7 de xullo de 2021

Concentración na Consellería de Economía contra as subvencións á banca

O pasado 29 de xuño a CIG concentrouse na Consellería de Economía para protestar polas subvencións a bancos para instalar caixeiros automáticos (en locais públicos) e contratar axentes. Os primeiros 3 millóns de euros serán para localidades onde pecharon as oficinas das antigas caixas galegas, cando a entidade estivo baixo control público e polo tanto en mans do propio PP.

As localidades nas que a banca recibirá subvencións da Xunta de Galicia non deparan sorpresas: nalgunha había incluso 2 oficinas das antigas caixas, que foron pechadas estando a entidade nacionalizada e polo tanto en mans dos Gobernos do PP. Agora Feijóo «O fusionador» subvencionará a instalación de caixeiros automáticos e a contratación de axentes financeiros en localidades que eles mesmos deixaron sen servizos bancarios. Pero esta primeira liña de subvencións, en plena reconversión do sector, non será a única e para a CIG terá un efecto chamada.

A clientela demanda atención presencial. Entre as persoas de maior idade, as persoas con discapacidades, ou persoas non nativas dixitais, hai colectivos con dificultades para o uso da banca dixital, pero tamén dos caixeiros. Un novo rescate bancario con diñeiro público non é a solución.

A CIG denunciou na Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) o posible pacto entre bancos para restrinxir os servizos ao público, a Xunta subvenciona. Feijóo debería velar polo cumprimento da obriga a dar servizos básicos, non subvencionar peches e despedimentos.

Concentración da CIG diante da Consellería de Economía e Facenda en San Caetano, Compostela Imaxe: CIG (cc) BY-NC-SA



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 210707 [.pdf • 1 MB]



Ningún comentario: