A CIG mobilizouse en Vigo, o 7 de xullo, contra os peches de 3 oficinas: Urzáiz 99, Florida 4 e a da rúa Coruña.
Peches que, como todos e todas sabedes, son a xustificación para despedir. A Dirección pretende prescindir da rede de oficinas, da atención presencial, para trasladar a carteira de particulares á atención en remoto, e iso ten un gravísimo impacto sobre o emprego. Moito nos tememos que este ERE non será o último.
Mentres nós seguimos combatendo o ERE, hai quen fai publicidade nos medios do número de persoas que solicitaron acollerse, como unha demostración da bonanza dos despedimentos, cando o ERE non foi aprobado en referendo polo persoal afectado que, por se fose pouco, participou activamente nas mobilizacións e nas folgas.
Que solicitaron a saída 4.730 persoas? Pois vale!
Se queren medilo así, as solicitudes están moi lonxe das 11.244 persoas afectadas que teñen a espada de Damocles sobre a súa cabeza. E aínda que se apuntasen todas, os despedimentos nunca son algo do que alegrarse e publicitar.
Nós seguimos na batalla contra os peches e contra os despedimentos.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario