A plataforma cidadá Queremos Galego prepara un Acto Nacional pola Lingua baixo o título «O galego é a chave coa que abrimos o mundo» en defensa da lingua e da cultura galegas. Artistas musicais e personalidades representantivas da nosa cultura daranse cita o 30 de abril na Sala Capitol, en Compostela para pór de manifesto que «a nosa lingua está viva e ten futuro».
A partir das 19:30 horas (CEST) comezarán as actuacións musicais de Ugia Pedreira, Roi Casal, Miro Casabella e Roberto Sobrado, que se irán alternando coas palabras do actor Ernesto Chao, presidente de Escena Galega; a profesora e sociolingüísta Pilar García Negro; a escritora Teresa Moure; o escritor e académico Manuel Rivas; o poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG); e, finalmente, Carlos Callón, presidente de A Mesa e portavoz nacional de Queremos Galego.
O acto será conducido polo humorista e artista gráfico Xosé Lois González «O Carrabouxo», creador do «himno oficioso» da plataforma: o Mamá, eu quero galego, que millares de persoas corearon nas multitudinarias mobilizacións do último ano.
A plataforma porá nos próximos días á venda nos puntos habituais nas diferentes comarcas do país as entradas para o acto, que se venderán a 5 € (tamén podes reservalas). O diñeiro recadado destinarase a seguir financiando as actividades de Queremos Galego.
Queremos Galego convoca a toda a sociedade galega para un acto que ten a pretensión de se converter «nunha auténtica festa da nosa cultura», unindo dúas perspectivas, a lúdica e a reivindicativa, como xa acontecera o ano pasado co gran macrofestival musical contra o decretazo celebrado en abril do ano pasado en Pontevedra.
A partir das 19:30 horas (CEST) comezarán as actuacións musicais de Ugia Pedreira, Roi Casal, Miro Casabella e Roberto Sobrado, que se irán alternando coas palabras do actor Ernesto Chao, presidente de Escena Galega; a profesora e sociolingüísta Pilar García Negro; a escritora Teresa Moure; o escritor e académico Manuel Rivas; o poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG); e, finalmente, Carlos Callón, presidente de A Mesa e portavoz nacional de Queremos Galego.
O acto será conducido polo humorista e artista gráfico Xosé Lois González «O Carrabouxo», creador do «himno oficioso» da plataforma: o Mamá, eu quero galego, que millares de persoas corearon nas multitudinarias mobilizacións do último ano.
A plataforma porá nos próximos días á venda nos puntos habituais nas diferentes comarcas do país as entradas para o acto, que se venderán a 5 € (tamén podes reservalas). O diñeiro recadado destinarase a seguir financiando as actividades de Queremos Galego.

➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario