Amosando publicacións coa etiqueta peche-oficina. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta peche-oficina. Amosar todas as publicacións

18 de novembro de 2025

Non ao peche de oficinas no BBVA

Como xa anunciamos no noso anterior comunicado, o martes 18 continuamos coas mobilizacións nas oficinas que o banco está pechando debido á implantación do modelo de negocio que se basea na dixitalización forzosa da clientela.

Neste caso, concentrámonos diante das oficinas afectadas de Ourense, a que pecha en Xoán XXIII e a receptora da Rúa do Paseo. Non nos cansaremos de denunciar as consecuencias do modelo do BBVA en relación co servizo e atención aos colectivos vulnerábeis: peches de oficinas, amortización de postos de traballo, incremento da carga de traballo, dificultades de conciliación para as persoas traballadoras e deterioro na atención á clientela.

O banco segue coa súa política de redución de custes a costa dunha peor atención e peores condicións de traballo do seu persoal, nun ano de beneficios históricos que pretenden seguir incrementando as retribucións obscenas da súa cúpula directiva.

12 de novembro de 2025

Non ao peche de oficinas no BBVA!

O modelo de negocio que o BBVA está implantando a marchas forzadas, apoiándose na dixitalización forzosa da clientela e nunha atención remota (centros CSE), vai en contra do que publicamente defende en relación co servizo e atención aos colectivos vulnerábeis. Este modelo ten como consecuencias: peches de oficinas, amortización de postos de traballo, incremento da carga de traballo, dificultades de conciliación para as persoas traballadoras e deterioro na atención á clientela. Desde a sección sindical da CIG, entendemos que é hora de denunciar publicamente estas actuacións do banco e por iso comezamos o pasado martes 11 de novembro (en ), unha campaña de mobilizacións que terá continuación nas vindeiras semanas.

Mobilización en Compostela contra o peche de oficinas no BBVA
Compostela 11/11/25: Santiago del Estero–Senra

Pechan oficinas.
 
Deixan a clientela sen servizo.
 
Reducen persoal.
 
Espremen ao que queda.
 
Aumentan os beneficios do banco.
 
Suben os salarios do Consello de Administración.

16 de maio de 2025

OPA hostil BBVA-Banco SABADELL

Hoxe remata o prazo establecido polo Goberno español da consulta pública sobre a OPA.

Xuntanza BNG—CIG no Congreso dos Deputados
De esquerda a dereita: Sefi Romero, Néstor Rego, Miguel Lis e Xosé M. Fernández

A federación de Banca da CIG, mantivo onte, 15 de maio, unha xuntanza co deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, na que participaron os secretarios das seccións sindicais da CIG nas dúas entidades, ademais da secretaria da federación, para trasladarlle a nosa firme posición contraria a esta operación e os nosos argumentos para rexeitala. O deputado comprometeuse a presentar unha iniciativa no Congreso para abordar o impacto desta operación, despois da reunión coa CIG.

3 de maio de 2024

Non á mal chamada fusión BBVA - Sabadell

Na banca non hai fusións. Cada vez que se concentra o negocio procédese ao peche de oficinas, SS.CC e destrución de empregos; destrución que, finalmente, incluso supera a todos os postos de traballo da entidade de menor tamaño. Hoxe, a «negociación» entre BBVA e Sabadell céntrase nos grandes accionistas, na «guerra de galos» para decidir que persoal directivo continuará, e en calcular o número de traballadoras e traballadores que sobran.

Que farán coa fusión?

  • Pechar oficinas e restrinxir aínda máis os servizos financeiros á clientela e ao conxunto da sociedade.
  • Destruír milleiros de postos de traballo.
  • A Entidade resultante pagará menos impostos, xerando cretos fiscais ao seu favor eludindo o futuro pago de impostos sobre os beneficios.
  • A Entidade resultante reducirá a súa contribución á Seguridade Social, cargando ademais sobre a caixa das pensións a reestruturación.
  • Os traballadores e as traballadoras que queden, verán incrementadas as súas carteiras de clientela e a presión comercial. Máis sobrecarga de traballo para uns cadros de persoal extenuados.
  • Reducir a competencia, con graves consecuencias dende o punto de vista do creto (a particulares e empresas) e da retribución do Aforro. Hoxe o sistema financeiro galego xa ten un grado de concentración moi grave, e a nivel estatal os 3 grandes Grupos Bancarios (Santander, Caixabank e BBVA) controlarían case o 70 % do mercado financeiro.

A quen beneficia esta fusión?

Só beneficia aos fondos de investimento especulativos estranxeiros (a maior parte de EE.UU), que son os maiores accionistas da banca española en xeral e do BBVA e Sabadell en particular.

En todo caso denunciamos, unha vez máis, o nefasto modelo de sistema financeiro impulsado dende Bruxelas e Madrid, que só beneficia a fondos especulativos de EE.UU e aos directivos (homes) das entidades.

14 de abril de 2023

O Banco preséntanos un Plan Piloto de peches parciais de oficinas

O tempo deunos a razón. Só a CIG se opuxo ao peche de oficinas, sobre todo no rural. Agora a caída do Silicon Valley Bank ou do Credit Suisse demostrou que a liquidez, é dicir, o pasivo, é fundamental. Era previsible que a liquidez do BCE rematase, algo que a Dirección do Banco non valorou guiada polo curto pracismo. Pero o BBVA tropeza dúas veces coa mesma pedra e xa nos anunciou un Plan Piloto de peches parciais de oficinas.

Por outra banda, como xa temos denunciado, falta persoal, as oficinas están asfixiadas, con sobrecarga de traballo, e seguir reducindo persoal empeora a situación. Este novo Plan do BBVA ratifica que é necesario mobilizarse para virar unhas políticas desnortadas e antilaborais.

17 de novembro de 2021

Non aos peches de oficinas!

Polo mantemento dos postos de traballo no BBVA  Non ao ERE no BBVA

Concentracións diante das oficinas (de enrriba cara abaixo) na rúa Progreso e Boas Aires en Ourense, Vila de Cruces (Pontevedra) e Arzúa (A Coruña) o día 12 (en Ourense) e 17 de novembro de 2021

Volvemos saír á rúa para seguir denunciando publicamente o peche indiscriminado de oficinas que está a facer o BBVA. Concentrámonos o día 12 en , diante das oficinas do Progreso e de Bos Aires, e hoxe 17, en e .

O banco segue executando o ERE que, non imos deixar de dicilo, é totalmente INXUSTIFICADO. O que está acontecendo nas oficinas dános a razón. As tremendas consecuencias que a redución brutal de persoal, os peches de oficinas e os traslados, están causando entre a clientela e o conxunto dos e das traballadoras é algo que nós xa advertimos dende o inicio da negociación. Dixemos que non sobraba persoal, e esa afirmación era, e é, totalmente acertada.

18 de outubro de 2021

Continuamos mobilizándonos contra os peches

Polo mantemento dos postos de traballo no BBVA  Non ao ERE no BBVA

Concentración na oficina de Laracha (A Coruña) o 13 de outubro de 2021 e en García Camba (Pontevedra) o día 15

O 13 de outubro na e o 15 en , seguimos denunciando os peches de oficinas que está a facer o banco, xogando esa carta branca que lle deron as organizacións asinantes dun ERE inxusto e inxustificado.

As consecuencias son coñecidas por todo o cadro de persoal: mobilidade xeográfica, despedimentos e traslados con cambios de funcións sen a preceptiva formación. O banco fai o seu particular agosto, coa vista posta no incremento de beneficios.

A situación en xeral nas oficinas que quedan abertas é moito peor que a existente antes do ERE (que xa era mala), con menos dotación. O clima laboral é esquizofrénico, obxectivos comerciais inalcanzables, e presión desmesurada. O persoal desbordado, aguantando con medicación ata que lle prescriben unha baixa.

24 de setembro de 2021

Concentracións da CIG en Lugo contra os PECHES de oficinas

Polo mantemento dos postos de traballo no BBVA  Non ao ERE no BBVA

Concentración nas oficinas de San Cibrao e Ferreira do Valadouro (Lugo) o 22 de setembro de 2021

O 22 de setembro mobilizámonos de novo contra os peches de oficinas do BBVA, desta volta en e en .

Nesta ocasión acompañáronnos veciños e veciñas prexudicadas pola decisión do Banco de pechar estas oficinas e deixar sen servizo á clientela, traspasándoa, no caso da oficina de San Cibrao á oficina de Burela, e a da oficina de Ferreira do Valadouro á oficina de Mondoñedo, cos prexuízos e dificultades que isto supón para a clientela, especialmente no caso das persoas maiores.

Xa anunciamos, cando se pechou a negociación do ERE inxustificado, que as súas consecuencias non acababan co peche desa negociación, senón que ao longo deste ano comprobaríamos como o banco segue coa destrución de postos de traballo e as presións sobre o persoal que continúa no banco.

7 de xullo de 2021

Concentracións en Vigo contra os PECHES de oficinas

Polo mantemento dos postos de traballo no BBVA  Non ao ERE no BBVA

Concentración na oficina do BBVA da rúa Urzáiz 99, Vigo
Concentración na oficina do BBVA da rúa Florida 4, Vigo
Manifestación dende a oficina do BBVA na rúa Florida cara a oficina da rúa Coruña en Vigo
Concentración na oficina do BBVA da rúa Coruña, Vigo

A CIG mobilizouse en , o 7 de xullo, contra os peches de 3 oficinas: Urzáiz 99, Florida 4 e a da rúa Coruña.

Peches que, como todos e todas sabedes, son a xustificación para despedir. A Dirección pretende prescindir da rede de oficinas, da atención presencial, para trasladar a carteira de particulares á atención en remoto, e iso ten un gravísimo impacto sobre o emprego. Moito nos tememos que este ERE non será o último.

Mentres nós seguimos combatendo o ERE, hai quen fai publicidade nos medios do número de persoas que solicitaron acollerse, como unha demostración da bonanza dos despedimentos, cando o ERE non foi aprobado en referendo polo persoal afectado que, por se fose pouco, participou activamente nas mobilizacións e nas folgas.

Concentración na Consellería de Economía contra as subvencións á banca

O pasado 29 de xuño a CIG concentrouse na Consellería de Economía para protestar polas subvencións a bancos para instalar caixeiros automáticos (en locais públicos) e contratar axentes. Os primeiros 3 millóns de euros serán para localidades onde pecharon as oficinas das antigas caixas galegas, cando a entidade estivo baixo control público e polo tanto en mans do propio PP.

As localidades nas que a banca recibirá subvencións da Xunta de Galicia non deparan sorpresas: nalgunha había incluso 2 oficinas das antigas caixas, que foron pechadas estando a entidade nacionalizada e polo tanto en mans dos Gobernos do PP. Agora Feijóo «O fusionador» subvencionará a instalación de caixeiros automáticos e a contratación de axentes financeiros en localidades que eles mesmos deixaron sen servizos bancarios. Pero esta primeira liña de subvencións, en plena reconversión do sector, non será a única e para a CIG terá un efecto chamada.

24 de febreiro de 2021

A filtración era previsible… É a estratexia do banco

Francisco González e Carlos Torres

A CIG é consciente de que a filtración á prensa do suposto impacto do ERE, forma parte da estratexia por parte do BBVA.

Queren amedrentar ao cadro de persoal, para que se vaia facendo a idea e busque unha saída individual, que por outros procesos sabemos que non existe.

23 de marzo de 2020

Covid-19: xuntanza mesa informativa de RR.LL

Compañeiras/os,

Achegamos resumo da xuntanza informativa da mesa de RR.LL mantida hoxe por Webex, onde tamén se trataron asuntos de Saúde Laboral.

  1. Oficinas abertas
  2. Seguridade
  3. Cobro pensións
  4. Limpeza
  5. Relación oficinas e empregados
  6. Temas operativos

Infórmannos que esta situación alongarase 3 semanas como mínimo. Queren facer un recoñecemento especial a todas as persoas do cadro de persoal, nomeadamente ás da rede de oficinas que están traballando presencialmente asumindo riscos. Trasladan ánimos e todo o recoñecemento.

Novidades:

2 de novembro de 2018

Denunciamos ante Inspección o Pool de baixo desempeño

Ante a continuidade na opacidade e o perverso emprego desta «ferramenta estratéxica» de xestión de RR.HH, temos presentado á Dirección da empresa varias solicitudes para que se dea por rematado o devandito «Plan de Mellora». Dado que non tivemos contestación, interpuxemos denuncias ante a Inspección de Traballo das distintas provincias.

A Representación Legal dos Traballadores e Traballadoras nunca foi informada, e a constatación da inclusión no «Pool» de persoal con doenzas graves, persoas que cumpren os obxectivos, mulleres con redución de xornada, persoal que concatena a súa inclusión por varios anos (ate catro seguidos) orixinándolles baixas psicolóxicas…, levounos a solicitar o amparo á Autoridade Laboral.

Demandamos tamén a eliminación dos «Semáforos», por ser un elemento de elevado estrés para o cadro de persoal. Requirimos que o BBVA inclúa nas avaliacións de riscos laborais a medición dos ritmos de traballo/carga de traballo en todos os postos, sen que se poida incrementar a carga de traballo en tanto non se realice esta avaliación, así como a realización de medicións de tempos coa participación sindical, para garantir que a carga de traballo de cada posto poda ser realizada dentro da xornada laboral e dos horarios pactados.

23 de xullo de 2013

Banca privada e crise 2007‐2012:
1.419 empregos destruídos (20’73% do total)

O 18 de xullo o Banco Santander, CC.OO, UGT e sindicatos de empresa, asinaban un Expediente de Despedimentos Colectivos tramitado conforme á reforma laboral. Continúa a durísima reestruturación do sistema financeiro en Galiza, tamén na banca privada (os bancos asociados á AEB).

A sangría de postos de traballo derivada dos procesos de fusións e privatización das antigas Caixas de Aforros, acapara titulares nos medios de comunicación. Pero a banca privada tamén está reconverténdose, malia que non teña a mesma presenza nos medios.

11 de xullo de 2011

Cincoenta homes por 10 reás: despiden alegando perdas de 33 euros

Imaxe da concentración desenvolta o 21 de setembro 2010, na oficina principal de A Coruña, contra a deslocalización no Banco Gallego  Concentración na OP do «Banco Gallego» en A Coruña
  Foto: (cc) Xornal Avantar

O noso no libro «Cincoenta homes por dez reás», fixo unha alegoría sobre o baratos que resultan moitos homes. Hoxe, os ilustres directivos do «Banco Gallego» que decidiron despedir por 33 euros, ben merecerían entrar naquela escolma. [.pdf • 15'2 Mb]

17 de setembro de 2008

Mal CLIMA: Prognóstico de fin de verán

Mal CLIMA: Prognóstico de fin de verán
Como era de esperar, a xente que quedou traballando en agosto está derreada e a que volta de vacacións desganada, ao ver que a maquinaria do CLIMA e o PEIT non se detén...

Pero iso si, na liña de transparencia habitual, a información oficial é inexistente, e os prognósticos e rumores non deixan de aparecer:

18 de agosto de 2008

Obxectivo: Sobrevivir en agosto

Os xefazos poden marchar tranquilos de vacacións porque publicados os resultados do primeiro semestre, BBVA segue a gañar cartos. De feito 2.928 millóns de euros, o que supón un incremento de 11,6 %, sobre o mesmo período do ano anterior... Qué farán cando pinten bastos!

Entrementres, o tradicionalmente “tranquilo” mes de agosto pódese converter para toda aquela persoa que quede na oficina no pesadelo dun mes de verán.

14 de xullo de 2008

Solucionando problemas

Cuartos de paga SEN MINGUA

Como xa vos comentaramos no comunicado de outubro de 2007 «Cuartos de paga minguados», tiñamos reclamado ante a empresa o cálculo que fixeran do cuarto de paga que comezaran a pagar o ano pasado para o persoal procedente de . Como é habitual, nin por escrito nin de palabra, quixeron admitir que non levaban razón.
Nembargante, a recoñeceu que se debe computar toda a antigüidade do colectivo afectado, e non só a contada dende a fusión.

O sindicato vasco LAB, presentou varias demandas individuais de execución da dita sentencia e na CIG tamén as tiñamos preparadas para presentar. No Acto de Conciliación que marca a Lei, non houbo avinza por parte da empresa, quen insistía en ter ben feito o cálculo.

17 de xuño de 2008

Clima de verano

A implantación do CLIMA segue creando malestar entre o persoal xa que, a case dous meses vista dende a implantación en , os problemas seguen sen se resolver, cando non aparece algún novo… e por se fora pouco, a información oficial brilla pola súa ausencia e a rumoroloxía aumenta.

O Departamento de RR.HH ten agora moita presa para que quen sufriu cambio de funcións envíe asinada unha carta que recolle as modificacións de contrato (cando menos as que ao BBVA lle interesa que queden por escrito).

2 de xuño de 2008

Conversas sobre o Clima

O pasado 27 de maio tivo lugar en unha reunión entre representantes da nosa Sección Sindical e responsables de Relacións Laborais de BBVA.

Alí puidemos expoñer a postura de rexeitamento que amosamos contra o PEIT por:
EXTERNALIZAR servizos de banca a empresas non bancarias e incluso fóra do Estado.
PRECARIZAR o emprego ao usar condicións laborais peores que as do Convenio de Banca.
Neste senso as posturas son totalmente opostas entre a empresa e a nosa Sección Sindical.