3 de maio de 2024

Non á mal chamada fusión BBVA - Sabadell

Na banca non hai fusións. Cada vez que se concentra o negocio procédese ao peche de oficinas, SS.CC e destrución de empregos; destrución que, finalmente, incluso supera a todos os postos de traballo da entidade de menor tamaño. Hoxe, a «negociación» entre BBVA e Sabadell céntrase nos grandes accionistas, na «guerra de galos» para decidir que persoal directivo continuará, e en calcular o número de traballadoras e traballadores que sobran.

Que farán coa fusión?

  • Pechar oficinas e restrinxir aínda máis os servizos financeiros á clientela e ao conxunto da sociedade.
  • Destruír milleiros de postos de traballo.
  • A Entidade resultante pagará menos impostos, xerando cretos fiscais ao seu favor eludindo o futuro pago de impostos sobre os beneficios.
  • A Entidade resultante reducirá a súa contribución á Seguridade Social, cargando ademais sobre a caixa das pensións a reestruturación.
  • Os traballadores e as traballadoras que queden, verán incrementadas as súas carteiras de clientela e a presión comercial. Máis sobrecarga de traballo para uns cadros de persoal extenuados.
  • Reducir a competencia, con graves consecuencias dende o punto de vista do creto (a particulares e empresas) e da retribución do Aforro. Hoxe o sistema financeiro galego xa ten un grado de concentración moi grave, e a nivel estatal os 3 grandes Grupos Bancarios (Santander, Caixabank e BBVA) controlarían case o 70 % do mercado financeiro.

A quen beneficia esta fusión?

Só beneficia aos fondos de investimento especulativos estranxeiros (a maior parte de EE.UU), que son os maiores accionistas da banca española en xeral e do BBVA e Sabadell en particular.

En todo caso denunciamos, unha vez máis, o nefasto modelo de sistema financeiro impulsado dende Bruxelas e Madrid, que só beneficia a fondos especulativos de EE.UU e aos directivos (homes) das entidades.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 240503 [.pdf • 133 kB]



Ningún comentario: