O 18 de xullo o Banco Santander, CC.OO, UGT e sindicatos de empresa, asinaban un Expediente de Despedimentos Colectivos tramitado conforme á reforma laboral. Continúa a durísima reestruturación do sistema financeiro en Galiza, tamén na banca privada (os bancos asociados á AEB).
A sangría de postos de traballo derivada dos procesos de fusións e privatización das antigas Caixas de Aforros, acapara titulares nos medios de comunicación. Pero a banca privada tamén está reconverténdose, malia que non teña a mesma presenza nos medios.
Na banca privada houbo un peche masivo de centros de traballo; o número actual de oficinas bancarias en Lugo e Ourense, retrotráese ao da década dos 70; na Coruña e Pontevedra, á década dos 80. Ao final de 2012 as oficinas bancarias en Ourense eran 127, cifra acadada no ano 1976; en Lugo había 147 oficinas, unha cifra semellante a do ano 1977; na Coruña había 454 oficinas retrocedendo ao número de oficinas do ano 1981; o mesmo que en Pontevedra con 334.
O peche masivo de centros de traballo levou á destrución de 1.419 postos de traballo dende finais de 2007, unha caída do 20'73%. A banca privada gaña cota de mercado, pero restrinxe servizos e destrúe emprego.
Non estamos ante un achegamento ao modelo europeo (menos oficinas pero dotadas con maior número de persoas), senón ante un proceso de reconversión. Continúa a imparable destrución de emprego que comezou nos oitenta, cando a banca privada chegou a empregar a 9.936 persoas en Galiza. Ao tempo, a extensión ilegal da xornada laboral (recoñecida por un 80% do persoal) e a sobrecarga de traballo son un exemplo do empeoramento das condicións laborais.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
Folla

Provincia | 2007 | 2012 | Evolución |
---|---|---|---|
A Coruña | 3.502 | 2.764 | - 738 |
Lugo | 642 | 513 | - 129 |
Ourense | 649 | 509 | - 140 |
Pontevedra | 2.051 | 1.639 | - 412 |
Galiza | 6.844 | 5.425 | - 1.419 |
Non estamos ante un achegamento ao modelo europeo (menos oficinas pero dotadas con maior número de persoas), senón ante un proceso de reconversión. Continúa a imparable destrución de emprego que comezou nos oitenta, cando a banca privada chegou a empregar a 9.936 persoas en Galiza. Ao tempo, a extensión ilegal da xornada laboral (recoñecida por un 80% do persoal) e a sobrecarga de traballo son un exemplo do empeoramento das condicións laborais.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario