A Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galicia (ForGA) oferta máis de 300 cursos e obradoiros.
Ainda que o obxectivo prioritario é a formación de desempregados e desempregadas, con necesidades especiais de reinserción no mercado de traballo, poden participar tamén nas accións formativas os traballadores/as tanto da administración pública como da empresa privada. Deste xeito contribuise a mellora das condicións laborais, axudando a instaurala formación profesional ao longo da vida, contribuindo tamén con isto á reciclaxe das traballadoras e dos traballadores e á adaptación aos cambios tecnolóxicos.
Velaquí tedes unha pequena escolma dos cursos que poideran ser do voso interés, a maioíra son presenciais e algunhos por medio de teleformación; todos son de balde e non tes que estar necesariamente afiliado ao sindicato da CIG.
Precisas darte de alta como usuario/a na plataforma da Fundación, para elo ten a man o teu número de afiliación á seguridade social e o CIF da empresa para a que traballas (o do BBVA é: A-48265169).
Curso | N° | Matriculación | Dur. | Mod. | Proceso |
---|---|---|---|---|---|
Alfabetización dixital Linux | 011 | 21/10 : 30/04/11 | 53 h. | Pres. | Preinsc. |
Configuración de redes | 070 | 21/10 : 30/04/11 | 45 h. | Pres. | Preinsc. |
D. GG. fam. c/fillos(as) c/disc. | 091 | 21/10 : 30/04/11 | 21 h. | Pres. | Preinsc. |
Habilidades sociais | 155 | 21/10 : 30/04/11 | 25 h. | Pres. | Preinsc. |
Inglés atención ao público | 169 | 21/10 : 30/04/11 | 45 h. | Pres. | Preinsc. |
Iniciación linguaxe de signos | 174 | 21/10 : 30/04/11 | 25 h. | Pres. | Preinsc. |
Portugués | 277 | 21/10 : 30/04/11 | 45 h. | Pres. | Preinsc. |
Sinatura electrónica | 323 | 01/08 : 30/04/12 | 21 h. | Pres. | Preinsc. |
Técnicas de fotografía | 340 | 21/10 : 30/04/11 | 55 h. | Pres. | Preinsc. |
Arquivo e documentación | 001 | 05/04 : 09/05/11 | 20 h. | Tele. | Preinsc. |
Violencia de xénero | 003 | 05/04 : 30/05/11 | 20 h. | Tele. | Preinsc. |
Tedes máis información sobre os requisitos, preinscripción, localización dos centros e catálogo completo para todos os sectores da oferta formativa no sitio da fundación.
A natureza da presente oferta de cursos ten caracter meramente informativo e orientativo e non vincula a ForGA a impartir as accións publicadas, deica se confirme, pola Fundación, a organización definitiva dos cursos, así como a matrícula e selección do participante e o lugar de impartimento.
Ligazón relacionada:
Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e Formación en Galiza (ForGA)
https://forga.gal
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario