas ou todas as iniciativas que nomeamos a continuación. Poñámonos xa a camiñar con pasos firmes para acadar a meta, que o galego viva «mil primaveras máis».



4 de febreiro de 2015

Maniféstate pola lingua

A CIG fai un chamamento a participar na manifestación convocada pola plataforma , da que formamos parte, que baixo o lema «Polas fillas dos nosos fillos» partirá o día 8 de febreiro, ás 12 h, da , diante da dramática situación na que se atopa a nosa lingua coa perda acelerada de galegofalantes. Unha situación que se viu confirmada cos datos máis recentes do do IGE, no que se constata, entre outras cuestións, que o 75%  de menores de 15 anos non fala nunca en galego.

30 de decembro de 2014

Gústame contratar en Galego

Gústame o Galego
Logo da campaña «Gústame o Galego»
Unha iniciativa da CTNL
Tardou máis do razoable. Certo. Mais xa está aquí a posibilidade de que os clientes de BBVA poidan solicitar a elección do idioma galego nas súas relacións, contratos e comunicacións coa entidade. Atrás queda a reivindicación de CIG BBVA, sumada á participación activa da xente do sindicato no traballo previo da preparación e probas, para que isto sexa posible.
É un paso adiante, moi importante, que debe completarse na comunicación corporativa.

25 de abril de 2011

O galego é a chave coa que abrimos o mundo

A plataforma cidadá Queremos Galego prepara un Acto Nacional pola Lingua baixo o título «O galego é a chave coa que abrimos o mundo» en defensa da lingua e da cultura galegas. Artistas musicais e personalidades representantivas da nosa cultura daranse cita o 30 de abril na Sala Capitol, en Compostela para pór de manifesto que «a nosa lingua está viva e ten futuro».

Queremos Galego convoca a toda a sociedade galega para un acto que ten a pretensión de se converter «nunha auténtica festa da nosa cultura», unindo dúas perspectivas, a lúdica e a reivindicativa, como xa acontecera o ano pasado co gran macrofestival musical contra o decretazo celebrado en abril do ano pasado en Pontevedra.