Amosando publicacións coa etiqueta tabla-datos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tabla-datos. Amosar todas as publicacións

3 de xullo de 2019

Traballarías 2 meses ao ano sen cobrar? 
Contribuirías a destruír 12.049 postos de traballo?

A verdadeira dimensión do exceso de xornada

Os Bancos propoñen unha aplicación para , independente do resto de aplicacións:

Unha aplicación que nin tan sequera é unha folla de «Excel», xa que ti ficharías, pero terías que introducir cantas desas horas traballaches e cantas «estiveches na oficina vagueando».

  • Coa aplicación poderías rexistrar menos horas das reais (é o que buscan e o que te dirán verbalmente), aínda que o banco teña datos da xornada real.
  • Se o banco te convoca a unha reunión ou a un curso fóra da xornada, poderías non rexistrar o tempo de asistencia, e o banco tampouco o fará.
  • Non se utilizarían os datos que ten o banco a través dos accesos ao sistema operativo coa clave de usuario, de acceso ás Plataformas de Formación on–line, das tarxetas de entrada nos tornos de SS.CC, etc.
  • Se saes tarde, ou fas horas extras, non poderías poñer a hora real de saída se non o visa un superior.

12 de xuño de 2019

Canto che debe o BBVA?

Escoitaches falar da xente que asina nóminas e cobra menos? A ti pásache algo semellante. A maior parte do persoal de Banca está sufrindo ese tipo de prácticas cando realiza horas extraordinarias que non son pagadas, nin compensadas con libranza.

Como BBVA non as paga, moita xente non sabe o que lle corresponde e xa se sabe «ollos que non ven…»


Custe estatístico horas extras e importe a cobrar MENSUAL
segundo horas extras realizadas á semana (en euros)

Salario Anual Custe hora extra 2 h. semanais 3 h. semanais 5 h. semanais
25.000 €  14,70 118 176 294
30.000 €  17,64 141 212 353
35.000 €  20,60 165 247 412
40.000 €  23,53 188 282 471
50.000 €  29,40 235 353 588

cadro

Até o anterior convenio as horas extras tiñan un recargo do 75 %; bota contas do que significou este recorte. Como a CIG xa tiña en marcha a campaña polo Rexistro de Xornada, por se acaso, os bancos se blindaron.

Ademais, as nosas horas extras non pagadas permiten ao BBVA continuar coa reducición persoal, poñendo en perigo os postos de traballo, tamén o teu. Para evitalo as horas extras están limitadas por Lei a un máximo de 80 horas anuais, un límite que o banco se salta pola falta de rexistro.

15 de xaneiro de 2016

Sabes canto che furta a empresa?   Nós si, por iso a demandamos na Audiencia Nacional

Escoitaches falar da xente que asina nóminas de 1.000 euros e cobra 500? A ti pásache algo semellante. A maior parte do persoal do BBVA está sufrindo ese tipo de prácticas cando realiza horas extraordinarias que non son pagadas, nin compensadas con libranza.

Hai xente que pensa que está por riba do Convenio Colectivo grazas aos complementos «voluntarios», pero realiza horas extras sen control e máis alá do límite legal. Compensa o que pagan? Estás por riba do convenio? É doado de calcular.

Custe estatístico horas extras e importe a cobrar MENSUAL
segundo horas extras realizadas á semana (en euros)

Salario Anual Custe hora extra 2 h. semanais 3 h. semanais 5 h. semanais
20.000 €  20,59 164,72 247,08 411,80
25.000 €  25,73 205,84 308,76 514,60
30.000 €  30,88 247,04 370,56 617,60
35.000 €  36,03 288,24 432,36 720,60

20 de xaneiro de 2015

Unha voz sindical próxima: Carmen

Carmen / A Coruña
A prolongación abusiva da xornada de traballo impide conciliar a vida laboral coa persoal e familiar

Carmen / A Coruña

BBVA, facilita a conciliación de vida laboral e persoal?

Non, en absoluto. A práctica abusiva de forzar a prolongación da xornada impide a conciliación real da vida laboral coa persoal e familiar. É, con seguridade, un dos problema máis importante que soportamos as mulleres e homes que traballamos para esta entidade. Queixa reiterada nas enquisas sobre clima laboral.
As empresas son as persoas que traballan nela. Precisamos de medidas humanizadoras do ámbito laboral. Profesionais satisfeitos de traballar no banco que serán persoas motivadas e comprometidas coa entidade. E iso remata por traducirse en máis rendemento na conta de resultados, na calidade e na procura da excelencia como meta.
O obxectivo de acadar que BBVA sexa un «Banco 10» debe comezar pola satisfacción do seu persoal.

Cal é resultado do Plan de Igualdade?

Nulo. Non pasa de documento feito para quedar ben. Pura pose e imaxe de falsa integración. Para nós, a CIG, arbitrariamente excluídos na súa elaboración, é o «plan de dá igual». Remata agora a súa vixencia. Agardamos que o próximo sexa froito dun proceso que escoite a todas as voces.

15 de xaneiro de 2015

Unha voz sindical próxima: Xosé Miguel

Xosé Miguel / Lugo
Somos un sindicato insubornable, duro e incansable na defensa do interese colectivo

Miguel / Lugo

Que representan para CIG BBVA as Eleccións Sindicais?

Son un instrumento de participación, non un fin en si mesmo, que deben permitir reforzar a forza sindical que traballa para rematar coa prolongación irregular de xornada non retribuída; busca un sistema salarial xusto, equilibrado e transparente que fuxa das manipuladas fórmulas variables; con políticas laborais pensadas e orientadas a favor das persoas que compoñen o cadro de persoal do banco, baixo o irrenunciable obxectivo da verdadeira conciliación da vida laboral coa persoal e familiar.
Aspectos que deben integrarse nun convenio escrito que regule e dote de protección xurídica aos acordos fronte á arbitrariedade da empresa. Somos un sindicato próximo, insubornable, duro e incansable na defensa do interese colectivo.

Cal é a situación laboral no banco?

Banco e sector viven un proceso laboral e social excepcional, que se ceba sobre as condicións de traballo baixo pretexto dunha crise que na práctica serve para desenvolver un proceso de regulación encuberto, coa pasividade dos sindicatos institucionais que miran para outro lado, permitindo facer.

23 de xullo de 2013

Banca privada e crise 2007‐2012:
1.419 empregos destruídos (20’73% do total)

O 18 de xullo o Banco Santander, CC.OO, UGT e sindicatos de empresa, asinaban un Expediente de Despedimentos Colectivos tramitado conforme á reforma laboral. Continúa a durísima reestruturación do sistema financeiro en Galiza, tamén na banca privada (os bancos asociados á AEB).

A sangría de postos de traballo derivada dos procesos de fusións e privatización das antigas Caixas de Aforros, acapara titulares nos medios de comunicación. Pero a banca privada tamén está reconverténdose, malia que non teña a mesma presenza nos medios.

19 de xaneiro de 2012

Perdemos aproximadamente ½ paga

AEB decidiu, a petición de CC.OO, suspender a negociación do Convenio Colectivo da Banca Privada. Moito nos tememos que queira quitar vantaxe da reforma laboral e da reforma da negociación colectiva que anunciou o PP, e que ata este momento, contaron coa complicidade de CC.OO - UGT - CEOE, que as negocian en privado.

15 de abril de 2011

Oferta formativa da ForGA

Formación da CIG


A Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galicia (ForGA) oferta máis de 300 cursos e obradoiros.

Ainda que o obxectivo prioritario é a formación de desempregados e desempregadas, con necesidades especiais de reinserción no mercado de traballo, poden participar tamén nas accións formativas os traballadores/as tanto da administración pública como da empresa privada. Deste xeito contribuise a mellora das condicións laborais, axudando a instaurala formación profesional ao longo da vida, contribuindo tamén con isto á reciclaxe das traballadoras e dos traballadores e á adaptación aos cambios tecnolóxicos.

Velaquí tedes unha pequena escolma dos cursos que poideran ser do voso interés, a maioíra son presenciais e algunhos por medio de teleformación; todos son de balde e non tes que estar necesariamente afiliado ao sindicato da CIG.

4 de abril de 2011

Disque contan que…

Andamos con tantas cousas a voltas e tan pouca ou nada de información de primeira man, que ninguén sabe moi ben a que aterse. Imos dar un repasiño a algunhas delas.

10 de febreiro de 2011

UGT e CC.OO venderon as nosas pensións

Toxo e Méndez de Comisións Obreiras e Unión Xeral dos Traballodores

Estes dirixentes teñen poder para facer isto porque os traballadores e traballadoras llo outorgamos. Sendo representantes sindicais e afiliados destes sindicatos estades avalando a súa política e perdendo os vosos dereitos. Non colaboredes con eles.